Saltar ao contido

Antonio Jiménez Millán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Jiménez Millán
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1954 Editar o valor en Wikidata
Granada, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xaneiro de 2025 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Málaga, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Granada Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Málaga Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1001798

Antonio Jiménez Millán, nado en Granada o 11 de setembro de 1954 e finado en Málaga o 24 de xaneiro de 2025,[1] foi un filólogo, crítico e poeta español en lingua castelá e investigador da poesía galega e catalá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos, formación e docencia

[editar | editar a fonte]

O seu pai foi un militar franquista, con quen Antonio tivo diversas desavinzas. Chegou a cambiar o apelido paterno de Giménez, polo de Jiménez. Tras licenciarse en Filoloxía Románica na Universidade de Granada (1971-1976), trasladouse a Málaga en outubro de 1976, onde foi contratado como profesor axudante do Departamento de Filoloxía Románica da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Málaga, e onde foi profesor titular (1984) e catedrático (2009).[1]

Carreira literaria

[editar | editar a fonte]

A súa carreira literaria comezou cando tiña dezanove anos e morreu o seu pai. A súa obra está influenciada por autores moi diversos: clásicos latinos e gregos, autores contemporáneos como: Antonio Machado, Luis Cernuda, Jaime Gil de Biedma, Carlos Barral, Pier Paolo Pasolini ou Cesare Pavese.[2]

A súa poesía, de ámbito urbano, aparece apegada ao poema en prosa seguindo a tradición da poesía de vangarda, que estudara previamente.[3]

Edición crítica de poesía galega

[editar | editar a fonte]

Jiménez Millán explorou tamén a poesía doutras literaturas peninsulares. En 1996, colaborou co filólogo e crítico galego Luciano Rodríguez Gómez na dirección da edición de "Poesía gallega contemporánea", publicada no número monográfico sobre Galiza da revista Litoral,[4] titulado Galicia: a rosa dos ventos. O volume incluía un artigo do propio A. J. Millán titulado «Finisterre, viejo mundo», alén de poemas de Luis Pimentel, Fermín Bouza-Brey, Manuel Antonio, Ramón Cabanillas, Lorca e Rosalía entre outros autores, e artigos de críticos, escritores e filólogos galegos.[4]

Pasamento

[editar | editar a fonte]

Antonio faleceu o 24 de xaneiro de 2025 en Málaga, aos setenta anos, como consecuencia dun cancro.[2]

Tamén realizou edicións críticas da obra literaria de Pablo Picasso (Poemas y declaraciones, 1990), da novela de Louis Aragon, Aniceto o el panorama (1989) e do libro de Luís Cernuda Donde habite el olvidonde habite el olvido (2003). En La mirada infiel. Antología 1975-1985 (1987) atópase unha selección dos seus primeiros libros de poemas.

  • Último recurso
  • Poemas del desempleo
  • Restos de niebla (1983)
  • Inventario del desorden (2003)
  • Dominio de la herrumbre
  • Clandestinidad (2011)
  • Premio Internacional de Poesía Federico García Lorca (1976)
  • Premio Generación del 27
  • Premio Internacional de Poesía Rey Juan Carlos (1987), por Ventanas sobre el bosque.
  • Premio Ciudad de Melilla (2003), por Inventario del desorden.
  • Premio Hermanos Machado (2022), outorgado polo Concello de Sevilla por Noche en París.
  1. 1,0 1,1 Redacción. "Muere Antonio Jiménez Millán, uno de los grandes poetas contemporáneos". Granada. Consultado o 2025-01-26. 
  2. 2,0 2,1 R., B. (2025-01-26). "Fallece el poeta granadino Antonio Jiménez Millán". Granada Hoy (Granada). Consultado o 2025-01-26. 
  3. 3,0 3,1 Luque, Alejandro (2025-01-24). "Adiós a Antonio Jiménez Millán, poeta del compromiso y “hombre tranquilo” de las letras andaluzas". El Diario.es (Madrid). Consultado o 2025-01-26. 
  4. 4,0 4,1 Rodríguez, Luciano; Jiménez Millán, Antonio, eds. (1996). Litoral (Revista de la Poesía y el Pensamiento): Poesía gallega contemporánea" (Nº 209-210) (en castelán). Málaga: Ediciones Litoral. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]