Antonio Seijas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1976 (48/49 anos) Ares, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Ilustración e banda deseñada |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | ilustrador, artista de banda deseñada |
Antonio Seijas Cruz, nado en Ares, o 19 de xullo de 1976, é un historiador da arte, ilustrador, deseñador, fotógrafo, pintor, poeta e autor de banda deseñada galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1994-1998), iniciou o seu traballo coa caricatura, publicada en revistas galegas como Golfiño[1] e Murguía.[2]
O seu primeiro traballo de ilustración publicouse en 2006 co título Un Hombre Feliz, [3] con prefacio de Miguelanxo Prado . En outubro de 2012 adaptou o libro Cartas de inverno do autor Agustín Fernández Paz.[4] La Luz é o seu terceiro traballo, estreado en marzo de 2014, e gañador do mellor traballo de banda deseñada de España.[5] Foi o ilustrador da obra Miña querida Sherezade escrita por Andrea Maceiras, gañadora do Premio Moira en 2014 [6] e do libro Castañeiro de Abril, de Antonio Fraga.[7] O Soño da Serpe é a súa primeira novela, con acontecementos centrados na súa terra natal. O libro é apto para público xuvenil e adulto.[8]No ámbito musical, realizou o traballo artístico do disco Happiness Is the Road da banda Marillion . Colaborou no álbum Demon, da banda norueguesa Gazpacho, e ilustrou álbums das bandas Discanto, Harvest, The Wishing Tree, Nine Stones Close, John Jowitt´s arK, 50hz e The Dave.
En 2020 gañou o premio á mellor novela gráfica, coa obra A Chaira[9], unha obra especialmente ambiciosa na que dialogan abertamente tres das grandes vocacións de Seijas: a literatura, o debuxo e o deseño do propio libro como obra artística.
Ilustracións
[editar | editar a fonte]Os seus cómics formaron parte de varias exposicións en festivais. Creou logotipos para as marcas de música da David Lynch Foundation Music. O seu traballo aparece en diferentes iniciativas solidarias, como 4 Canciones de hambre y esperanza e Canción para un niño en la calle, campaña na que colaborou e conta con artistas como Steve Hogarth, Loquillo, Rebeldes, Lesli, Pep Sala ou Jorge Lorenzo.[10]
A serie de televisión La que se avecina[11] conta con catro obras do ilustrador. Durante os episodios móstranse como parte da escenografía.
Obras[12]
[editar | editar a fonte]Colaboracións e ilustracións
[editar | editar a fonte]- Revista Golfiño, número 67, 2003
- Revista Na Vangarda, números 1 e 2, 2004
- Fanzine das Xornadas, número 13, 2006
- Colección Crepúsculo, números 14 e 47, 2007
- Libro homenaxe a Joan Manuel Serrat, 2008
- Sorrisos e boa Colleita, número 1, 2008
- Amar unha serea, 2010, Galaxia. Ilustrador.
- Todo ben - Manuel Rivas, 2010[13], Xerais. Ilustrador.
- A casiña do chocolate, 2011
- Words and music: Excursion in the art of rock fandom - Michael Bowdery, 2011[14]
- Cartas de inverno, 2012
- The Balloon Race, 2012
- O corazón de Xúpiter - Ledicia Costas, 2012[15]
- Trampa de Luz - Agustín Agra, 2012[16]
- Mere Mystery - Stace hartung, 2012[17]
- O castañeiro de abril, 2013
- Nubes de evolución - Andrea Maceiras, 2013[18]
- Mediomedo, 2013
- La Oruga en el Bosque Creciente, 2014
- La oruga en el bosque creciente, 2014
- Miña querida Sherezade, 2015
- Amar unha serea, 2016
- Miguel tiene un museo, 2017
- Onde vai Carlos?, 2017
- Doces cartas a María Victoria Moreno, 2018
- María Victoria, Terra adiante - 2018
- O soño da serpe, 2019
- A auga, o dragón e o salgueiro chorón - 2019
- O gato verde de La Casa de la Troya - 2019
- La voz de los muertos - 2019
- A Chaira - La Llanura - 2019
- A boneca de cristal, 2021[19]
- Poderoso -Sérgio Klein[20]
Libros
[editar | editar a fonte]- Un Hombre feliz (2007). Ediciones de Ponent. Prólogo de Miguelanxo Prado. ISBN 9788496730144 (2016).
- Un home feliz (2007). Lea Ed. ISBN 978-84-95444-81-3.
- La Luz (2014). Ediciones de Ponent. Prólogo de Álvaro Pons. ISBN 9788415944102.
- O soño da serpe (2019). Galaxia. ISBN 978-84-9151-305-6. Novela.[21]
Poesía
[editar | editar a fonte]- Teorías do fin (2022). Aira Editorial. ISBN 978-84-124512-6-9. 72 páxs. Poesía.[22]
- Os oito mitos de Palermo (2024). Aira Editorial. 64 páxs. ISBN 978-84-128581-4-3.
Traballo como ilustrador - Álbums musicais [23]
[editar | editar a fonte]- Firebird (Gazpacho), 2005
- Night (Gazpacho), 2007
- Happiness Is The Road (Marillion), 2008
- Ostara (The Wishing Tree), 2009
- Tick Tock (Gazpacho), 2009
- 4 Canciones de hambre y esperanza, 2009
- Canción para un niño en la calle, 2009
- Happiness Is Cologne (Marillion), 2009
- Underground Community (Harvest), 2009
- Gravity (The Dave), 2010
- Live in Montreal Saturday (Marillion), 2010
- Wild Untamed Imaginings (Ark), 2010
- Missa Atropos (Gazpacho), 2011
- Live in Montreal Sunday (Marillion), 2011
- Neverland (Banda tributo a Marillion), 2011
- March of Ghosts (Gazpacho), 2012
- Music That Changes The World (Vários), 2012
- Sounds That Can't Be Made (Marillion), 2012
- One Eye On The Sunrise (Nine Stones Close), 2012
- Chasing Time (Harvest), 2012
- Between Air And Wing (Steve Merlin), 2012
- Demon (Gazpacho), 2014
- Northern Wind (Harvest), 2014
- Beyond The Seventh Wave (Silhouette), 2014
- Molok (Gazpacho), 2015
- Leaves (Nine Stones Close), 2016
- Traces 10th Anniversary Edition (Nine Stones Close), 2016
- Complicated (Nine Stones Close), 2016
- The World is Flat (Silhouette), 2017
- Absorption Lines (Jet Black Sea), 2017
- Soyuz (Gazpacho), 2018
- Fireworker (Gazpacho), 2020
- Tokyo Rain (The Wimshurst's Machine + Corrado Rossi)
- Nine Stone Close (One Eye On The Sunrise)
- London (Banda Gazpacho)
Premios
[editar | editar a fonte]- 2º posto no concurso da revista cultural Desafío, 1994
- Premiado no VII Certame de Debuxantes da VII Bienal de Caricatura de Ourense, 2004
- Finalista no concurso de banda deseñada da Xunta de Galicia, 2004
- 2º posto no concurso de banda deseñada de O Alfaiate, na páxina web Empuje.net, 2005
- 1º posto no concurso de banda deseñada Ciudad de Dos Hermanas, 2005
- 3º posto no concurso de banda deseñada Mari Puri Express de Torrejón de Ardoz, 2005
- 2º posto no X Certame de Arteixo, 2005
- Gañador do II Premio Castelao da Deputación da Coruña con "Un home feliz", 2006[24]
- Un hombre Feliz - Premio ao Mellor Guión, Salón do Cómic de Barcelona, 2008[25]
- Cartas de inverno - Premio Isaac Días Pardo ao Mellor Libro Ilustrado de Galicia, 2012[26]
- La Luz - Nomeado mellor traballo nacional de 2014 en Expocomic[27]
- A Chaira - Nomeada mellor novela gráfica de 2020 na Gala do Libro Galego[28]
- XXXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense 2021 por Teoría do fin.[29]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia. "Banda deseñada". Consultado o 19 de decembro de 2017.
- ↑ "Galicia Encantada - Enciclopedia de Fantasia Popular de Galicia". Consultado o 19 de decembro de 2017.
- ↑ AGPI - Asociación Gelega de Profesionais da Ilustración. "Un Hombre Feliz de Antonio Seijas". Arquivado dende o orixinal o 2017-12-27. Consultado o 26 de dezembro de 2017.
- ↑ Diego Giráldez. "Cartas de inverno e un lapis dixital". Consultado o 23 de decembro de 2017.
- ↑ María Fidalgo Casares. "El aresano Antonio Seijas en recta final hacia la mejor Obra de Comic España 2014". Consultado o 23 de decembro de 2017.
- ↑ Baía Edicións. "Andrea Maceiras gaña o 6.º Premio Meiga Moira 2014 de Literatura Infantil-Xuvenil". Consultado o 22 de dezembro de 2017.
- ↑ Telexornal Mediodía FDS. ""O castañeiro de abril" é o Premio Merlín 2013". Consultado o 23 de decembro de 2017.
- ↑ MUNDIARIO (4 de marzo de 2019). ""O Soño da Serpe", el gran debut literario del artista Antonio Seijas". MUNDIARIO (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2023.
- ↑ La Voz de Galicia. "Nos meus libros vou contando unha historia da que aínda descoñezo o final". Consultado o 18 de maio de 2020.
- ↑ AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. "Antonio Seijas". Arquivado dende o orixinal o 2017-03-31. Consultado o 23 de decembro de 2017.
- ↑ Espacio Cultural SDI. "Exposición Antonio Seijas". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2017. Consultado o 26 de decembro de 2017.
- ↑ Tebeosfera Cultura Gráfica. "Antonio Seijas Cruz". Consultado o 22 de decembro de 2017.
- ↑ "Xerais". Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "MICHAEL BOWDERY'S WORDS AND MUSIC". Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Xerais". Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Xerais". Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Apple Books Preview". Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Xerais". Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Editorial Galaxia". Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Xerais". Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "O soño da serpe". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-03-04.
- ↑ "Teorías do fin". Aira Editorial. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-03.
- ↑ Discologs. "Antonio Seijas Discography". Consultado o 23 de dezembro de 2017.
- ↑ Consello da Cultura Galega. "Banda deseñada - autores". Consultado o 26 de decembro de 2017.
- ↑ Europa Press. "La obra "Un hombre feliz" de Antonio Seijas gana el premio de banda diseñada "Castelao" de la Diputación de A Coruña". Consultado o 26 de decembro de 2017.
- ↑ Baía Edicións. "Entregados os Premios da Edición 2012". Consultado o 26 de decembro de 2017.
- ↑ Mundiario. "Antonio Seijas, nominado con La Luz al Premio de Mejor Obra Nacional 2014 Expocomic". Consultado o 26 de decembro de 2017.
- ↑ Paula Quintás. "El jurado de la V Gala do Libro Galego hace públicos los títulos ganadores". Consultado o 1 de febreiro de 2021.
- ↑ "O XXXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense é para Antonio Seijas, por 'Teoría do fin - Eurínome' - Concello de Ourense". ourense.gal. Consultado o 2023-03-03.