Os doce traballos de Heracles
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c0/Antonio_del_Pollaiolo_-_Ercole_e_l%27Idra_e_Ercole_e_Anteo_-_Google_Art_Project.jpg/220px-Antonio_del_Pollaiolo_-_Ercole_e_l%27Idra_e_Ercole_e_Anteo_-_Google_Art_Project.jpg)
Heracles (máis coñecido polo seu nome romano Hércules) é o nome dun heroe mitolóxico grego. O seu pai era Zeus quen, abraiado pola beleza de Alcmena, a muller de Anfitrión de Tebas, adquiriu a forma do seu esposo para enganala. Froito desa relación naceu Heracles.
A súa forza física sería a a súa característica física máis prezada, demostrada xa desde pequeno ao afogar dúas serpes no berce. Cando acadou a idade adulta matou o León de Citerón.
Venceu aos minios que gravaban aos tebanos cun pesado tributo, o que lle asegurou a simpatía dos seus veciños, quen lle ofreceron como recompensa a princesa Mégara coa que casou. Cando a princesa lle deu tres fillos, Hera, a esposa de Zeus que non esquecía ningunha ofensa, volveuno tolo temporalmente. Heracles, entón, matou os fillos coas súas propias mans (e algúns afirman que tamén á súa muller). Coa dor por estes asasinatos acudiu ao seu primo Euristeo quen lle encargou os doce traballos como penitencia.
Os doce traballos de Heracles (ou Hércules)
[editar | editar a fonte]Estes doce traballos eran teoricamente fazañas imposibles de realizar e nas que tamén se buscaba que o esforzado heroe encontrara a morte. Porén, foi capaz de executalas todas:
- Matou o león de Nemea, cuxa pel pasou a ser parte da indumentaria do heroe.
- Acabou coa Hidra de Lerna, monstro de múltiples cabezas que continuamente se rexeneraban.
- Capturou o porco bravo de Erimanto.
- Capturou a cerva de Cerinia, moi veloz e que nunca cansaba.
- Acabou coas aves do lago Estínfalo, cuxas plumas eran frechas de bronce.
- Limpou as Cortes do rei Auxías.
- Cazou o touro de Creta.
- Domou as eguas de Diomedes, perigosas eguas antropófagas.
- Conseguiu o cinto da raíña Hipólita, das Amazonas.
- Matou a Xerión e arrebatoulle o gando.
- Atou o can Cérbero nos dominios subterráneos do inferno.
- Roubou as mazás de ouro do xardín das Hespérides.