Aspergillus fumigatus
Aspergillus fumigatus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Neosartorya fumigata |
Aspergillus fumigatus é unha especie de fungos ascomicetos do xénero Aspergillus e é unha das especies máis comúns dese xénero que causa enfermidades en individuos con inmunodeficiencia.
Aspergillus fumigatus é un saprótrofo moi común na natureza que se atopa normalmente nos solos e materia orgánica en descomposición, como moreas de compost, onde desempeña un papel esencial na reciclaxe do carbono e do nitróxeno.[1] Colonias do fungo producen conidióforos, que liberan miles de diminutos conidios (esporas) verde agrisados de 2–3 μm, que facilmente se transportan polo aire. Durante moitos anos pensouse que A. fumigatus só se reproducía asexualmente, xa que non se observaran apareamentos nin meioses. Porén, en 2008 demostrouse que posúe un ciclo de reprodución sexual funcional completo, 145 anos despois da súa descrición orixinal por Fresenius.[2] Aínda que A. fumigatus aparece en áreas con diferentes climas e ambientes, mostra unha baixa variabilidade xenética e unha falta de diferenciación xenética das poboacións a escala global.[3] Así, mantense a capacidade do sexo, a pesar de que se produce pouca variabilidade xenética.
Este fungo pode crecer a 37 °C (a temperatura normal do corpo humano), e pode seguir crecendo a temperaturas de 50 °C, e os conidios sobreviven mesmo a 70 °C, condicións que atopa frecuentemente nas moreas de composts, que xeran a súa propia calor. As súas esporas son moi ubicuas na atmosfera e estímase que todas as persoas inhalan centos de esporas ao día, as cales normalmente son eliminadas moi rápido polo sistema inmunitario en individuos sans. Porén, en individuos inmunocomprometidos, como os receptores de órganos transplantados ou persoas con SIDA ou leucemia, é máis probable que o fungo se comporte como patóxeno, superando as debilitadas defensas do hóspede e causando un conxunto de doenzas chamadas en xeral asperxilose. Debido ao recente incremento do uso de inmunosupresores para tratar enfermidades humanas, estímase que A. fumigatus pode ser responsable dunhas 600.000 mortes anualmente cunha taxa de mortalidade entre o 25 e o 90%.[4] Postulouse a actuación de varios factores de virulencia para explicar este comportamento oportunista.[5]
Cando se cribaron caldos de fermentación de A. fumigatus descúbríronse varios alcaloides indólicos con propiedades antimitóticas.[6] Os compostos interesantes eran dunha clase de triproestatinas, das cales a de maior interese anticanceríxeno é a espirotriproestatina B.
Aspergillus fumigatus crece en certos materiais de construción dos edificios e pode producir micotoxinas xenotóxicas e citotóxicas, como a gliotoxina.[7]
Xenoma
[editar | editar a fonte]Aspergillus fumigatus ten un xenoma haploide estable de 29,4 millóns de pares de bases. Publicáronse as secuencias xenómicas de tres especies de Aspergillus, concretamente A. fumigatus, A. nidulans e A. oryzae, na revista Nature en decembro de 2005.[8][9][10]
Patoxénese
[editar | editar a fonte]Aspergillus fumigatus é a causa máis frecuente de infección fúnxica invasiva en individuos inmunocomprometidos, entre os que están pacientes que están recibindo terapia inmunosupresora contra doenzas autoinmunes ou neoplásticas, receptores de transplantes de órganos e doentes de SIDA.[11] A. fumigatus causa principalmente infeccións invasivas pulmonares e representa unha causa importante de morbilidade e mortalidade neses individuos.[12] Adicionalmente, A. fumigatus pode causar infeccións pulmonares crónicas, asperxilose broncopulmonar alérxica, ou enfermidades alérxicas en hóspedes inmunocompetentes.[13]
Resposta inmunitaria innata
[editar | editar a fonte]A exposición por inhalación de conidios transportados polo aire é continua debido a súa ubicua distribución no ambiente. Porén, nas persoas con boa saúde o sistema inmunitario é unha eficaz barreira contra a infección por A. fumigatus.[13] Unha gran porción dos conidios inhalados son limpados pola acción mucociliar do epitelio respiratorio.[13] Debido ao peueno tamaño dos conidios, moitos deles deposítanse nos alvéolos, onde interaccionan co epitelio e células efectoras innatas.[11][13] Os macrófagos alveolares fagocitan e destrúen os conidios dentro dos seus fagosomas.[11][13] As células epiteliais, concretamente pneumocitos tipo II, tamén internalizan os conidios que transportan aos lisosomas, onde son destruídos.[11][13][14] As células inmunitarias de primeira liña tamén serven para recrutar neutrófilos e outras células inflamatorias por medio da liberación de citocinas e quimiocinas inducida pola ligazón de motivos específicos dos fungos a receptores de recoñecemento de patóxeno.[13] Os neutrófilos son esenciais para a resistencia á asperxilose, como se demostrou en individuos neutropénicos e son capaces de secuestrar tanto conidios coma hifas por mecanismos non fagocíticos distintos.[11][12][13] As hifas son demasiado grandes para a internalización nas células e os danos inducidos pola NADP oxidase mediada polos neutrófilos representa a defensa dominante do hóspede contra elas.[11][13] Ademais destes mecanismos de eliminación mediados por células, os péptidos antimicrobianos segregados polo epitelio das vías aéreas contribén tamén á defensa do hóspede.[11] O fungo e os seus polisacáridos teñen a capacidade de regular as funcións das células dendríticas pola vía de sinalización de Wnt-β-catenina para inducir a expresión de PD-L1 e promover as respostas de célula T regulatoria.[15][16]
Invasión
[editar | editar a fonte]Os individuos inmunosuprimidos son susceptibles á infección invasiva por A. fumigatus, que se manifesta máis comunmente como unha asperxilose pulmonar invasiva. Os conidios inhalados que evaden a destrución inmune realizada polo hóspede son os proxenitores causantes da doenza invasiva. Estes conidios saen da súa dormancia e experimentan un cambio morfolóxico a hifas xerminando no ambiente cálido, húmido e rico en nutrientes dos alvéolos pulmonares.[11] A xerminación ocorre tanto extracelularmente coma nos endosomas dos pneumocitos de tipo II que conteñen conidios.[11][14] Despois da xerminación, o crecemento hifal filamentoso ten como resultado a penetración no epitelio e a subseguinte penetración do endotelio vascular.[11][14] O proceso de anxioinvasión causa danos endoteliais e induce unha resposta proinflamatoria, expresión de factores tisulares e activación do cadoiro de coagulación.[11] Isto orixina unha trombose intravascular e infarto nos tecidos localizado; porén, a diseminación de fragmentos de hifas adoita ser limitado.[11][14] A diseminación na corrente sanguínea só ocorre en individuos gravemente inmunocomprometidos.[14]
Resposta á hipoxia
[editar | editar a fonte]Como é común en células tumorais e outros patóxenos, as hifas invasivas de A. fumigatus encontran microambientes hipóxicos (baixos niveis de oxíxeno, ≤ 1%) no sitio de infección do organismo hóspede.[17][18][19] Investigacións actuais indican que na infección, a necrose e a inflamación causan danos nos tecidos que fan diminuír as concentracións de oxíxeno dispoñible debido a unha redución local da perfusión, é dicir, o paso de fluídos aos órganos. En A. fumigatus atopouse que metabolitos secundarios inhiben o desenvovlemento de novos vasos sanguíneos, o que orixina danos nos tecidos, a inhibición da reparación dos tecidos e finalmente microambientes hipóxicos localizados.[18] As implicacións exactas da hipoxia sobre a patoxénese fúnxica non se coñecen polo momento; porén, estes ambientes baixos en oxíxeno foron asociados desde hai tempo con resultados clínicos negativos. Debido ás correlacións significativas identificadas entre a hipoxia, as infeccións fúnxicas e os resultados clínicos negativos, os mecanismos polos cales se adpata A. fumigatus á hipoxia son unha área de crecente interese enfocada a novas dianas de fármacos.
Dúas proteínas que se ligan a elementos regulatorios de esterois moi cracterizadas, chamadas, SrbA e SrbB, xunto coas súas vías de procesamento, sábese que teñen un impacto na fitness de A. fumigatus en condicións hipóxicas. O factor de transcrición SrbA é o regulador mestre na resposta fúnxica á hipoxia in vivo e é esencial en moitos procesos biolóxicos como a homeostase, resistencia a fármacos azois antifúnxicos e virulencia.[20] En consecuencia, a perda de SrbA resulta na incapacidade de que A. fumigatus creza en condicións baixas en ferro, unha maior sensibilidade a fármacos azois antifúnxicos e unha perda completa de virulencia en modelos de ratos de asperxilose pulmonar invasiva.[21] Os mutantes knockout para SrbA non mostran ningún signo de crecemento in vitro con baixo oxíxeno, o cal se pensa que está asociado coa atenuación da virulencia. A funcionalidade de SrbA en hipoxia depende dun proceso de corte da molécula augas arriba levado a cabo polas poteínas RbdB, SppA e Dsc A-E.[22][23][24] SrbA é o resultado de cortar unha proteína precursora máis grande de 1015 aminoácidos que se encontra no retículo endoplasmático, quedando só a forma funcional de 381 aminoácidos. A perda de calquera das proteínas procesadoras de SrbA antes mencionadas ten como resultado a formación dunha copia disfuncional de SrbA, coa subseguinte perda de crecemen to in vitro en hipoxia, así como unha virulencia atenuada. Os estudos de inmunoprecipitación da cromatina coa proteína SrbA levaron á identificación dun segundo regulador da hipoxia, SrbB.[21] Aínda que se sabe pouco sobre o procesamento de SrbB, este factor de transcrición é tamén un elemento clave na virulencia e na resposta á hipoxia do fungo.[21] De xeito similar a SrbA, nos ratos knockout mutantes para SrbB obsérvase unha perda de virulencia, aínda que non había aumento de sensibilidade a fármacos antifúnxicos nin unha perda completa de crecemento en condicións hipóxicas (redución do 50% en SrbB en vez da redución do 100% observada en SrbA).[21][20] En resumo, tanto SrbA coma SrbB teñen unha función crítica na adaptción de A. fumigatus dentro do hóspede mamífero.
Adquisición de nutrientes
[editar | editar a fonte]Aspergillus fumigatus debe adquirir os nutrientes que precisa do seu ambiente externo para sobrevivir e prosperar dentro do seu hóspede. Moitos xenes implicados en ditos procesos afectan á virulencia por medio de experimentos que implican mutacións xenéticas. Exemplos de captación de nutrientes son os de metais, nitróxeno e macromoléculas como os péptidos.[12][25]
Adquisición de ferro
[editar | editar a fonte]O ferro cómpre como cofactor para moitos encimas e pode actuar como catalizador no sistema de transporte electrónico. A. fumigatus ten dous mecanismos para a captación de ferro, a obtención redutiva de ferro e a mediada por sideróforos.[27][28] A adquisición redutiva de ferro comprende a conversión do ferro desde o estado férrico (Fe+3) ao ferroso (Fe+2) e a súa subseguinte captación por medio de FtrA, unha permease de ferro. Unha mutación dirixida ao xene ftrA non induce un decrecemento na virulencia no modelo murino de invasión por A. fumigatus. Ao contrario, unha mutación dirixida a sidA, o primeiro xene necesario para a vía da biosíntese do sideróforo, probou que a captación de ferro mediada por sideróforo é fundamental para a virulencia.[28][29] A mutación nos xenes para a biosíntese de sideróforo augas abaixo sidC, sidD, sidF e sidG orixinou cepas de A. fumigatus cunha diminución similar da virulencia.[26] Estes mecanismos de captación de ferro parecen funcionar en paralelo e ambos os dous están regulados á alza en resposta á deprivación de ferro.[28]
Asimilación de nitróxeno
[editar | editar a fonte]Aspergillus fumigatus pode sobrevivir con diferentes fontes de nitróxeno, e a súa asimilación de nitróxeno viuse que ten importancia clínica, xa que afecta á virulencia.[25][30] As proteínas implicadas na asimilación de nitróxeno son reguladas transcricionalmente polo xene AfareA en A. fumigatus. A mutación dirixida ao xene afareA mostrou un decrecemento na mortalidade nun modelo de ratos da invasión.[30] A proteína regulada pore Ras RhbA tamén foi implicada na asimilación de nitróxeno. A RhbA é regulada á alza transcricionalmente despois do contacto de A. fumigatus con células endoteliais humanas e cepas con mutacións dirxidas ao xene rhbA mostraban unha diminución do crecemento con fontes de nitróxeno pobres e unha virulencia reducida in vivo.[31]
Proteinases
[editar | editar a fonte]O pulmón humano contén grandes cantidades de coláxeno e elastina, proteínas que permiten a flexibilidade dos tecidos.[32] Aspergillus fumigatus produce e segresa elastases, que son proteases que cortan a elastina para degradar estes polímeros macromoleculares para a captación. En 1984 descubriuse por primeira vez unha correlación significativa entre a cantidade de produción de elastase e a invasión dos tecidos.[33] Tamén se observou que os illamentos clínicos teñen unha maior actividade de elastase que as cepas ambientais de A. fumigatus.[34] Caracterizáronse varias elastases, como as das familias da serina protease, aspártico protease e metaloprotease.[35][36][37][38] Non obstante, a gran redundancia destas eleastases dificultou a identificación dos efectos específicos sobrfe a virulencia.[12][25]
Resposta a proteínas non pregadas
[editar | editar a fonte]Varios estudos atoparon que a resposta a proteínas non pregadas contribúe á virulencia de A. fumigatus.[39]
Metabolismo secundario
[editar | editar a fonte]Metabolitos secundarios no desenvolvemento fúnxico
[editar | editar a fonte]O ciclo cital de fungos filamentosos, incluíndo Aspergillus spp., consta de dúas fases: unha fase de crecemento hifal e unha fase reprodutiva (esporulación). O cambio entre o crecemento e as fases reprodutivas destes fungos está regulado en parte polo nivel de produción de metabolitos secundarios.[41][42] Os metabolitos secundarios crese que se producen para activar a esporulación e os pigmentos requiridos polas estruturas da esporulación.[43] A sinalización da proteína G regula a produción de metabolitos secundarios.[44] A secuenciación do xenoma revelou 40 xenes potencialmente implicados na produción de metabolitos secundarios, incluíndo micotoxinas, que se producen no momento da esporulación.[9][45]
Gliotoxina
[editar | editar a fonte]A gliotoxina é unha micotoxina con capacidade de alterar as defensas do hópede por medio da inmunosupresión. Os neutrófilos son as dianas principais da gliotoxina.[46][47] A gliotoxina interrompe a función dos leucocitos ao inhibir a migración e produción de superóxidos e causa apoptose en macrófagos.[48] A gliotoxina perturba a resposta proinflamatoria pola inhibición de NF-κB.[49]
Regulación transcricional da gliotoxina
[editar | editar a fonte]LaeA e GliZ son factores de tanscrición coñecidos para regular a produción de gliotoxina. LaeA é un regulador universal da produción de metabolitos secundarios en Aspergillus spp.[40] LaeA inflúe na expresión do 9,5% do xenoma de A. fumigatus, incluíndo moitos xenes para a biosíntese de metabolitos secundarios como as sintetases de péptidos non ribosómicos.[50] A produción de numerosos metabolitos secundarios, como a gliotoxina, está alterada nunha cepa mutante para LaeA (ΔlaeA).[50] O mutante ΔlaeA mostrou un incremento da susceptibilidade á fagocitose de macrófagos e unha diminución da capacidade de matar neutrófilos ex vivo.[47] As toxinas reguladas por LaeA, ademais da gliotoxina, probablemente teñen un papel na virulencia, xa que a perda da produción da gliotoxina por si soa non orixina o fenotipo hipovirulento ∆laeA.[50]
Tratamentos actuais para combater as infeccións por A. fumigatus
[editar | editar a fonte]Os tratamentos non invasivos actuais usados para combater as infeccións fúnxicas consisten na administración dun tipo de fármacos denominados azois. Os fármacos tipo azol como voriconazol, itraconazol e imidazol matan fungos ao inhibiren a produción de ergosterol, un composto esencial para as membranas celulares fúnxicas. Mecanisticamente, estes fármacos actúan inhibindo o encima citocromo p450 fúnxico coñecido como 14α-desmetilase.[51] Porén, a resistencia de A. fumigatus aos azois está incrementándose, debido posiblemente ao uso de baixos niveis de azois na agricultura.[52][53] O principal modo de resistencia é por mutacións no xene cyp51a.[54][55] Porén, outros modos de resistencia supoñen case un 40% da resistencia dos illamentos clínicos.[56][57][58] Ademias dos azois existen outras clases de fármacos anifúnxicos como os polienos e equinocandinas.[59][60]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Conidióforo de A. fumigatus.
-
Fialoconidios de A. fumigatus
-
Colonia en placa de Petri.
-
A. fumigatus illado de solo forestal.
-
Preparación de cerebro de pavo infectado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fang W, Latgé JP (agosto de 2018). "Microbe Profile: Aspergillus fumigatus: a saprotrophic and opportunistic fungal pathogen". Microbiology 164 (8): 1009–1011. PMC 6152418. PMID 30066670. doi:10.1099/mic.0.000651.
- ↑ O'Gorman CM, Fuller H, Dyer PS (xaneiro de 2009). "Discovery of a sexual cycle in the opportunistic fungal pathogen Aspergillus fumigatus". Nature 457 (7228): 471–4. Bibcode:2009Natur.457..471O. PMID 19043401. doi:10.1038/nature07528.
- ↑ Rydholm C, Szakacs G, Lutzoni F (abril de 2006). "Low genetic variation and no detectable population structure in aspergillus fumigatus compared to closely related Neosartorya species". Eukaryotic Cell 5 (4): 650–7. PMC 1459663. PMID 16607012. doi:10.1128/EC.5.4.650-657.2006.
- ↑ Dhingra S, Cramer RA (2017). "Regulation of Sterol Biosynthesis in the Human Fungal Pathogen Aspergillus fumigatus: Opportunities for Therapeutic Development". Frontiers in Microbiology 8: 92. PMC 5285346. PMID 28203225. doi:10.3389/fmicb.2017.00092.
- ↑ Abad A, Fernández-Molina JV, Bikandi J, Ramírez A, Margareto J, Sendino J, et al. (decembro de 2010). "What makes Aspergillus fumigatus a successful pathogen? Genes and molecules involved in invasive aspergillosis" (PDF). Revista Iberoamericana de Micologia 27 (4): 155–82. PMID 20974273. doi:10.1016/j.riam.2010.10.003.
- ↑ Cui CB, Kakeya H, Osada H (agosto de 1996). "Spirotryprostatin B, a novel mammalian cell cycle inhibitor produced by Aspergillus fumigatus". The Journal of Antibiotics 49 (8): 832–5. PMID 8823522. doi:10.7164/antibiotics.49.832.
- ↑ Nieminen SM, Kärki R, Auriola S, Toivola M, Laatsch H, Laatikainen R, et al. (outubro de 2002). "Isolation and identification of Aspergillus fumigatus mycotoxins on growth medium and some building materials". Applied and Environmental Microbiology 68 (10): 4871–5. Bibcode:2002ApEnM..68.4871N. PMC 126391. PMID 12324333. doi:10.1128/aem.68.10.4871-4875.2002.
- ↑ Galagan JE, Calvo SE, Cuomo C, Ma LJ, Wortman JR, Batzoglou S, et al. (decembro de 2005). "Sequencing of Aspergillus nidulans and comparative analysis with A. fumigatus and A. oryzae". Nature 438 (7071): 1105–15. Bibcode:2005Natur.438.1105G. PMID 16372000. doi:10.1038/nature04341.
- ↑ 9,0 9,1 Nierman WC, Pain A, Anderson MJ, Wortman JR, Kim HS, Arroyo J, et al. (December 2005). "Genomic sequence of the pathogenic and allergenic filamentous fungus Aspergillus fumigatus". Nature 438 (7071): 1151–6. Bibcode:2005Natur.438.1151N. PMID 16372009. doi:10.1038/nature04332.
- ↑ Machida M, Asai K, Sano M, Tanaka T, Kumagai T, Terai G, et al. (decembro de 2005). "Genome sequencing and analysis of Aspergillus oryzae". Nature 438 (7071): 1157–61. Bibcode:2005Natur.438.1157M. PMID 16372010. doi:10.1038/nature04300.
- ↑ 11,00 11,01 11,02 11,03 11,04 11,05 11,06 11,07 11,08 11,09 11,10 11,11 11,12 Ben-Ami R, Lewis RE, Kontoyiannis DP (agosto de 2010). "Enemy of the (immunosuppressed) state: an update on the pathogenesis of Aspergillus fumigatus infection". British Journal of Haematology 150 (4): 406–17. PMID 20618330. doi:10.1111/j.1365-2141.2010.08283.x.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 Hohl TM, Feldmesser M (novembro de 2007). "Aspergillus fumigatus: principles of pathogenesis and host defense". Eukaryotic Cell 6 (11): 1953–63. PMC 2168400. PMID 17890370. doi:10.1128/EC.00274-07.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 13,6 13,7 13,8 Segal BH (April 2009). "Aspergillosis". The New England Journal of Medicine 360 (18): 1870–84. PMID 19403905. doi:10.1056/NEJMra0808853.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 Filler SG, Sheppard DC (decembro de 2006). "Fungal invasion of normally non-phagocytic host cells". PLOS Pathogens 2 (12): e129. PMC 1757199. PMID 17196036. doi:10.1371/journal.ppat.0020129.
- ↑ Karnam A, Bonam SR, Rambabu N, Wong SS, Aimanianda V, Bayry J (November 16, 2021). "Wnt-β-Catenin Signaling in Human Dendritic Cells Mediates Regulatory T-Cell Responses to Fungi via the PD-L1 Pathway.". mBio 12 (6): e0282421. PMC 8593687. PMID 34781737. doi:10.1128/mBio.02824-21.
- ↑ Stephen-Victor E, Karnam A, Fontaine T, Beauvais A, Das M, Hegde P, Prakhar P, Holla S, Balaji KN, Kaveri SV, Latgé JP, Aimanianda V, Bayry J (5 de decembro de 2017). "Aspergillus fumigatus Cell Wall α-(1,3)-Glucan Stimulates Regulatory T-Cell Polarization by Inducing PD-L1 Expression on Human Dendritic Cells". J Infect Dis 216 (10): 1281–1294. PMID 28968869. doi:10.1093/infdis/jix469.
- ↑ Grahl N, Cramer RA (febreiro de 2010). "Regulation of hypoxia adaptation: an overlooked virulence attribute of pathogenic fungi?". Medical Mycology 48 (1): 1–15. PMC 2898717. PMID 19462332. doi:10.3109/13693780902947342.
- ↑ 18,0 18,1 Grahl N, Shepardson KM, Chung D, Cramer RA (maio de 2012). "Hypoxia and fungal pathogenesis: to air or not to air?". Eukaryotic Cell 11 (5): 560–70. PMC 3346435. PMID 22447924. doi:10.1128/EC.00031-12.
- ↑ Wezensky SJ, Cramer RA (abril de 2011). "Implications of hypoxic microenvironments during invasive aspergillosis". Medical Mycology 49 (Suppl 1): S120–4. PMC 2951492. PMID 20560863. doi:10.3109/13693786.2010.495139.
- ↑ 20,0 20,1 Willger SD, Puttikamonkul S, Kim KH, Burritt JB, Grahl N, Metzler LJ, Barbuch R, Bard M, Lawrence CB, Cramer RA (novembro de 2008). "A sterol-regulatory element binding protein is required for cell polarity, hypoxia adaptation, azole drug resistance, and virulence in Aspergillus fumigatus". PLOS Pathogens 4 (11): e1000200. PMC 2572145. PMID 18989462. doi:10.1371/journal.ppat.1000200.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 21,3 Chung D, Barker BM, Carey CC, Merriman B, Werner ER, Lechner BE, Dhingra S, Cheng C, Xu W, Blosser SJ, Morohashi K, Mazurie A, Mitchell TK, Haas H, Mitchell AP, Cramer RA (novembro de 2014). "ChIP-seq and in vivo transcriptome analyses of the Aspergillus fumigatus SREBP SrbA reveals a new regulator of the fungal hypoxia response and virulence". PLOS Pathogens 10 (11): e1004487. PMC 4223079. PMID 25375670. doi:10.1371/journal.ppat.1004487.
- ↑ Dhingra S, Kowalski CH, Thammahong A, Beattie SR, Bultman KM, Cramer RA (2016). "RbdB, a Rhomboid Protease Critical for SREBP Activation and Virulence in Aspergillus fumigatus". mSphere 1 (2). PMC 4863583. PMID 27303716. doi:10.1128/mSphere.00035-16.
- ↑ Bat-Ochir C, Kwak JY, Koh SK, Jeon MH, Chung D, Lee YW, Chae SK (maio de 2016). "The signal peptide peptidase SppA is involved in sterol regulatory element-binding protein cleavage and hypoxia adaptation in Aspergillus nidulans". Molecular Microbiology 100 (4): 635–55. PMID 26822492. doi:10.1111/mmi.13341.
- ↑ Willger SD, Cornish EJ, Chung D, Fleming BA, Lehmann MM, Puttikamonkul S, Cramer RA (decembro de 2012). "Dsc orthologs are required for hypoxia adaptation, triazole drug responses, and fungal virulence in Aspergillus fumigatus". Eukaryotic Cell 11 (12): 1557–67. PMC 3536281. PMID 23104569. doi:10.1128/EC.00252-12.
- ↑ 25,0 25,1 25,2 Dagenais TR, Keller NP (July 2009). "Pathogenesis of Aspergillus fumigatus in Invasive Aspergillosis". Clinical Microbiology Reviews 22 (3): 447–65. PMC 2708386. PMID 19597008. doi:10.1128/CMR.00055-08.
- ↑ 26,0 26,1 Schrettl M, Bignell E, Kragl C, Sabiha Y, Loss O, Eisendle M, et al. (setembro de 2007). "Distinct roles for intra- and extracellular siderophores during Aspergillus fumigatus infection". PLOS Pathogens 3 (9): 1195–207. PMC 1971116. PMID 17845073. doi:10.1371/journal.ppat.0030128.
- ↑ Haas H (September 2003). "Molecular genetics of fungal siderophore biosynthesis and uptake: the role of siderophores in iron uptake and storage". Applied Microbiology and Biotechnology 62 (4): 316–30. PMID 12759789. doi:10.1007/s00253-003-1335-2.
- ↑ 28,0 28,1 28,2 Schrettl M, Bignell E, Kragl C, Joechl C, Rogers T, Arst HN, et al. (novembro de 2004). "Siderophore biosynthesis but not reductive iron assimilation is essential for Aspergillus fumigatus virulence". The Journal of Experimental Medicine 200 (9): 1213–9. PMC 2211866. PMID 15504822. doi:10.1084/jem.20041242.
- ↑ Hissen AH, Wan AN, Warwas ML, Pinto LJ, Moore MM (setembro de 2005). "The Aspergillus fumigatus siderophore biosynthetic gene sidA, encoding L-ornithine N5-oxygenase, is required for virulence". Infection and Immunity 73 (9): 5493–503. PMC 1231119. PMID 16113265. doi:10.1128/IAI.73.9.5493-5503.2005.
- ↑ 30,0 30,1 Hensel M, Arst HN, Aufauvre-Brown A, Holden DW (xuño de 1998). "The role of the Aspergillus fumigatus areA gene in invasive pulmonary aspergillosis". Molecular & General Genetics 258 (5): 553–7. PMID 9669338. doi:10.1007/s004380050767.
- ↑ Panepinto JC, Oliver BG, Amlung TW, Askew DS, Rhodes JC (agosto de 2002). "Expression of the Aspergillus fumigatus rheb homologue, rhbA, is induced by nitrogen starvation". Fungal Genetics and Biology 36 (3): 207–14. PMID 12135576. doi:10.1016/S1087-1845(02)00022-1.
- ↑ Rosenbloom J (decembro de 1984). "Elastin: relation of protein and gene structure to disease". Laboratory Investigation; A Journal of Technical Methods and Pathology 51 (6): 605–23. PMID 6150137.
- ↑ Kothary MH, Chase T, Macmillan JD (xaneiro de 1984). "Correlation of elastase production by some strains of Aspergillus fumigatus with ability to cause pulmonary invasive aspergillosis in mice". Infection and Immunity 43 (1): 320–5. PMC 263429. PMID 6360904. doi:10.1128/IAI.43.1.320-325.1984.
- ↑ Blanco JL, Hontecillas R, Bouza E, Blanco I, Pelaez T, Muñoz P, et al. (maio de 2002). "Correlation between the elastase activity index and invasiveness of clinical isolates of Aspergillus fumigatus". Journal of Clinical Microbiology 40 (5): 1811–3. PMC 130931. PMID 11980964. doi:10.1128/JCM.40.5.1811-1813.2002.
- ↑ Reichard U, Büttner S, Eiffert H, Staib F, Rüchel R (decembro de 1990). "Purification and characterisation of an extracellular serine proteinase from Aspergillus fumigatus and its detection in tissue". Journal of Medical Microbiology 33 (4): 243–51. PMID 2258912. doi:10.1099/00222615-33-4-243.
- ↑ Markaryan A, Morozova I, Yu H, Kolattukudy PE (xuño de 1994). "Purification and characterization of an elastinolytic metalloprotease from Aspergillus fumigatus and immunoelectron microscopic evidence of secretion of this enzyme by the fungus invading the murine lung". Infection and Immunity 62 (6): 2149–57. PMC 186491. PMID 8188335. doi:10.1128/IAI.62.6.2149-2157.1994.
- ↑ Lee JD, Kolattukudy PE (outubro de 1995). "Molecular cloning of the cDNA and gene for an elastinolytic aspartic proteinase from Aspergillus fumigatus and evidence of its secretion by the fungus during invasion of the host lung". Infection and Immunity 63 (10): 3796–803. PMC 173533. PMID 7558282. doi:10.1128/IAI.63.10.3796-3803.1995.
- ↑ Iadarola P, Lungarella G, Martorana PA, Viglio S, Guglielminetti M, Korzus E, et al. (1998). "Lung injury and degradation of extracellular matrix components by Aspergillus fumigatus serine proteinase". Experimental Lung Research 24 (3): 233–51. PMID 9635248. doi:10.3109/01902149809041532.
- ↑ Feng X, Krishnan K, Richie DL, Aimanianda V, Hartl L, Grahl N, et al. (outubro de 2011). "HacA-independent functions of the ER stress sensor IreA synergize with the canonical UPR to influence virulence traits in Aspergillus fumigatus". PLOS Pathogens 7 (10): e1002330. PMC 3197630. PMID 22028661. doi:10.1371/journal.ppat.1002330.
- ↑ 40,0 40,1 Bok JW, Keller NP (abril de 2004). "LaeA, a regulator of secondary metabolism in Aspergillus spp". Eukaryotic Cell 3 (2): 527–35. PMC 387652. PMID 15075281. doi:10.1128/EC.3.2.527-535.2004.
- ↑ Calvo AM, Wilson RA, Bok JW, Keller NP (setembro de 2002). "Relationship between secondary metabolism and fungal development". Microbiology and Molecular Biology Reviews 66 (3): 447–59, table of contents. PMC 120793. PMID 12208999. doi:10.1128/MMBR.66.3.447-459.2002.
- ↑ Tao L, Yu JH (febreiro de 2011). "AbaA and WetA govern distinct stages of Aspergillus fumigatus development". Microbiology 157 (Pt 2): 313–26. PMID 20966095. doi:10.1099/mic.0.044271-0.
- ↑ Adams TH, Yu JH (December 1998). "Coordinate control of secondary metabolite production and asexual sporulation in Aspergillus nidulans". Current Opinion in Microbiology 1 (6): 674–7. PMID 10066549. doi:10.1016/S1369-5274(98)80114-8.
- ↑ Brodhagen M, Keller NP (xullo de 2006). "Signalling pathways connecting mycotoxin production and sporulation". Molecular Plant Pathology 7 (4): 285–301. PMID 20507448. doi:10.1111/j.1364-3703.2006.00338.x.
- ↑ Trail F, Mahanti N, Linz J (abril de 1995). "Molecular biology of aflatoxin biosynthesis". Microbiology 141 (4): 755–65. PMID 7773383. doi:10.1099/13500872-141-4-755.
- ↑ Spikes S, Xu R, Nguyen CK, Chamilos G, Kontoyiannis DP, Jacobson RH, et al. (febreiro de 2008). "Gliotoxin production in Aspergillus fumigatus contributes to host-specific differences in virulence". The Journal of Infectious Diseases 197 (3): 479–86. PMID 18199036. doi:10.1086/525044.
- ↑ 47,0 47,1 Bok JW, Chung D, Balajee SA, Marr KA, Andes D, Nielsen KF, et al. (decembro de 2006). "GliZ, a transcriptional regulator of gliotoxin biosynthesis, contributes to Aspergillus fumigatus virulence". Infection and Immunity 74 (12): 6761–8. PMC 1698057. PMID 17030582. doi:10.1128/IAI.00780-06.
- ↑ Kamei K, Watanabe A (maio de 2005). "Aspergillus mycotoxins and their effect on the host". Medical Mycology. 43 Suppl 1: S95–9. PMID 16110799. doi:10.1080/13693780500051547.
- ↑ Gardiner DM, Waring P, Howlett BJ (abril de 2005). "The epipolythiodioxopiperazine (ETP) class of fungal toxins: distribution, mode of action, functions and biosynthesis". Microbiology 151 (Pt 4): 1021–1032. PMID 15817772. doi:10.1099/mic.0.27847-0.
- ↑ 50,0 50,1 50,2 Perrin RM, Fedorova ND, Bok JW, Cramer RA, Wortman JR, Kim HS, et al. (abril de 2007). "Transcriptional regulation of chemical diversity in Aspergillus fumigatus by LaeA". PLOS Pathogens 3 (4): e50. PMC 1851976. PMID 17432932. doi:10.1371/journal.ppat.0030050.
- ↑ Panackal AA, Bennett JE, Williamson PR (setembro de 2014). "Treatment options in Invasive Aspergillosis". Current Treatment Options in Infectious Diseases 6 (3): 309–325. PMC 4200583. PMID 25328449. doi:10.1007/s40506-014-0016-2.
- ↑ Berger S, El Chazli Y, Babu AF, Coste AT (2017-06-07). "Aspergillus fumigatus: A Consequence of Antifungal Use in Agriculture?". Frontiers in Microbiology 8: 1024. PMC 5461301. PMID 28638374. doi:10.3389/fmicb.2017.01024.
- ↑ Bueid A, Howard SJ, Moore CB, Richardson MD, Harrison E, Bowyer P, Denning DW (outubro de 2010). "Azole antifungal resistance in Aspergillus fumigatus: 2008 and 2009". The Journal of Antimicrobial Chemotherapy 65 (10): 2116–8. PMID 20729241. doi:10.1093/jac/dkq279.
- ↑ Nash A, Rhodes J (abril de 2018). "Simulations of CYP51A from Aspergillus fumigatus in a model bilayer provide insights into triazole drug resistance". Medical Mycology 56 (3): 361–373. PMC 5895076. PMID 28992260. doi:10.1093/mmy/myx056.
- ↑ Snelders E, Karawajczyk A, Schaftenaar G, Verweij PE, Melchers WJ (xuño de 2010). "Azole resistance profile of amino acid changes in Aspergillus fumigatus CYP51A based on protein homology modeling". Antimicrobial Agents and Chemotherapy 54 (6): 2425–30. PMC 2876375. PMID 20385860. doi:10.1128/AAC.01599-09.
- ↑ Rybak JM, Ge W, Wiederhold NP, Parker JE, Kelly SL, Rogers PD, Fortwendel JR (abril de 2019). Alspaugh JA, ed. "hmg1, Challenging the Paradigm of Clinical Triazole Resistance in Aspergillus fumigatus". mBio 10 (2): e00437–19, /mbio/10/2/mBio.00437–19.atom. PMC 6445940. PMID 30940706. doi:10.1128/mBio.00437-19.
- ↑ Camps SM, Dutilh BE, Arendrup MC, Rijs AJ, Snelders E, Huynen MA, et al. (2012-11-30). "Discovery of a HapE mutation that causes azole resistance in Aspergillus fumigatus through whole genome sequencing and sexual crossing". PLOS ONE 7 (11): e50034. Bibcode:2012PLoSO...750034C. PMC 3511431. PMID 23226235. doi:10.1371/journal.pone.0050034.
- ↑ Furukawa T, van Rhijn N, Fraczek M, Gsaller F, Davies E, Carr P, et al. (xaneiro de 2020). "The negative cofactor 2 complex is a key regulator of drug resistance in Aspergillus fumigatus". Nature Communications 11 (1): 427. Bibcode:2020NatCo..11..427F. PMC 7194077. PMID 31969561. doi:10.1038/s41467-019-14191-1.
- ↑ Chen, S. C., Slavin, M. A., & Sorrell, T. C. (2011). Echinocandin antifungal drugs in fungal infections: a comparison. Drugs, 71(1), 11–41. https://doi.org/10.2165/11585270-000000000-00000
- ↑ Science direct - Polyenes overview
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Emergence of Azole Resistance in Aspergillus fumigatus and Spread of a Single Resistance Mechanism. en SciVee
- The Fungal Research Trust Arquivado 14 de xuño de 2006 en Wayback Machine.
- Aspergillus información de DoctorFungus.org