Saltar ao contido

Atticus Ross

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAtticus Ross

(2006) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónEton College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica cinematográfica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, compositor de bandas sonoras, produtor musical, produtor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
12 Rounds (en) Traducir
Error (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoDark ambient (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBatería e teclado Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalTrent Reznor: Trent Reznor and Atticus Ross (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeClaudia Sarne (2001–) Editar o valor en Wikidata
PaisIan Cowper Ross Editar o valor en Wikidata  e Roxana Lampson Editar o valor en Wikidata
IrmánsLiberty Ross
Leopold Ross
Milo Ross Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1589604 Allocine: 418467
Facebook: atticus.ross BNE: XX5232462 Spotify: 5HARKwnZLNQBeUGsTHX2AM iTunes: 24282352 Last fm: Atticus+Ross Musicbrainz: 1fefa8b3-806b-4ab9-a066-66574b22aa16 Discogs: 259284 Allmusic: mn0000049986 Editar o valor en Wikidata

Atticus Matthew Cowper Ross, nado o 16 de xaneiro de 1968, é un músico, compositor e produtor inglés. Ross, xunto con Trent Reznor, gañou o Premio Oscar á mellor banda sonora orixinal con The Social Network no ano 2010.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Atticus Ross deuse a coñecer a mediados dos anos 90 como programador do proxecto de Tim Simenon Bomb the Bass, durante a etapa dos álbums Unknown Territory e Clear. Ross traballou en varias producións e remesturas con Simenon e ademais relacionouse con antigo membro de Bad Seed Barry Adamson. Programou The Negro Inside Me e Oedipus Schmoedipus, e produciu As Above So Below antes de formar a súa propia banda, 12 Rounds, con Claudia Sarne e Adam Holden. O trío editou dous álbums, Jitterjuice (Polydor Records) e My Big Hero (Nothing Records). Un terceiro álbum foi producido por Trent Reznor para Nothing Records, pero finalmente nunca sería rematado. Tres temas dese traballo serían lanzados a través da web da banda en agosto do ano 2011.

Ross trasladouse aos Estados Unidos no ano 2000, e dende entón apareceu como programador e produtor en catro álbums de Nine Inch Nails: With Teeth, Year Zero, Ghosts I-IV (onde tamén aparece como co-compositor) e The Slip. Actuou ao vivo coa banda He performed live with the band at their farewell show at the Wiltern. Ademais de en Nine Inch Nails, traballou con Trent Reznor noutros proxectos, nos que se incluían tamén Saul Williams e Zack de la Rocha, e en 2009 co-produciu temas para a reformada Jane's Addiction ao lado de Alan Moulder.

Ademais realizou dúas coproducións con Joe Barresi, o EP de Loverman Human Nurture e o álbum de Coheed and Cambria Year of the Black Rainbow. Tamén produciu discos de Korn e Union of Knives e encargouse de producir ou remesturar cancións para artistas como Grace Jones, Perry Farrell e Telepathe.

En maio de 2010 Ross participou no proxecto How to Destroy Angels, no que tamén estaban Trent Reznor e a muller deste, Mariqueen Maandig.

Cine e televisión

[editar | editar a fonte]

O traballo de Ross no cine comezou no ano 2004 cando fixo a banda sonora da serie de televisión dos irmáns Hughes Touching Evil coa súa muller, Claudia Sarne, e o seu irmán, Leopold Ross. Dende entón realizou a música para dous proxectos máis dos Hughes: New York, I Love You e The Book of Eli. A banda sonora desta última foi editada a través do selo Reprise Records o 12 de xaneiro de 2010 e gañou nos premios BMI. Ross tamén foi nomeado ao premio "Descubrimento do ano" nos World Soundtrack Awards 2010. O 1 de xullo do 2010 Trent Reznor anunciou que el e Ross encargaríanse da música da película de David Fincher The Social Network. A banda sonora publicouse o 28 de setembro e con ela conseguiron o Oscar. Ross e Reznor volverían a colaborar realizando a música para The Girl With the Dragon Tattoo.