With Teeth
With Teeth | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Nine Inch Nails | ||||
Publicado | 27 de abril do 2005 | |||
Gravación | setembro - decembro do 2004 | |||
Duración | 56:05 | |||
Xénero(s) | rock industrial, rock alternativo, rock electrónico, synthpop | |||
Selo(s) | Interscope, Nothing | |||
Produtor | Trent Reznor, Alan Moulder | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
With Teeth é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 27 de abril do 2005 a través do selo Interscope Records. O álbum foi producido polo líder da banda Trent Reznor e polo seu vello colaborador Alan Moulder. Foi o primeiro álbum de estudio orixinal de Reznor dende a aparición de The Fragile en 1999. With Teeth converteuse nun inmediato éxito comercial, estreándose no número 1 da lista Billboard 200 e vendendo 272.000 copias na súa primeira semana. O álbum xerou tres sinxelos: "The Hand That Feeds", "Only" e "Every Day Is Exactly the Same", acadando os tres o número 1 da lista da Billboard Hot Modern Rock Tracks.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas escritos e interpretados por Trent Reznor.
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "All the Love in the World" | 5:15 | |||||||
2. | "You Know What You Are?" | 3:42 | |||||||
3. | "The Collector" | 3:08 | |||||||
4. | "The Hand That Feeds" | 3:32 | |||||||
5. | "Love Is Not Enough" | 3:41 | |||||||
6. | "Every Day Is Exactly the Same" | 4:55 | |||||||
7. | "With Teeth" | 5:38 | |||||||
8. | "Only" | 4:23 | |||||||
9. | "Getting Smaller" | 3:35 | |||||||
10. | "Sunspots" | 4:03 | |||||||
11. | "The Line Begins to Blur" | 3:44 | |||||||
12. | "Beside You in Time" | 5:25 | |||||||
13. | "Right Where It Belongs" | 5:04 | |||||||
56:05 |
Cancións extra | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
14. | "Home" (edicións de fóra dos Estados Unidos) | 3:14 | |||||||
15. | "Right Where It Belongs (Versión 2)" (edicións británica e xaponesa) | 5:04 | |||||||
16. | "The Hand That Feeds (Ruff Mix)" (edición xaponesa) | 3:58 | |||||||
68:21 |
O tema "Home" foi orixinalmente unha cara-B de "The Hand That Feeds". Nas versións en CD a canción foi colocada despois do último tema, no vinilo aparece despois de "Sunspots". A versión británica tamén contén un tema adicional, unha versión alternativa de "Right Where it Belongs", e a versión xaponesa trae tamén esta versión alternatica xunto cunha remestura de "The Hand That Feeds" feita por Photek, facendo un total de 16 cancións.
Foron gravados dous temas máis para o álbum, "Non-Entity" e "Not So Pretty Now", que non serían editados. Trent Reznor posteriormente no EP NINJA 2009 Tour Sampler.