Alex Carapetis
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1982 ![]() Adelaida, Australia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | batería ![]() |
Período de actividade | 2004 ![]() |
Xénero artístico | Música rock e new wave ![]() |
Instrumento | Instrumento de percusión e Batería ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Alex Carapetis, nado en 1982 en Adelaide, Australia, é un batería coñecido por ter tocado coa banda de rock industrial estadounidense Nine Inch Nails.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carapetis comezou a tocar a batería aos nove anos. Despois de estudar jazz no Adelaide Conservatorium durante un ano no 2000 trasladouse a Sydney para continuar a súa carreira musical. Entre os anos 2004 e 2005 xirou con Jimmy Barnes por Australia e Nova Zelandia e en xullo do 2005 tocou con Delta Goodrem na Delta's Visualise Tour. Tamén traballou con Ian Moss, Diesel, Nathan Cavaleri e Teenager.
No mes de outubro do 2005 Trent Reznor contratou a Carapetis para xirar con Nine Inch Nails debido aos problemas de súde de Jerome Dillon. A súa elección foi unha sorpresa para moitos seareiros xa que non era moi coñecido nesas datas e nunca antes traballara coa banda. En decembro do 2005 foi substituído polo antigo batería Josh Freese.
Alex foi o batería de xira de Julian Casablancas, vocalista de The Strokes, na súa xira de promoción do seu álbum en solitario Phrazes for the Young.
Carapetis é tamén un dos dous baterías, o outro é Dominic Howard de Muse, no grupo Vicky Cryer, que editou o seu primeiro álbum, The Synthetic Love of Emotional Engineering, en abril de 2013.
O seu último proxecto é a banda Julian Casablancas + The Voidz. O seu traballo de estrea, Tyranny, foi publicado o 23 de setembro de 2014.