CB Gran Canaria
Dreamland Gran Canaria | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB |
Alcume | Granca |
Fundación | 1963 |
Historia | Colegio Claret (1963–1985) Claret Gran Canaria (1985–1988) |
Cores | Amarelo e azul |
Presidente | Enrique Moreno |
Adestrador | Jaka Lakovič |
Localización | |
Cidade | As Palmas, España |
Pavillón | Gran Canaria Arena |
Capacidade | 11 500 |
Inauguración | 15 de marzo de 2014 |
Campionatos | |
Supercopa | 1 (2016) |
cbgrancanaria.net |
O Club Baloncesto Gran Canaria - Claret, S.A.D., coñecido tamén coma Dreamland Gran Canaria por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto español con sede na cidade das Palmas de Gran Canaria, nas Illas Canarias. Fundado en 1963 co nome de Colegio Claret, actualmente xoga na Liga ACB. Desde 2014, tras deixar o Centro Insular de Deportes, o equipo disputa os seus partidos como local no Gran Canaria Arena, recinto con capacidade para acoller 11 500 espectadores.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O actual CB Gran Canaria naceu no ano 1963 dentro do Colexio Claret, e durante moitos anos xogou co nome de dita entidade. Tralos bos resultados nas competicións escolares, decidiu federar ao equipo, que pasou a integrarse na Segunda División. Até o ano 1984, p seu primeiro equipo militaría nesa categoría, e é ese mesmo ano cando se decide a confeccionar uns estatutos propios para ter personalidade xurídica independente. Ditos estatutos son aprobados o 22 de maio de 1985 polo que o equipo pasa a denominarse Claret Club de Baloncesto.
Na temporada 1984−85 acada o ascenso á Liga ACB, baixo a denominación de Claret Bofill e xogando os seus partidos no Pavillón Municipal de Tamaraceite debuta na máxima categoría, que non pode conservar, baixando de novo á Primeira División B. Ascende de novo á Liga ACB na temporada 1987−88, pasando na temporada seguinte a denominarse C.B. Gran Canaria nun intento de reivindicar ao Club como expoñente de onde asenta á súa masa social. No seu regreso á ACB, estrea novo pavillón en setembro de 1988, o Centro Insular de Deportes. Tras dúas temporadas na ACB, descendeu novamente á Primeira División B para recuperar de novo a súa praza na máxima categoría na temporada 1991−92.
Por esixencias do Consello Superior de Deportes faise de obrigado cumprimento a transformación do club en Sociedade Anónima Deportiva, a cal se constitúe o 30 de xuño de 1992 logo dun apoio incondicional por parte das institucións locais (Cabido de Gran Canaria, Concello,...) e o accionariado privado. Logo de varias temporadas na categoría de prata do baloncesto español (Primeira División e Liga EBA), na temporada 1994-95, o actual Gran Canaria lograba o campionato da Liga EBA e o ascenso automático por cuarta vez á Liga ACB. Dende aquela militou na máxima categoría do baloncesto español de xeito ininterrompido.
A temporada 2006−07 supuxo a duodécima participación consecutiva na Liga ACB. Foi a temporada onde obtivo o maior número de vitorias (23) e na que se conseguiu permanecer imbatido en toda a segunda volta da fase regular da ACB, no Centro Insular de Deportes. O Gran Canaria participou por sexto ano nos play-off (quinto ano consecutivo), na fase final da Copa do Rei (quinta temporada e terceira consecutiva) e un ano máis (o terceiro) na competición europea, a Copa da ULEB. Na temporada 2007−08 non se conseguen os obxectivos iniciais, quedando fora da fase final da Copa do Rei e dos play-off finais, obtendo un noveno posto que permite ao club participar na Copa da ULEB, na súa actual denominación de Eurocup.
Na temporada 2008−09 o equipo logrou ser líder durante unha xornada logo de vencer ao Unicaja Málaga no Centro Insular de Deportes, finalizando unha grande primeira volta na que se conseguen 10 vitorias, o equipo clasifícase para disputar a Copa do Rei disputada no Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid, onde cae en cuartos de final ante o Unicaja Málaga. Durante a segunda volta lógranse outras 10 vitorias que clasifican ao equipo para os play-off polo título. O seu rival en cuartos de final foi o seu verdugo na Copa o Unicaja de Málaga. No primeiro partido en Málaga houbo vitoria 90-96, mais o Unicaja remontou gañando no CID e o terceiro e último partido en Málaga, o que supuxo a eliminación. Esta será lembrada pola consecución de 12 vitorias consecutivas como local, sendo o mellor rexistro do equipo na ACB, e igualando con 7 vitorias consecutivas a marca acadada na temporada 2005-06. O sexto posto final permítelle xogar unha vez máis en competición europea.
En [[[2014]] o equipo estrea un novo pavillón, o Gran Canaria Arena, o cal conta con capacidade para 11 500 espectadores. Entre o ano de inauguración do pavillón e 2018 o equipo consegue particpar de forma consecutiva en catro EuroCups, sendo finalista da edición de 2015, onde perderon na final por 66–91 e 83–64 ante o Khimki ruso. En 2018 o equipo chega as semifinais da ACB e consegue a súa participación na Euroliga 2018-19. Porén, o equipo acaba cun rexistro de 8−22, moi lonxe de clasficarse aos play-offs.
Patrocinios
[editar | editar a fonte]Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia.
- Canarias Telecom (1999–2002)
- Auna Gran Canaria (2002–2004)
- Gran Canaria Grupo Dunas (2006–2007)
- Kalise Gran Canaria (2007–2009)
- Gran Canaria 2014 (2009–2012)
- Herbalife Gran Canaria (2012–2021)
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Gran Canaria 2022−2023 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Dorsais retirados
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados polo Gran Canaria | ||||
N° | Xogador | Posición | Etapa | |
---|---|---|---|---|
20 | Jim Moran | Ala | 2001–2011 |
Destacados
[editar | editar a fonte]- Pepón Artiles
- David Brabender
- Mario Fernández
- Xavi Fernández
- Berni Hernández
- Roberto Íñiguez
- Gonzalo Martínez
- Joan Pera
- Berdi Pérez
- Xavi Rabaseda
- Sitapha Savané
- Fran Vázquez
- Víctor Baldo
- Jorge Racca
- Brad Newley
- Jean Marc Jaumin
- Walter Tavares
- Carl English
- James Augustine
- Albert Burditt
- Jaycee Carroll
- Brian Clifford
- Bud Eley
- Marcus Goree
- Bernard Hopkins
- Jimmie Hunter
- Hutch Jones
- Billy Keys
- Warren Kidd
- Jason Klein
- Jay Larrañaga
- Larry Lewis
- Bo McCalebb
- Will McDonald
- Kenny Miller
- Jim Moran
- John Morton
- Marcus Norris
- Tom Scheffler
- Greg Stewart
- Ime Udoka
- Jackson Vroman
- Shaun Vandiver
- Rex Walters
- Harper Williams
- Kennedy Winston
- Nik Caner-Medley
- CJ Wallace
- Ioannis Bourousis
- Kornél Dávid
- Vincenzo Esposito
- Pat Burke
- Gal Mekel
- Anžejs Pasečņiks
- Kirk Penney
- Joel Freeland
Adestradores
[editar | editar a fonte]A seguinte é unha lista dos adestradores do Gran Canaria desde 1985.
- Joaquín Costa (1985–1990)
- Manolo Hussein (1990–1992)
- Trifón Poch (1992–1994)
- Roberto Orellana (1994–1995)
- Manolo Hussein (1995–2002)
- Pedro Martínez (2002–2005)
- Salva Maldonado (2005–2009)
- Pedro Martínez (2009–2014)
- Aíto García Reneses (2014–2016)
- Luis Casimiro (2016–2018)
- Salva Maldonado (2018)
- Víctor García (2018−2019)
- Pedro Martínez (2019)
- Fotios Katsikaris (2019–2020)
- Porfirio Fisac (2020–2022)
- Jaka Lakovič (2020–2022)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campións (1): 2016
- Subcampións (2): 2017
Historial
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1962–63 | 3 | 2ª División | 7º | |||||||
1963–64 | 3 | 2ª División | 9º | |||||||
1964–65 | 3 | 2ª División | 7º | |||||||
1965–66 | 3 | 2ª División | 8º | |||||||
1966–67 | 3 | 2ª División | 10º | |||||||
1967–68 | 3 | 2ª División | 7º | |||||||
1968–69 | 3 | 2ª División | 8º | |||||||
1969–70 | 3 | 2ª División | 5º | |||||||
1970–71 | 3 | 2ª División | 10º | |||||||
1971–72 | 3 | 2ª División | 3º | |||||||
1972–73 | 3 | 2ª División | 3º | |||||||
1973–74 | 3 | 2ª División | 5º | |||||||
1974–75 | 3 | 2ª División | 7º | |||||||
1975–76 | 3 | 2ª División | 7º | |||||||
1976–77 | 3 | 2ª División | 7º | |||||||
1977–78 | 3 | 2ª División | 8º | |||||||
1978–79 | 3 | 2ª División | 8º | |||||||
1979–80 | 3 | 2ª División | 6º | |||||||
1980–81 | 3 | 2ª División | 10º | |||||||
1981–82 | 3 | 2ª División | 10º | |||||||
1982–83 | 3 | 2ª División | 7º | |||||||
1983–84 | 3 | 2ª División | 2º | |||||||
1984–85 | 2 | 1ª División B | 2º | 19–7 | ||||||
1985–86 | 1 | ACB | 15º | 8–23 | ||||||
1986–87 | 2 | 1ª División B | 3º | 22–12 | ||||||
1987–88 | 2 | 1ª División B | 3º | 31–16 | ||||||
1988–89 | 1 | ACB | 18º | 20–19 | Oitavos de final | |||||
1989–90 | 1 | ACB | 23º | 15–29 | Primeira rolda | |||||
1990–91 | 2 | 1ª División | 1º | 31–11 | ||||||
1991–92 | 1 | ACB | 23º | 14–30 | Primeira rolda | |||||
1992–93 | 2 | 1ª División | 9º | 20–18 | ||||||
1993–94 | 2 | 1ª División | 5º | 21–14 | ||||||
1994–95 | 2 | Liga EBA | 2º | 29–10 | ||||||
1995–96 | 1 | ACB | 14º | 16–22 | ||||||
1996–97 | 1 | ACB | 12º | 17–17 | ||||||
1997–98 | 1 | ACB | 10º | 15–19 | ||||||
1998–99 | 1 | ACB | 14º | 13–21 | ||||||
1999–00 | 1 | ACB | 7º | 19–18 | Cuartos de final | |||||
2000–01 | 1 | ACB | 13º | 12–22 | 3 Copa Korać | DF | 1–1 | |||
2001–02 | 1 | ACB | 16º | 10–24 | ||||||
2002–03 | 1 | ACB | 5º | 21–16 | Cuartos de final | |||||
2003–04 | 1 | ACB | 7º | 18–20 | 2 ULEB Cup | OF | 8–4 | |||
2004–05 | 1 | ACB | 8º | 20–18 | Cuartos de final | 2 ULEB Cup | FG | 6–4 | ||
2005–06 | 1 | ACB | 5º | 20–17 | Cuartos de final | 3 FIBA Eurocup | FG | 3–3 | ||
2006–07 | 1 | ACB | 6º | 22–16 | Cuartos de final | 2 ULEB Cup | OF | 5–7 | ||
2007–08 | 1 | ACB | 9º | 16–18 | 2 ULEB Cup | OF | 10–4 | |||
2008–09 | 1 | ACB | 6º | 21–14 | Cuartos de final | 2 EuroCup | FG | 4–4 | ||
2009–10 | 1 | ACB | 8º | 17–19 | Supercopa | SF | 2 EuroCup | CF | 9–5 | |
2010–11 | 1 | ACB | 6º | 21–15 | Cuartos de final | 2 EuroCup | OF | 8–6 | ||
2011–12 | 1 | ACB | 14º | 13–21 | 2 EuroCup | FG | 4–2 | |||
2012–13 | 1 | ACB | 4º | 21–19 | Semifinais | |||||
2013–14 | 1 | ACB | 5º | 23–14 | Cuartos de final | |||||
2014–15 | 1 | ACB | 8º | 18–18 | Cuartos de final | 2 Eurocup | 2º | 21–3 | ||
2015–16 | 1 | ACB | 5º | 22–15 | Subcampión | Supercopa | SF | 2 Eurocup | SF | 16–6 |
2016–17 | 1 | ACB | 7º | 22–13 | Cuartos de final | Supercopa | 1º | 2 EuroCup | CF | 11–5 |
2017–18 | 1 | ACB | 4º | 22–18 | Semifinais | Supercopa | 2º | 2 EuroCup | CF | 9–9 |
2018–19 | 1 | ACB | 12º | 14–20 | 1 Euroliga | FR | 8–22 | |||
2019–20 | 1 | ACB | 11º | 13–14 | ||||||
2020–21 | 1 | ACB | 8º | 18–20 | 2 EuroCup | SF | 14–7 | |||
2021–22 | 1 | ACB | 8º | 17–19 | 2 EuroCup | CF | 13–7 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gran Canaria Arena". typsa.com (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2021.