Bad Moon Rising
Bad Moon Rising | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Sonic Youth | ||||
Publicado | marzo de 1985 | |||
Gravación | setembro - decembro de 1984 | |||
Duración | 37:33 | |||
Xénero(s) | No Wave, noise rock | |||
Selo(s) | Homestead Records | |||
Produtor | Sonic Youth, Martin Bisi, John Erskine | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Bad Moon Rising é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, o primeiro que editaron a través do selo Homestead Records en marzo de 1985.
En certo modo pode considerarse un álbum conceptual, falando sobre o lado escuro dos Estados Unidos, moitas veces usando o concepto da demencia, tema recorrente nos primeiros anos de Sonic Youth. Inclúe referencias á obsesión e á demencia, a Charles Manson, ao heavy metal, o satanismo e aos encontros dos primeiros colonos europeos cos nativos americanos.
Publicado con moi boas recensións da prensa musical independente, Bad Moon Rising foi o primeiro traballo da banda en combinar meterial experimental con pezas transicionais e segues.[1] O álbum estivo precedido do sinxelo "Death Valley '69", que non entrou nas listas dos Estados Unidos e o Reino Unido (o tema foi despois regravado para o álbum e publicado novamente como sinxelo no mes de xuño). O nome do disco procede da canción "Bad Moon Rising" de Creedence Clearwater Revival.[2]
Unha edición remasterizada en vinilo de 180 gramos foi editada o día 15 de febreiro do 2011[3].
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Cara A | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras/voces | Duración | ||||||
1. | "Intro" | Instrumental | 1:10 | ||||||
2. | "Brave Men Run (In My Family)" | Gordon | 3:37 | ||||||
3. | "Society Is a Hole" | Moore | 5:57 | ||||||
4. | "I Love Her All the Time" | Moore | 7:27 |
Cara B | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras/voces | Duración | ||||||
1. | "Ghost Bitch" | Gordon | 5:20 | ||||||
2. | "I'm Insane" | Moore | 4:07 | ||||||
3. | "Justice Is Might" | Moore | 4:21 | ||||||
4. | "Death Valley '69" (con Lydia Lunch) | Lunch e Moore | 5:10 |
Cancións extra do CD | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
9. | "Satan Is Boring" | 5:06 | |||||||
10. | "Flower" | 3:36 | |||||||
11. | "Halloween" | 5:00 | |||||||
12. | "Echo Canyon" | 1:08 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Azerrad, Michael,. Our band could be your life : scenes from the American indie underground 1981-1991 (First Back Bay paperback edition ed.). Boston. ISBN 0-316-78753-1. OCLC 50483014.
- ↑ "Sonic Youth: Our 1985 Interview". Spin. 2019-07-21. Consultado o 2020-08-24.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 16 de febreiro de 2011.