Ciccone Youth
Ciccone Youth | |
---|---|
Orixe | Estados Unidos, |
Xénero(s) | rock experimental |
Selo(s) discográfico(s) | New Alliance Records, Blast First Records, Capitol Records |
Membros | Steve Shelley Kim Gordon Lee Ranaldo Thurston Moore Mike Watt |
Na rede | |
Ciccone Youth é unha banda experimental formada en 1986 como un proxecto paralelo dos membros de Sonic Youth Steve Shelley, Kim Gordon, Lee Ranaldo e Thurston Moore, xunto co membro de Minutemen e fIREHOSE Mike Watt. O seu nome é un xogo entre os nomes "Sonic Youth" e "Ciccone", o apelido orixinal de Madonna.
Historia
[editar | editar a fonte]Aínda que nunca tocaron en vivo, lanzaron dúas gravacións. A primeira delas, realizada a través do selo New Alliance Records en 1986, consistiu en tres cancións: "Into the Groove(y)" (unha versión do tema de Madonna "Into the Groove"), "Tuff Titty Rap"" (ambas interpretadas polos membros de Sonic Youth) e "Burnin' Up" como cara-B, interpretada por Mike Watt con guitarras adicionais de Greg Ginn, líder de Black Flag.
A súa segunda gravación foi o álbum de estudio The Whitey Album, editado polo selo Blast First Records e pola Capitol Records en 1988, incorporando as tres cancións lanzadas anteriormente. Rumoreouse que contiña versións dos Beatles, pero realmente só versionan tres temas: "Addicted to Love" de Robert Palmer (gravada nunha cabina de karaoke), e "Burnin' Up" e "Into the Groove" de Madonna. O disco é unha especie de álbum conceptual irónico sobre a cultura musical, que vai do pop (coas versións de Madonna e Robert Plamer) á música contemporánea erudita (con referencias á comosición 4:22 de John Cage, a través do tema "(Silence)"), pasando polas influencias experimentais de Sonic Youth, especialmente ás do Krautrock alemán.
O álbum de Sonic Youth Sister, lanzado en 1987, tamén contén material fortemente influenciado por Ciccone Youth. Un exemplo disto é "Master-Dik", na cal Thurston Moore menciona repetidas veces a Ciccone Youth.