Saltar ao contido

Sister

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sister
Álbum de Sonic Youth
Publicadoxuño de 1987
Gravación1987
Estudio(s)Sear Sound, Nova York
Duración42:49
Xénero(s)rock alternativo, noise pop, art rock
Selo(s)SST (edición orixinal)
DGC (reedición de 1994)
ProdutorSonic Youth
Cronoloxía
EVOL Sister Master-Dik
Na rede
Spotify: 0apKBDnFXYmhlMYfXt5zCB Discogs: 9827 Allmusic: mw0000650795 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sister é un álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado en xuño de 1987 polo selo SST Records. Foi reeditado no ano 1994 a través do selo DGC.

Neste álbum, recibido con boas críticas en todo o mundo, a banda móvese do noise rock cara a estruturas de pop máis tradicionais, aínda que manteñen unha aproximación experimental agresiva. En certa medida é un álbum conceptual (ao igual que o seu sucesor Daydream Nation), e está en parte inspirado na vida e traballos do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick (a "sister" do título era a irmá xemelga de Dick, que morreu pouco despois do seu nacemento, cuxa memoria atormentouno toda a súa vida). A banda adoita a interpretar ao vivo temas como "Schizophrenia", "White Cross" e "Kotton Krown".

Pitchfork Media colocou a Sister no número 14 na súa lista dos mellores álbums dos anos 80[1]. NME colocouno no 80 entre os mellores álbums de todos os tempos, e no 37 entre os 50 mellores álbums do 80. En xullo de 1995 a revista Alternative votou a Sister coma terceiro mellor álbum editado entre 1985 e 1995.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Sonic Youth (Lee Ranaldo, Kim Gordon, Thurston Moore, Steve Shelley), agás "Hot Wire My Heart" por Johnny Strike.. 

N.º TítuloLetras/voces Duración
1. "Schizophrenia"  Gordon, Moore 4:38
2. "(I Got A) Catholic Block"  Moore 3:26
3. "Beauty Lies in the Eye"  Gordon 2:20
4. "Stereo Sanctity"  Moore 3:50
5. "Pipeline/Kill Time"  Ranaldo 4:35
6. "Tuff Gnarl"  Moore 3:15
7. "Pacific Coast Highway"  Gordon 4:18
8. "Hot Wire My Heart" (versión de Crime)Moore, Gordon, Ranaldo 3:23
9. "Kotton Krown"  Gordon, Moore 5:08
10. "White Kross"  Moore 2:59
Canción extra do CD
N.º Título Duración
11. "Master=Dik"   5:10
  1. "Pitchfork Media - 100 mellores álbums dos 80". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2012. Consultado o 18 de novembro de 2011.