Barbara Hendricks
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de novembro de 1948 (76 anos) Stephens, Estados Unidos de América (pt) |
Residencia | Arcansas |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Universidade de Nebraska-Lincoln Escola Juilliard |
Actividade | |
Ocupación | actriz, cantante de ópera |
Período de actividade | 1974 - |
Empregador | ONU |
Xénero artístico | Jazz, ópera e Swing |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | Ulf Englund (2003–) Martin Engstroem (1977–1998), divorcio |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, Notable Black American Women, (vol:3) |
Sitio web | barbarahendricks.com |
|
Barbara Hendricks, nada en Stephens (Arcansas) o 20 de novembro de 1948 é unha soprano e cantante de concertos estadounidense. Hendricks vive en Europa dende 1977 e en Basilea (Suíza) dende 1985. É cidadá sueca tralo seu matrimonio cun cidadán dese país.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e educación
[editar | editar a fonte]Hendricks naceu en Stephens, unha pequena aldea do condado de Ouachita, en Arcansas. Segundo crecía, cantaba e tomaba leccións de voz e adoitaba recibir peticións para cantar sós.[2] Graduouse na Universidade de Nebrasca - Lincoln cun grao en matemáticas e química aos vinte anos. Asistiu ao Aspen Music Festival and School[2] e despois á escola Juilliard de música en Nova York, onde estudou coa mezzo-soprano Jennie Tourel e participou en clases maxistrais da soprano Maria Callas. Graduouse cun grao en música.
Carreira musical
[editar | editar a fonte]En 1974, Hendricks debutou profesionalmente en Europa no Festival Glyndebourne e nos Estados Unidos na ópera de San Francisco. Durante a súa carreira, apareceu nas principais óperas do mundo, incluídas a Opéra National de Paris, a Metropolitan Opera, a Royal Opera House, o Covent Garden, e La Scala. En 1998 interpretou a Liù na histórica interpretación de Turandot na Cidade Prohibida de Pequín. Hendricks interpretou máis de vinte papeis, doce dos cales foron gravados.
Hendricks apareceu no papel de Mimì en La bohème,[3] e en 1995 cantou o papel de Anne Truelove no filme sueco Rucklarens väg, adaptación da ópera de Stravinsky The Rake's Progress.[4] En 2007, apareceu no filme Disengagement de Amos Gitai protagonizado por Juliette Binoche.[5] Tamén gravou Das Lied von der Erde, de Mahler, tema principal do filme.
Hendricks tamén interpreta música de jazz e debutou no Montreux Jazz Festival en 1994. Dende esa época, actuou nos principais festivais de jazz do mundo. Hendricks tamén é coñecida polo seu interese na música de cámara e organizou numerosos festivais deste tipo de música.
En 2004, no Théâtre du Châtelet de París, creou a personaxe de Angel na estrea mundial da ópera de Péter Eötvös Angels in America, baseada na obra de Tony Kushner.
En xaneiro de 2006, abandonou EMI, e creou o novo selo Arte Verum para a que grava en exclusiva.
En 2018, Hendricks cantou "La Marseillaise" co coro do exército francés na cerimonia de enterramento de Simone Veil no Panteón.
Obra humanitaria
[editar | editar a fonte]Dende 2000, Hendricks é membro do consello da Foundation for the Refugee Education Trust (RET). A RET está dedicada á educación posterior á primaria dos mozos refuxiados en todo o mundo.
En 1991 e 1993 Hendricks deu dous concertos nas cidades de Dubrovnik e Saraxevo na antiga Iugoslavia. Actuou en Saraxevo co coro da ópera da cidade e o músico de jazz Sinan Alimanović. En 1998 fundou a Fundación Barbara Hendricks para a Paz e a Reconciliación, que procura facilitar a reconciliación nos lugares onde ocorreron conflitos.
En 2001 actuou na cerimonia de entrega dos premios Nobel en Oslo convidada polo Nobel da Paz Kofi Annan. En maio de 2002, actuou na cerimonia do día da independencia de Timor Leste.
Premios
[editar | editar a fonte]En 1986, Hendricks foi nomeada comandante da Ordre des Arts et des Lettres; en 1992 recibiu o rango de cabaleira da Légion d'honneur.[1] En 2000, foille outorgado o Premio Príncipe de Asturias das Artes.[6] En 2001, Hendricks recibiu o premio do Lions Clubs International polo traballo na súa fundación. En 2015 recibiu o título de doutora honoris causa en Belas Artes pola Universidade de Nebraska-Lincoln.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Biography". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 21 de maio de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Olson, Elizabeth (24 de marzo de 1998). "Arts Abroad; Living 'Normally,' for Opera, Refugees and 2 Children". The New York Times. ISSN 0362-4331.
- ↑
- ↑
- Rucklarens väg na IMDb (en inglés).
- ↑
- Disengagement na IMDb (en inglés).
- ↑ "Acta do Xurado". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 13 de xullo de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barbara Hendricks |