Beatriz de Évreux
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de outubro de 1386 Reino de Castela |
Morte | 14 de decembro de 1407 (21 anos) Olite, España |
Causa da morte | trastorno puerperal |
Outro | |
Título | Condesa |
Familia | Casa de Évreux |
Cónxuxe | Jaime II de Bourbon, conde de La Marche (1406 (Gregoriano)–) |
Fillos | Leonor de La Marche |
Pais | Carlos III de Navarra e Lionor de Trastámara |
Irmáns | Xoana de Navarra e Castela Branca I de Navarra Sabela de Navarra |
Beatriz de Évreux, tamén coñecida como Beatriz de Navarra, nada contra 1386,[1] e finada no Palacio Real de Olite o 14 de decembro de 1407, foi unha infanta navarra.
Era filla de Carlos III o Nobre, rei de Navarra e da infanta castelá Lionor de Trastámara.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]Beatriz era membro da Casa de Évreux. Era a cuarta dos fillos do rei de Navarra, conde de Évreux e duque de Nemours, Carlos III de Navarra, chamado o Nobre, e de Lionor Enríquez, ou de Trastámara.[2][3][4]
En decembro de 1402, despois da morte en Olite dos seus dous irmáns varóns, Carlos e Lois, falecidos aos cinco anos e antes de cumprir un ano, respectivamente,[5] Beatriz foi declarada oficialmente a terceira na liña de sucesión ao trono de Navarra,[2] detrás da súa irmá, Xoana, a herdeira, e da súa outra irmá, Branca, segunda na liña sucesoria (que finalmente foi a que sucedeu ao seu pai.[2]
Matrimino e descendencia
[editar | editar a fonte]En 1406 Beatriz casou con Xaime II de Borbón, ou Xaime II de La Marche, conde de La Marche e de Castres (1370-1438), fillo de Xoán I, conde de La Marche e Catarina de Vendôme.[6]
O contrato matrimonial foi asinado o 15 de agosto de 1405,[2] e a voda celebouse na catedral de Pamplona o 14 de setembro de 1406.[2][3]
Deste matrimonio naceron tres fillos:[7]
- Lionor (Burlada, 7 de setembro de 1407 - 1464), que foi condesa de La Marche e de Castres, e que foi duquesa consorte de Nemours cando casou con Bernardo VIII de Armañac, conte de Pardiac.
- Isabel (1408 - 1446), monxa en Besançon.
- María (1410 - 1445), monxa en Amiens.
Morte
[editar | editar a fonte]Beatriz faleceu no Palacio Real de Olite, (Navarra), segundo algunhas fontes, en 1410,[2] posibelmente a causa do parto da súa filla María. Outras fontes din que faleceu no ano 1415.
O seu marido Xaime, viúvo, casou en segundas nupcias, o 15 de agosto de 1415, coa raíña de Nápoles, Xoana II,[6] e chegou a ser príncipe de Taranto.[8]
Antepasados de Beatriz de Évreux
[editar | editar a fonte]16. Lois de Évreux | ||||||||||||||||
8. Filipe III de Navarra | ||||||||||||||||
17. Margarida de Artois | ||||||||||||||||
4. Carlos II de Navarra | ||||||||||||||||
18. Lois X de Francia | ||||||||||||||||
9. Xoán II de Navarra | ||||||||||||||||
19. Margarida de Borgoña | ||||||||||||||||
2. Carlos III de Navarra | ||||||||||||||||
20. Filipe VI de Francia | ||||||||||||||||
10. Xoán II de Francia | ||||||||||||||||
21. Xoana de Borgoña | ||||||||||||||||
5. Xoana de Valois | ||||||||||||||||
22. Xoán I de Bohemia | ||||||||||||||||
11. Bona de Bohemia | ||||||||||||||||
23. Isabel I de Bohemia | ||||||||||||||||
1. Beatriz de Évreux, ou de Navarra | ||||||||||||||||
24. Fernando IV de Castela | ||||||||||||||||
12. Afonso XI de Castela | ||||||||||||||||
25. Costanza de Portugal | ||||||||||||||||
6. Henrique II de Castela | ||||||||||||||||
26. Pedro Núñez de Guzmán | ||||||||||||||||
13. Lionor de Guzmán | ||||||||||||||||
27. Beatriz Ponce de León | ||||||||||||||||
3. Lionor de Trastámara | ||||||||||||||||
28. Manuel de Castela | ||||||||||||||||
14. Juan Manuel | ||||||||||||||||
29. Beatriz de Savoia | ||||||||||||||||
7. Xoana Manuel de Castela | ||||||||||||||||
30. Fernando de la Cerda | ||||||||||||||||
15. Branca de la Cerda e Lara | ||||||||||||||||
31. Xoana Núñez de Lara | ||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Outras fontes indican que naceu en 1392, pero isto é moi pouco probábel, porque a súa nai, Lionor de Trastámara, viviu desde 1390 a 1395, no Reino de Castela, lonxe do seu marido, rei de Navarra.
- ↑ 3,0 3,1 Capetos de Navarra - genealogy Arquivado 04 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ Carlos III de Navarra - genealogie Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en mittelalter (en alemán).
- ↑ Agapito y Revilla 1922, p. 177.
- ↑ 6,0 6,1 Beatrix de Navarre en Histoire généalogique et chronologique de la maison royale de France.
- ↑ Nobreza de Maine en Medieval Lands (en inglés).
- ↑ Capetos de Maine - genealogy (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Agapito y Revilla, Juan (1922). "Casamiento de D.ª Juana hija natural de D. Carlos III" (PDF). Boletín de la Real Academina de la Historia: 389–414. OCLC 1460620. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de outubro de 2016. Consultado o 18 de outubro de 2017.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Beatrix de Navarre en Histoire généalogique et chronologique de la maison royale de France. En BnF Gallica (en francés).