Saltar ao contido

Margarida común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bellis perennis»)
Margarida común

Vista xeral da plantiña.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Astereae
Xénero: Bellis
Especie: B. perennis
Nome binomial
Bellis perennis
L., 1753

A margarida común ou margarida europea[1] (Bellis perennis), é unha planta herbácea do xénero das margaridas Bellis, na familia das asteráceas, propia dos pastos de Europa, mais espallada por todo o mundo, moi utilizada mesturada co céspede, pola súa resistencia á sega.

Capítulo, vista cenital.
Bellis perennis en Johann Georg Sturm, Deutschlands Flora, 1796

Descrición

[editar | editar a fonte]

Planta herbácea perenne, ocasionalmente con pequenos rizomas, glabrescentes ou laxamente pubescentes e follas obovado-espatuladas, crenadas ou dentada-arredondadas de 10-60 por 4–20 mm. Escapos sen follas de até 20 cm de altura. As brácteas involucrais teñen pelos pluricelulares máis ou menos abundantes no dorso. As flores hemiliguladas de 5,5-8,5 mm, superan o involucro en 2–5 mm, e teñen un tubo de 0,3-0,8 mm; son brancas, ás veces tinguidas de púrpura; os flósculos, amarelos, teñen 1,5–2 mm. O froito é un aquenio de 1-1,5 por 0,5–1 mm, obovoideo, comprimido, algo peludo, co bordo periférico engrosado; papo ausente.[2]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Nativa de Europa e do Norte de África até Asia Central. Introducida no resto do mundo.[3]
Medra en prados frescos. Florea e frutifica de outubro a xuño.

Composición química

[editar | editar a fonte]

Os capítulos florais conteñen taninos (que son derivados poliacetilénicos), saponócitos, aceites esenciais,[4] ácidos orgánicos e saponinas.[5][6] Ademais, contén antoxantina, responsábel da cor amarela.

Medicinais

[editar | editar a fonte]

Propiedades

[editar | editar a fonte]

As partes utilizadas son as follas, raíces e flores, aínda que as raíces son as que se usan con menos frecuencia.

É unha popular menciña contra moitas doenzas e ten unha gran variedade de formas de aplicación. É a herba tradicionalmente utilizada contra as feridas, ampolas, queimaduras e para diminuír inflamacións. As raíces utílizanse no tratamento do escorbuto e eccemas dérmicos. Non se ten descrito toxicidade ningunha para esta especie.

Culinarios

[editar | editar a fonte]

É comestíbel; téñense consumido as follas en ensaladas, habitualmente mesturada con mexacán (Taraxacum officinale) e fiúncho (Foeniculum vulgare).

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Bellis perennis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2, p. 886 en 1753.[8]

Etimoloxía
  • Bellis: do latín bellis, -idis, xa empregado na antigüidade por Plinio o Vello (26, 26) co mesmo sentido ("Bellis in pratis nascitur, flore albo, aliquatenus rubente" -A margarida que medra nos prados, con flor branca tintada de vermello.[9]).
  • perennis: epíteto latino derivado de per e annuus, "que dura todo o ano".[10]
Táxones infra-específicos

Todos os descritos, unha vintena, son meros sinónimos da especie ou doutras especies de Bellis.

Sinonimia
  • Aster bellis E.H.L.Krause
  • Bellis alpina Hegetschw.
  • Bellis armena Boiss.
  • Bellis croatica Gand.
  • Bellis hortensis Mill.
  • Bellis hybrida Ten.
  • Bellis integrifolia DC.
  • Bellis margaritifolia Huter
  • Bellis minor Garsault nom. inval.
  • Bellis perennis var. caulescens Rochebr.
  • Bellis perennis f. discoidea D.C.McClint.
  • Bellis perennis var. fagetorum Lac.
  • Bellis perennis var. hybrida (Ten.) Fiori
  • Bellis perennis subsp. hybrida (Ten.) Nyman
  • Bellis perennis var. margaritifolia (Huter) Fiori
  • Bellis perennis var. microcephala Boiss.
  • Bellis perennis f. plena Sacc.
  • Bellis perennis f. pumila (Arv.-Touv. & Dupuy) Rouy
  • Bellis perennis var. pusilla N.Terracc.
  • Bellis perennis f. rhodoglossa Sacc.
  • Bellis perennis var. strobliana Bég.
  • Bellis perennis var. subcaulescens Martrin-Donos
  • Bellis perennis var. tubulosa F.J.Schultz
  • Bellis perennis f. tubulosa A.Kern.
  • Bellis pumila Arv.-Touv. & Dupuy
  • Bellis pusilla (N.Terracc.) Pignatti
  • Bellis scaposa Gilib. nom. inval.
  • Bellis validula Gand.
  • Erigeron perennis (L.) Sessé & Moc.[11]|divcolend

Galego: margarida, margarida común, margarida europea, bonina, belorita, bilorita, ben me quer, parramina, ponmerendas, primachorro[12].

  1. Nomes comúns da especie en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012 e Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. Bellis perennis en Flora vascular de Andalucía occidental
  3. "Bellis perennis en USDA-GRIN Taxonomy for Plants". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 28 de abril de 2014. 
  4. Antimicrobial activity of polyacetylenes from Bellis perennis and their synthetic derivatives.
  5. Perennisosides I-VII, Acylated Triterpene Saponins with Antihyperlipidemic Activities from the Flowers of Bellis perennis
  6. Bayogenin and asterogenic acid glycosides from Bellis perennis.
  7. 7,0 7,1 Seasonal changes in the hemolytic effects of the head of Bellis perennis L.
  8. "Margarida común". Tropicos.org. Jardín Botánico de Missouri. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  9. Univ. Chicago - B. Thayer, Pliny the Elder: the Natural History, Liber XXVI
  10. F. Gaffiot. Dictionnaire Latin-Français, Hachette, Paris, 1934, p. 212.
  11. Margarida común en PlantList
  12. Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, E. Losada, J. Castro e E. Niño, Xunta de Galicia, 1992

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]