Saltar ao contido

Benny Benassi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benny Benassi
Benny Benassi en sesión.
OrixeMilán, Italia
Período1980s –Hoxe en día
Xénero(s)House, Dance, Electro, Techno
Selo(s) discográfico(s)Energy Prod. - D:Vision
Airplay Records
Ministry of Sound
Ultra Records
MembrosMarco Benassi
Na rede
www.bennybenassi.com
IMDB: nm4556203 Facebook: bennybenassi Twitter: bennybenassi Instagram: bennybenassi MySpace: benassi Youtube: UCF9HXQSk5tWJIgFrnKw4dVA TikTok: bennybenassitv BNE: XX4610299 Souncloud: benny-benassi Spotify: 4Ws2otunReOa6BbwxxpCt6 iTunes: 15654100 Last fm: Benny+Benassi Musicbrainz: 674bf89f-8e70-4472-929d-6b4ed6f98c88 Songkick: 219937 Discogs: 93375 Allmusic: mn0000791609 Deezer: 724 Genius: Benny-benassi Editar o valor en Wikidata

Marco Benassi, máis coñecido como Benny Benassi, naceu en Milán o 13 de xullo de 1967. A música deste DJ italiano podería dicirse que é unha mestura de euro house e electroclash.

Benassi actualmente vive na cidade de Reggio Emilia, que está localizada a 100 km ó sur de Milán. Benny traballa co seu curmán, Alle Benassi. Ambos producen cancións baixo o nome Benassi Bros. desde a década de 1980. Os Benassi Bros. comezaron a súa carreira na súa vila natal e logo trasladáronse ó estudio de produción de Larry Pignagnoli chamado Off Limits. Os Benassi Bros. tivieron a oportunidade de colaborar con artistas coma Whigfield, J.K. e Ally & Jo.

No 2001 Benassi produciu a canción "I Feel so Fine" usando o pseudónimo KMC e incluíu a vocalista Dhany. Grazas a este sinxelo, Benassi chegou ós primeiros postos nas listas musicais mundiais. Logo deste éxito os Benassi Bros. comezaron a traballar no seu próximo proxecto: Benny Benassi presents The Biz. O dito proxecto produciu unha mestura de varios xéneros electrónicos incluíndo electro, techno e house. O primeiro sinxelo que se lanzou baixo este nome foi "Satisfaction" (single que se engadiu o álbum de Benassi titulado Hypnotica), o cal foi un éxito mundial durante o 2003 e parte do 2004. As cancións producidas por Benassi foron moi populares no Reino Unido e escoitáronse en moitas discotecas arredor do mundo. Benassi tamén fai remixes das cancións doutros artistas contemporáneos tales como DJ Tomcraft, Fischerspooner, Sonique e ata Outkast.

Recentemente Benassi creou unha discográfica chamada Pump-kin Music coa meta de conseguir novos produtores que aínda non estean contratados por outras discográficas. Benassi espera poder darlle fama a DJs e produtores que aínda non a teñan.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Hypnotica (2003), coma Benny Benassi presents The Biz
  • Pumphonia (2004), coma Benassi Bros.
  • ...Phobia (2005), coma Benassi Bros.
  • Best Of (2005), coma Benassi Bros.
  • Who's Your Daddy? (2006), coma Benny Benassi
  • Re-Sfaction 2 (2006), coma Benny Benassi
  • "Somebody To Touch Me" (1995), coma KMC (con Dhany, Davide Riva e Larry Pignagnoli)
  • "Street Life" (1996), coma KMC (con Dhany, Davide Riva e Larry Pignagnoli)
  • "Stone Fox Chase/Funky Harmonica" (1998), coma Benny B.
  • "Life Is Life" (1998), coma Benny Bee
  • "Waiting For You" (1999), coma Benny Bee (con Jennifer Bersola)
  • "I Feel So Fine" (2001), coma KMC (con Dhany, Davide Riva e Larry Pignagnoli)
  • "Get Better" (2001), coma KMC (con Sandy)
  • "Satisfaction" (2002), coma Benny Benassi presents The Biz (con Violeta e Paul French)
  • "Able To Love" (2002), coma Benny Benassi presents The Biz (con Violeta e Paul French)
  • "Don't Touch Too Much" (2002), coma Benassi Bros (con Paul French)
  • "No Matter What You Do" (2003), coma Benny Benassi presents The Biz (con Violeta e Paul French)
  • "Love Is Gonna Save Us" (2004), coma Benny Benassi presents The Biz (con Violeta e Paul French)
  • "I Love My Sex" (2003), coma Benassi Bros (con Violeta)
  • "Illusion" (2003), coma Benassi Bros (con Sandy)
  • "Rumenian", coma Benassi Bros (con Violeta)
  • "Hit My Heart" (2004), coma Benassi Bros (con Dhany)
  • "Make Me Feel" (2004), coma Benassi Bros (con Dhany)
  • "Memory Of Love" (2004), coma Benassi Bros (con Paul French)
  • "I Want You To Come" (2004), coma Bat67
  • "Stop Go" (2005), coma Benny Benassi presents The Biz (con Violeta e Paul French)
  • "Who's Knockin'" (2005), coma FB (con Ferry Corsten e Edun)
  • "Every Single Day" (2005), coma Benassi Bros (con Dhany)
  • "Rocket In The Sky" (2005), coma Benassi Bros (con Dhany)
  • "Who's Your Daddy?" (2006), coma Benny Benassi
  • "Feel Alive" (2006), coma Benassi Bros (con Sandy)

Compilacións

[editar | editar a fonte]
  • DJ Set 1 (2003), coma DJ Benny Benassi
  • Subliminal Session vol. VI (2004), coma DJ Benny Benassi
  • Gallery Session (2005), coma DJ Benny Benassi (con Tall Paul)
  • Pump-kin phase 1 (2006), coma DJ Benny Benassi

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]