Saltar ao contido

Bob Pettit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBob Pettit

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1932 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Baton Rouge, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBaton Rouge Editar o valor en Wikidata
EducaciónBaton Rouge Magnet High School (en) Traducir
Universidade Estatal de Luisiana Editar o valor en Wikidata
Altura206 cm Editar o valor en Wikidata
Peso93 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata - 1965 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Pivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porAtlanta Hawks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1951–1954 LSU Tigers men's basketball
1954–1965 Atlanta Hawks (Pivote, Ala-pivote)
Premios

Robert E. Lee "Bob" Pettit, nado o 12 de decembro de 1932 en Baton Rouge, Luisiana, é un antigo xogador de baloncesto estadounidense. Xogou once anos na NBA, todos eles en Milwaukee/St. Louis Hawks (1954-1965). Foi o primeiro xogador en conseguir o MVP da tempada. En 1971 foi incluído no Basketball Hall of Fame.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A carreira de Pettit tivo un comezo moi humilde. No instituto de Baton Rouge foi cortado do equipo de baloncesto tanto en "freshman" (estudante de primeiro ano) como en "sophomor" (de segundo ano). O seu pai, un xerife de parroquia, presionoulle para que mellorase as súas habilidades no patio traseiro da súa casa. E traballou niso, até converterse en titular en ano "junior", liderando a Baton Rouge ao seu primeiro Campionato Estatal en máis de 20 anos no seu ano "senior".

Universidade

[editar | editar a fonte]

Tras o instituto, Pettit aceptou unha bolsa para xogar na Universidade de Louisiana State. Foi en tres ocasións seleccionado no mellor quinteto da Conferencia Suroeste, e dúas veces All-American durante o seu tres anos alí. Tivo unha media de 27,8 puntos por partido naqueles anos. Tamén foi membro do Zeta Zeta Chapter de Delta Kappa Epsilon en LSU, e do Hall of Fame de Louisiana.

Petit no ano 1961.

En 1954, Milwaukee Hawks seleccionou a Pettit na primeira rolda do Draft da NBA. Os novatos, como é normal, loitan durante toda a tempada por adaptarse ao xogo, pero este non foi o caso de Bob Pettit, que tivo unha media aquel ano 20,4 puntos e 13,8 rebotes, sendo o Rookie do Ano. Tras esa tempada, os Hawks mudáronse a St. Louis. Ao ano seguinte, Pettit gañou o seu primeiro título de máximo anotador da competición cunha media de 25,7 puntos por encontro, liderando tamén a liga en rebotes con 1164, e unha media de 16,2. Tamén foi nomeado MVP do NBA All-Star Game tras anotar 20 puntos e recoller 24 rebotes. En 1958 e 1962 volveu gañar idéntico trofeo. Ademais, foi nomeado como o MVP da tempada, galardón que posteriormente recibiría unha vez máis en 1959. En 1958, Pettit, Ed Macauley e Cliff Fagan lideraron aos Hawks ás Finais da NBA, derrotando nelas a Boston Celtics de Bill Russell e converténdose en campións. Ambos os equipos tamén se atoparían nas Finais de 1957, 1960 e 1961, gañándoas todas elas os Celtics.

Pettit fixo unha media de polo menos 20 puntos por partido e polo menos 12 rebotes por partido en cada unha das súas 11 tempadas na NBA. Ningún outro xogador retirado na historia da NBA tivo unha media de máis de 20 puntos en cada unha das tempadas que estivo en activo (Michael Jordan tivo unha media de 20 puntos exactos na súa última tempada). Na 1960-61, Pettit tivo unha media de máis de 20 rebotes por partido, sendo un do cinco xogadores capaces de lograr esta proeza na historia da competición. A seguinte tempada conseguiu o seu mellor rexistro anotador con 31,1 puntos por choque. Pettit retirouse en 1965, converténdose no primeiro xogador en pasar a marca dos 20.000 puntos (20.880 por unha media de 26,4). Os seus 12.849 rebotes foron a segunda mellor marca cando se retirou, e a súa media de 16,2 a mellor terceira soamente detrás de Wilt Chamberlain e Bill Russell. En cada unha das súas tempadas, Pettit xogou o All-Star Game, sendo nomeado no mellor quinteto da liga en dez ocasións, e no segundo unha. Os seus 26 rebotes en 1958 e 27 en 1962 seguen sendo as dúas mellores marcas nun All-Star, e en canto a media de puntos está aínda na segunda posición (20,4), detrás de Oscar Robertson.

Revolucionando o "ala-pivote"

[editar | editar a fonte]

Pettit é acreditado en ocasións como o revolucionador da posición de "power-forward" (á-pivote) na NBA. Debido á súa habilidade anotadora e reboteadora, é considerado o predecesor de Elgin Baylor, Jerry Lucas, Elvin Hayes, Bob McAdoo, Kevin McHale, Charles Barkley, Karl Malone, Tim Duncan e Kevin Garnett.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]