Saltar ao contido

Moses Malone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMoses Malone

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Moses Eugene Malone Editar o valor em Wikidata
23 de marzo de 1955 Editar o valor em Wikidata
Petersburg, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de setembro de 2015 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Norfolk, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da mortedoenza cardiovascular Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVirxinia
Petersburg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónPetersburg High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura208 cm Editar o valor em Wikidata
Peso98 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista , adestrador de baloncesto Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor em Wikidata - 1995 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaNational Basketball Association e American Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Pivote Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Los Angeles Clippers
1974-1975 Utah Stars (en) Traducir
1975-1976 Spirits of St. Louis (en) Traducir
1976-1982 Houston Rockets (Pivote)
1982-1986 Philadelphia 76ers (Pivote)
1986-1988 Washington Wizards
1988-1991 Atlanta Hawks
1991-1993 Milwaukee Bucks
1994-1995 San Antonio Spurs Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Malone-6166 Find a Grave: 152237728 Editar o valor em Wikidata

Moses Eugene Malone, nado o 23 de marzo de 1955 en Petersburg e finado o 13 de setembro de 2015 en Norfolk, foi un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actuou tanto na NBA como na ABA. Malone xogou 21 tempadas na NBA. Antes de retirarse do baloncesto, foi o último participante da ABA en xogar na NBA.

Instituto e ABA[editar | editar a fonte]

Malone graduouse no instituto de Petersburg, e de alí deu directamente o salto á ABA, sendo elixido por Utah Stars en 1974, tras asinar unha carta de intención para xogar na Universidade de Maryland. Foi o primeiro xogador de baloncesto en saltar do instituto a unha liga profesional. En dúas tempadas na ABA, Malone tivo unha media de 17,2 puntos e 13,9 rebotes por partido. Xogou con Utah Stars e Spirits of St. Louis.

Carreira NBA[editar | editar a fonte]

Tras a fusión da ABA coa NBA, Malone converteuse en xogador de Buffalo Braves, tras ser seleccionado por Portland Trail Blazers no draft de dispersión da ABA pero traspasado aos Braves tras iso. Despois dun curto período alí, foi enviado a Houston Rockets. Nesta franquía causou un impacto inmediato, axudándoa a converterse nunha das máis respectadas da liga tras disputar as finais da NBA en 1981, onde perderon en seis partidos contra os Celtics de Larry Bird. Malone fora nomeado MVP da tempada en dúas ocasións anteriormente, en 1978 e en 1979.

Salvador dos 76ers[editar | editar a fonte]

Tras facer 31 puntos por partido na tempada 1981-82, foi nomeado de novo MVP. Con todo, no verán foi traspasado a Philadelphia 76ers. Alí compartiu vestiario con Julius Erving, Maurice Cheeks e Bobby Jones, entre outros, e participou no único anel gañado pola franquía, en 1983, ante Los Angeles Lakers de Magic Johnson. Dous anos antes, os 76ers perderon ante os Lakers nas finais, e como o adestrador Billy Cunningham dixo: "A diferenza a partir do ano pasado era Moses". Malone foi tamén nomeado MVP das Finais. Antes de que os playoffs de 1983 desen comezo, Malone fixo a famosa predición caracterizada pola frase "fo 'fo' fo '" ("four, four, four", é dicir catro, catro, catro), aventurando que os Sixers varrerían en todas as eliminatorias. Con todo, Milwaukee Bucks foi o único equipo que conseguiu vencerlle un partido, nas Finais de Conferencia. Hoxe en día, o 12-1 de Philadelphia 76ers naqueles playoffs segue sendo unha das marcas máis dominantes nuns playoffs (os Lakers de 2001 conseguiron un 15-1 no formato ampliado de catro roldas de playoffs).

Anos post-campión[editar | editar a fonte]

Antes de comezar a tempada 1986-87, Malone foi traspasado a Washington Bullets, non sen antes xogar unha tempada xunto co lendario Charles Barkley. Durante as dúas tempadas que Malone estivo a xogar co equipo da capital, estes chegaron aos playoffs. As dúas tempadas seguintes xogaríaas en Atlanta xunto coa estrela Dominique Wilkins e o carismático Spud Webb, nun equipo adestrado por Mike Fratello. A partir da tempada 1990-91 até o verán de 1993, Milwaukee Bucks foi o equipo de Moses Malone. Durante un curto período, volveu vestir a camiseta dos 76ers, xogando con Manute Bol na que sería unha tempada infestada de lesións, a 1993-94. En 1994 foi enviado aos Spurs de David Robinson. A 1994-95 foi a súa última tempada na NBA. Durante o último partido da súa carreira, que lle enfrontou con Charlotte Hornets, anotou un triplo na bucina desde a liña de tiros libres do campo contrario, sendo este o seu oitavo tiro de tres anotado na súa extensa carreira. Tan só xogou 17 partidos con San Antonio, todos eles en novembro e decembro de 1994.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]