Brañas de Xestoso
Tipo | Zona de especial conservación espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Forcarei, España, Silleda, España e A Estrada, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 1.082,14117 ha | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 349079 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | decembro de 2004 | |||
As brañas de Xestoso son un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) situado nos concellos de Forcarei, Silleda e A Estrada, entre os ríos Ulla, Deza e Umia. O espazo acolle a lagoa Sacra de Olives[1] e o Monte San Sebastián.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]Flora
[editar | editar a fonte]As brañas de Xestoso comprenden diversos ecosistemas. Nas matogueiras baixas dominan as ericáceas e as leguminosas higrófilas, nas herbeiras dominan as gramíneas, nas turbeiras abundan os liques e os xuncos, mentres que nas zonas de transición cara aos prados húmidos predominan as queirogas, carqueixas e pereiras. Tamén hai rochedos silíceos e carballeiras.
Fauna
[editar | editar a fonte]Entre a fauna destaca o miñato, o falcón, a aguia albela, o paporrubio, o sisón, a laverca, a cobra viperina, ademais de diversas especies de ras e sapos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A Lagoa de Xestoso, nas Brañas de Xestoso
-
Lagoa en decembro
-
Lagoa en nadal
-
A Lagoa de Xestoso
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Brañas de Xestoso". Consultado o 27 de outubro de 2017.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brañas de Xestoso |