Saltar ao contido

C1 (complemento)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O compoñente do complemento 1, complexo C1 ou C1 é un complexo proteico que forma parte do sistema do complemento. É o primeiro compoñente da vía clásica de actvación do complemento e está composto polos subcompoñentes C1q, C1r e C1s.[1][2][3]

Estrutura

[editar | editar a fonte]

O complexo C1 é de ~790 kDa e está composto por unha molécula de C1q, dúas moléculas de C1r e outras dúas de C1s, é dicir, C1qr2s2.[2][3][4]

As vías do complemento clásica e alternativa.

A activación do complexo C1 inicia a vía clásica do complemento. Isto ocorre cando C1q se une a complexos antíxeno-anticorpo. Os anticorpos IgM ou certas subclases de IgG en complexo con antíxenos poden iniciar o sistema do complemento: un só IgM pentámero pode iniciar a vía, mentres que cumprirían varias moléculas de IgM monómeras para inicialo.[3] C1q pode tamén ser activado doutros xeitos, por exemplo ao unirse a pentraxinas como a proteína C reactiva[2] ou directamente á superficie de patóxenos.[1]

Esta unión de C1q orixina cambios conformacionais na molécula de C1q, o cal activa as moléculas C1r asociadas. O C1r activo cliva as moléculas C1s, activándoas. O C1s divide o compoñente C4 e despois o compoñente C2, producindo C4a, C4b, C2a e C2b. Créase a convertase de C3 da vía clásica (complexo C4bC2b), o cal promove a clivaxe de C3.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Janeway, CA Jr; Travers P; Walport M; et al. (2001). "The complement system and innate immunity". Immunobiology: The Immune System in Health and Disease. Nova York: Garland Science. Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Abbas, Abul (2015). Cellular and molecular immunology. Philadelphia, PA: Elsevier Saunders. pp. 70–71. ISBN 978-0-323-28645-9. 
  3. 3,0 3,1 3,2 A., Owen, Judith (2013). Kuby immunology. Punt, Jenni., Stranford, Sharon A., Jones, Patricia P., Kuby, Janis. (7ª ed.). Nova York: W.H. Freeman. pp. 190–194. ISBN 9781429219198. OCLC 820117219. 
  4. Venkatraman Girija, Umakhanth; Gingras, Alexandre R.; Marshall, Jamie E.; Panchal, Roshni; Sheikh, Md. Arif; Harper, James A. J.; Gál, Péter; Schwaeble, Wilhelm J.; Mitchell, Daniel A.; Moody, Peter C. E.; Wallis, Russell (20 de agosto de 2013). "Structural basis of the C1q/C1s interaction and its central role in assembly of the C1 complex of complement activation". Proceedings of the National Academy of Sciences (en inglés) 110 (34): 13916–13920. Bibcode:2013PNAS..11013916V. ISSN 0027-8424. PMC 3752233. PMID 23922389. doi:10.1073/pnas.1311113110. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]