Campionato Descentralizado
Nome na lingua orixinal | (es) Liga 1 de Fútbol Profesional |
---|---|
Tipo | liga deportiva |
Deporte | fútbol |
Organizador | Federación Peruana de Fútbol |
Liga inferior | Segunda División (Campeonato Peruano de Futebol) (pt) |
Número de participantes | 18 |
Localización e Datas | |
País | Perú |
Vixencia | 1912 – |
Calendario da tempada | febreiro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Club Alianza Lima Academy |
Outro | |
Páxina web oficial | liga1.pe |
O Campionato Descentralizado é a primeira división da liga profesional de fútbol que se disputa no Perú, organizado pola Asociación Deportiva de Fútbol Profesional, organismo que pertence á Federación Peruana de Fútbol. Recibe o nome de Copa Movistar por mor do seu patrocinador principal.
O torneo fundouse en 1912, e até o ano 2022 lévanse disputadas 105 tempadas. Os clubs máis laureados na historia do campionato son o Club Universitario de Deportes (26 títulos), o Club Alianza Lima (25 títulos) e o Club Sporting Cristal (20 títulos), ámbolos 3 clubs da cidade de Lima. O primeiro campión foi o Lima Cricket FC, mentres que o campión actual é o Alianza Lima.
Dende 1912 até 1965 foi un campionato no que só competían equipos da rexión de Lima e da veciña provincia de Callao. En 1966 foron convidados a competir na liga por vez primeira 4 equipos do resto do país, converténdose entón o "Campionato Peruano de Fútbol" no "Campionato Descentralizado de Fútbol Profesional". Entre os anos 1997 e 2008 o formato consistía en dous torneos, Apertura e Clausura, cunha final entre os dous gañadores (se era preciso) para definir cal era o campión. Dende 2009 o campionato consiste nunha liga de 16 equipos que disputan 30 xornadas, sendo campión o equipo que remata de líder na táboa clasificatoria trala derradeira xornada.
Os 3 primeiros clasificados na liga acadan o dereito a competir na Copa Libertadores do ano seguinte. Os seguintes 4 equipos da táboa acadan un posto para disputar a Copa Suramericana do ano seguinte. Os 2 últimos equipos da clasificación perden a categoría.
Equipos 2012
[editar | editar a fonte]A competición comeza en febreiro e remata en decembro. Os seguintes 16 equipos disputarán a edición 2012 do torneo:
Palmarés
[editar | editar a fonte]Un equipo irrompeu recentemente con forza no palmarés do torneo peruano, o CD Universidad San Martín, con 3 títulos nos últimos 5 anos. Non obstante, o palmarés da liga segue a estar dominado polos 3 grandes clubs clásicos da cidade de Lima:
Nº de Títulos | Equipo | Campionatos obtidos |
---|---|---|
26 | Universitario de Deportes | 1929, 1934, 1939, 1941, 1945, 1946, 1949, 1959, 1960, 1964, 1966, 1967, 1969, 1971, 1974, 1982, 1985, 1987, 1990, 1992, 1993, 1998, 1999, 2000, 2009, 2013 |
25 | Alianza Lima | 1918, 1919, 1927, 1928, 1931, 1932, 1933, 1948, 1952, 1954, 1955, 1962, 1963, 1965, 1975, 1977, 1978, 1997, 2001, 2003, 2004, 2006, 2017, 2021, 2022 |
20 | Sporting Cristal | 1956, 1961, 1968, 1970, 1972, 1979, 1980, 1983, 1988, 1991, 1994, 1995, 1996, 2002, 2005, 2012, 2014, 2016, 2018, 2020 |
6 | Sport Boys | 1935, 1937, 1942, 1951, 1958, 1984 |
4 | Deportivo Municipal | 1938, 1940, 1943, 1950 |
3 | Universidad San Martín | 2007, 2008, 2010 |
2 | Lima Cricket FB | 1912, 1914 |
2 | Sport José Gálvez† | 1915, 1916 |
2 | Sport Progreso† | 1921, 1926 |
2 | Atlético Chalaco | 1930, 1947 |
2 | Mariscal Sucre FBC† | 1944, 1953 |
2 | Unión Huaral | 1976, 1989 |
1 | Jorge Chávez Nº1† | 1913 |
1 | Sport Juan Bielovucic† | 1917 |
1 | Centro Sport Inca† | 1920 |
1 | Centro Iqueño | 1957 |
1 | Defensor Lima | 1973 |
1 | FBC Melgar | 1981 |
1 | Deportivo San Agustín | 1986 |
1 | CSDC Juan Aurich | 2011 |
† = Equipo desaparecido.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Federación Peruana de FútbolArquivado 05 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)
- Estatísticas do fútbol peruano (en castelán)