Carlos Domínguez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (gl) Carlos Domínguez Cáceres 11 de febreiro de 2001 (23 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Carlos Domínguez Cáceres, nado o 11 de febreiro de 2001 en Vigo, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Real Club Celta de Vigo da Primeira División de España de fútbol.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na cidade viguesa e formado nas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo, foi capitán do conxunto sub-19 celeste na División de Honra Xuvenil ata que na tempada 2020-21 é ascendido ao filial. Debutou co equipo B o 22 de novembro de 2020, cando entrou como substituto de Alberto Solís nun partido que gañou o conxunto galega fronte ao Zamora C.F. por 2 a 0.
Por mor de varias lesións no primeiro equipo, Carlos fora convocado por vez primeira co Celta o 9 de maio de 2021 para disputar un encontro de liga fronte ao Villarreal CF, onde sería titular e o equipo vigués gañaría por 2 a 4. O 11 de xaneiro de 2022 faise oficial a súa renovación o Celta ata 2026.
Selección galega
[editar | editar a fonte]Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[1]
Clubs
[editar | editar a fonte]Actualizado no último partido disputado o 4 de xuño de 2023 .
Club | País | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Celta de Vigo B | Galicia | 2020-act. | 50 | 1 |
Celta de Vigo | Galicia | 2021-act. | 19 | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024.