Carlos Gil Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1931 Santiago de Compostela, España |
Morte | 25 de decembro de 2009 (78 anos) Salamanca, España |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Director técnico Real Federación Española de Atletismo | |
1979 – 1988 | |
Actividade | |
Ocupación | dirixente deportivo |
Deporte | atletismo |
Premios | |
Carlos Gil Pérez, nado en Santiago de Compostela o 28 de xaneiro de 1931 e finado en Salamanca o 25 de decembro de 2009,[1][2] foi un atleta, adestrador e dirixente deportivo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que naceu en Santiago de Compostela viviu a maior parte da súa vida en Salamanca. Nesa cidade adestrou ducias de deportistas entre 1955 ata 2009, case todos homes e case todos velocistas. En 1958, un dos seus pupilos, José Luís Albarrán, proclamouse campión de España de 200 metros no vello Estadio de Anoeta en Donostia, e en 1960 converteuse no primeiro salmantino en participar nuns Xogos Olímpicos. Despois del fixérono José Luis Sánchez Paraíso, Rosa Colorado e Antonio Sánchez, así como o zamorano Frutos Feo. Os seus atletas acadaron numerosos campionatos e récords de España.[1][2]
De 1979 a 1988 asumiu o cargo de director técnico da Real Federación Española de Atletismo.[1] Con el chegaron ao atletismo español as primeiras medallas olímpicas en Moscova 1980 e nos Ánxeles 1984.[2] Foi durante anos seleccionador español de atletismo e no Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta de Milán en 1982 España marcou un dos seus grandes fitos, conseguindo cinco metais.
Tamén destacou na xestión deportiva e foi un dos impulsores do deporte en España. Na Real Federación Española de Atletismo reestruturou toda a parte técnica con adestradores expertos e impulsou a creación de axudas aos deportistas que acabarían derivando nas bolsas ADO, ofrecendo 80 000 pesetas durante catro anos a algúns deportistas que brillasen nos Xogos Olímpicos e nos campionatos de primeiro nivel.
Dedicou a súa vida ao deporte e era fácil velo nas pistas do Helmántico con máis de 70 anos adestrando deportistas. Na súa última etapa adestrou entre outros a Adrián Ingelmo, Ángel García, Saturnino González, David Berrocal, Pedro Ceballos e Elvis González. Tamén foi profesor do INEF, a facultade de ciencias do deporte, en Madrid[3].
Ademais da súa faceta estritamente deportiva, escribía artigos para El Adelanto, o xornal local[3].
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1968 recibiu en Salamanca a Medalla da Real Orde ao Mérito Deportivo de mans de Juan Antonio Samaranch. En 2007 recibiu a medalla de prata de mans do rei Xoán Carlos I, e en 2010 a medalla de ouro a título póstumo.[4][5]
En Salamanca celébrase desde 1999 o Memorial Carlos Gil Pérez, un evento de atletismo. Tamén leva o seu nome a pista cuberta de La Aldehuela, unha vila nos arrabaldes de Salamanca[3].
Abusos
[editar | editar a fonte]En 2024 unha investigación do xornal El País publicou[3] que dous antigos atletas foran vítimas de abusos sexuais por parte de Carlos Gil nas décadas de 1970 e 1980, mentres adestraban con el ou eran amigos de xente que adestraba con el. A mesma investigación tamén recolle testemuños doutros atletas que non sufriron abusos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Fallece en Salamanca Carlos Gil, ex director técnico de la Federación de Atletismo". El Mundo (en castelán). Europa Press. 25 de decembro de 2009. Consultado o 28 de outubro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Cebrián, Gerardo (25 de decembro de 2009). "A Carlos Gil, con cariño". Real Federación Española de Atletismo. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Domínguez, Íñigo; Giovio, Eleonora (2024-05-07). "Carlos Gil Pérez, uno de los padres del atletismo español, acusado de abusar de menores en los ochenta: “Aprendí a vivir con ello, ¿quién me iba a creer entonces?”". El País (en castelán). Consultado o 2024-05-07.
- ↑ "Resolución de 13 de abril de 2007, de la Presidencia del Consejo Superior de Deportes, por la que se concede el ingreso en la Real Orden del Mérito Deportivo, en las categorías que se señalan.". BOE (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2021.
- ↑ "Entrega de las distinciones de la Real Orden del Mérito Deportivo 2010". casareal.es (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gil Pérez, Carlos (1974). Union Deportiva Salamanca: 1923-1974 (en castelán). Salamanca: Montepio Agrario Salmantino. ISBN 8450010047. OCLC 715267864.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Samuel Rodríguez (decembro de 2009). "Adiós maestro de maestros". Arquivado dende o orixinal o 1 de xaneiro de 2010. Consultado o 28 de outubro de 2021.