Carqueixa boieira
Carqueixa boieira Halimium lasianthum | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Halimium lasianthum | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Halimium lasianthum Spach | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
|
A carqueixa boieira,[1] Halimium lasianthum, é unha especie de planta fanerógama arbustiva da orde das malvales e familia das cistáceas, unha das comprendidas no xénero Halimium.
De até un metro de altura, ten follas oblongas e flores reunidas en grupos con pétalos amarelos.
Non confundir con carqueixa (Genista tridentata).
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1836 polo botánico francés Édouard Spach, nun traballo publicado en Ann. Sci. Nat., Bot. sér. 2, 6: 366.[2]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]
- Cistus lasianthus Lam. (protónimo)
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense dúas subespecies:[2]
- Halimium lasianthum alyssoides (Lam.) Greuter
- Halimium lasianthum lasianthum Spach
Características
[editar | editar a fonte]Orixinaria da Península Ibérica (Portugal, oeste de España), do suroeste de Francia e do noroeste de África (Marrocos),[3] é un arbusto perennifolio que crece até 1 m de altura por 1,5 m de ancho, con follas de cor verde agrisada e flores amarelas brillantes na primavera. As flores poden ter unha mancha granate na base de cada pétalo.[4][5]
Para cultivar esta planta requírese un solo areoso e pleno sol.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ carqueixa boieira no Dicionario da RAG.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Halimium lasianthum (Lam.) Spach no GBIF. Consultado o 13 de decembro de 2021.
- ↑ "Halimium lasianthum (Lam.) Spach" (PDF). Flora Ibérica. Consultado o 13 de decembro de 2021.
- ↑ RHS A-Z encyclopedia of garden plants. United Kingdom: Dorling Kindersley. 2008. ISBN 978-1-4053-3296-5.
- ↑ "Halimium lasianthum". Cistus & Halimium website. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2021.
- ↑ "Halimium lasianthum". www.rhs.org.uk (en inglés). Consultado o 2022-03-22.