Castro das Rodas
Castro das Rodas | |
---|---|
Parroquia | Cumbraos |
Concello | Mesía |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15047007 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | Idade de ferro |
Extensión estimada | 0,4 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O Couto das Rodas é un poboado castrexo situado no lugar de Fonte Fría na parroquia de Cumbraos (Mesía).
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]O castro consta de dous recintos. O primeiro é un antecastro, que conserva parte dos parapetos na zona meridional e no resto o achanzamento que ven definido polo terraplén. O segundo é a croa, a unha maior altura, que ten tamén parapetos na parte meridional, con pouca caída cara ao interior, e duns 3 metros cara ao antecastro. O primeiro parapeto está atravesado por un camiño que se bifurca nun ramal interior da croa e outro que primeiro o fai no eixo N-S nuns 45 m e logo no antecastro uns 20 metros [1].
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.
Conservación
[editar | editar a fonte]A titularidade está en mans privadas e a súa conservación depende de posibles construcións de pistas [1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 [1] Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |