Castro de Meangos
Castro de Meangos | |
---|---|
Parroquia | Meangos |
Concello | Abegondo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15001008 |
Cronoloxía | |
Estado actual | Regular |
Extensión estimada | 3.17 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Meangos é un castro situado na parroquia de Meangos, no lugar da Igrexa, no concello coruñés de Abegondo.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Consta dun recinto fortificado cun pequeno recinto central duns 50 metros de diámetro, defendido por un pequeno terraplén. Está rodeado por un segundo recinto que polo seu lado sur foi destruído pola construción dunha igrexa e o seu cemiterio. Este segundo recinto ten unha forma oval. Está defendido por un parapeto duns 28 metros de anchura e 8 de altura. No arco O-N-L presenta un aterrazamento que chega ós 23 metros de anchura no lado oeste e que se vai pechando cara a parte oriental[1]
As construcións da igrexa destruíron parcialmente o extremo meridional do xacemento. Por riba del pasa unha liña eléctrica de alta tensión.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "PXOM: Concello de Abegondo". abegondo.gal. 26 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |