Castro de Ricos
Castro de Ricos | |
---|---|
Parroquia | Visantoña |
Concello | Mesía |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15047016 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | Idade de ferro |
Extensión estimada | 1 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O Castro de Ricos, Castro de Vilanova ou Castro de Medorra é un poboado castrexo situado no lugar do Castro na parroquia de Visantoña, (Mesía).
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]O castro é un amplo recinto de forma circular con moitas irregularidades no seu trazado. Está totalmente rodeado por un parapeto, que acada na súa parte máis alta uns 3 metros. No sector setentrional ten dúas entradas: unha estreita, de orixe recente, e outra que podería ser a orixinaria. Na zona meridional foi destruída boa parte do parapeto e alí apréciase que foi construído de terra. Hai referencia de achados de muíños circulares[1].
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.
Conservación
[editar | editar a fonte]A titularidade está en mans privadas. A destrución do parapeto foi froito da concentración parcelaria, logo dunha distribución de terras[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 [1] Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |