Castro do Cociñadoiro
Castro do Cociñadoiro | |
---|---|
Tallada no monte, Porto Exterior da Coruña onde estaba Cociñadoiro. | |
Parroquia | Suevos |
Concello | Arteixo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | Século -IX a Século -VIII e -VII |
Data da descuberta | Juan A. Cano Pan (arqueólogo da escavación) |
Períodos de escavación | Xaneiro de 2005 a xullo de 2005 |
Estado actual | destrución |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
O Castro de Cociñadoiro estaba situado na Punta de Muros/Punta Langosteira. No ano 2004 o inicio do proxectado Porto Exterior da Coruña poñía en perigo o castro xa ameazado de destrución pola acción erosiva do océano.
Na declaración de Impacto Ambiental, no ano 2001, o Ministerio de Medio Ambiente xa o citaba. Co inicio das obras de construción do porto iniciouse unha actuación de urxencia. Escavouse o castro na súa totalidade a principios do ano 2005. Nesas escavacións pechadas e sen información do que se estaba a atopar apareceron 23.000 obxectos dos que só foron inventariados 9.687 que están nun almacén da autoridade portuaria da Coruña á espera da publicación dos achados.
Segundo o arqueólogo Ramón Boga, Cociñadoiro era o castro máis antigo da provincia da Coruña, é da Idade de Ferro en Galiza.
A escavación
[editar | editar a fonte]Os traballos de escavación foron dirixidos polo arqueólogo Juan A. Cano Pan. A escavación do castro iniciouse en xaneiro de 2005 e no verán de 2005 xa estaba ao descuberto todo o lugar. O 7 de xullo de 2005, só sete meses despois do inicio dos traballos arqueolóxicos, as máquinas destruíron boa parte do lugar. O 28 de novembro de 2005 xa non quedaba nada en pé. Durante a escavación non se fixo pública ningunha información do que se estaba a atopar. A primeira referencia foi publicada en: La Paleometalurgia del Poblado de Punta de Muros (Arteixo, A Coruña) en el contexto de la transición Bronce Final – Primera Edad del Hierro asinado por Juan A. Cano Pan e polo profesor da Universidade da Coruña Fernan Gómez Filgueiras de Brage.
O carbono-14 deu datacións do século IX antes da era actual (Idade de Ferro) e un período de ocupación máxima para os séculos VIII e VII antes da era actual. A superficie do poboado tivo catro estadías de ocupación.
- A máis antiga foi a de maior poboación. Era unha aldea fortificada e que estivo utilizada durante catro ou cinco séculos.
- A seguinte foi cinco séculos despois da primeira. Pasou a ser un poboado gálico romano.
O máis rechamante era a forma rectangular alongadas das cabanas, case todas tiñan un forno de metalurxia e cunha orientación NE – SO, determinada polos requirimentos do obradoiro metalúrxico. O castro non tiña instrumentos agrícolas ou para traballar na terra ou no mar. Os habitantes adicábanse só á metalurxia do bronce. Traballaban dúas aliaxes de metais distintas[1].
- Producían obxectos cotiáns
- Creaban obxectos ornamentais
Centro de interpretación
[editar | editar a fonte]En xuño de 2012 a Autoridade Portuaria e o Concello de Arteixo escolleron o parque do Monticaño como o lugar onde se exporían os achados do Castro de Cociñadoiro; alí construirase o centro de interpretación de Langosteira.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O drama (histórico) do Porto Exterior da Coruña Capítulo Cero.
- ↑ "Centro de interpretación de Punta Langosteira" Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine., La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |