Ceca de Ostia
Ceca de Ostia | |
---|---|
![]() | |
IMP C MAXENTIVS P F AVG; cabeza laureada cara á dereita. | AETERNITAS AVGN, os dióscuros[1] en pé e afrontados, cos seus cabalos no medio; MOSTQ no exergo. |
Follis. Ceca de Ostia(marca MOSTQ). Cuñado ca. 309-312. 6,41 g. [2] |
A ceca de Ostia foi un obradoiro monetario do Imperio Romano operativo durante o século IV, situado na antiga cidade de Ostia, preto de Roma, na costa do mar Tirreno.
Historia
[editar | editar a fonte]A ceca de Ostia foi fundada polo emperador Maxencio (306-312) en 308/309 ou en 311, e estivo dotada inicialmente de persoal procedente da ceca de Cartago, pechada logo da represión pola rebelión de Domicio Alexandre, e estivo activa ata 313, cando, por mor da vitoria sobre o propio Maxencio, lo emperador Costantino I transferiu o persoal á ceca de Arelate (o actual Arles).[3][4]
A ceca de Ostia estaba moi próxima á cidade de Roma, aínda que as cecas destas dúas cidades servían a dúas provincias diferentes. En tanto que a ceca de Roma servía a Península, baixo a xurisdición do rationalis summarum urbis Romae, a de Ostia estaba encargada de abastecer as Tres Provinciae (Sicilia, Sardeña e Córsega), baixo a xurisdición do rationalis trium provinciarum, e probablemente tamén a provincia de África.[3]
Marcas de ceca
[editar | editar a fonte]
Nas moedas de Ostia, como na maior parte das moedas romanas desta época, as marcas de ceca alóxase no exergo do reverso e, neste caso, están formadas por tres elementos:[5]
- A letra M (moneta) ou a letra P (pecunia).[5]
- A abreviatura do topónimo "Ostia": OST.
- A officina ou obradoiro concreto, dos catro en que se dividía a ceca. Nas primeiras moedas desta ceca indicábase engadindo as letras gregas A, B, C e D (marcas: MOSTA, MOSTB, MOSTC e MOSTD). Posteriormente, estas substituíronse polas letras latinas P (primus), S (secundus), T (tertius) e Q (quartius) (marcas: MOSTA, MOSTB, MOSTC e MOSTD).[4][5]
No caso de moitas das moedas de ouro cuñadas nesta ceca (áureos, sólidos e divisores), entre eles todos os cuñados antes de outubro de 312, a marca de ceca é unicamente POST, sen indicación do obradoiro concreto.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Dioscuri on Roman coins". En Taylor, E. The Maxentian Mint at Ostia.
- ↑ (RIC) VI 35.
- ↑ 3,0 3,1 Hendy, M. H. (2008). Páxina 381.
- ↑ 4,0 4,1 "Ostia: port of ancient Rome". Forum Ancient Coins.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "Ostian Mintmarks". En Taylor, E. The Maxentian Mint at Ostia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ceca de Ostia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Drost, V. (2008). "Le monnayage d'or de Maxence à l'atelier d'Ostie : à propos de l'aureus au type Pax Aeterna Aug". En Revue Numismatique. 164. Páxinas 269-296.
- Drost, V. (2014). "L’atelier monétaire d’Ostie (308/309-313 ap. J.-C.)". En Mélanges de l'École française de Rome - Antiquité. 126-1.
- Hendy, M. H. (2008). Studies in the Byzantine Monetary Economy C.300-1450. Cambridge University Press. ISBN 9780521088527
- Maurice, J. (1902). "L'atelier monétaire d'Ostia pendant la période Constantinenne sous les règnes de Maxence et de Constantin". En Rivista Italiana di Numismatica, 15. Páxinas 41-65.
- (RIC): Roman Imperial Coinage (1923-1994). 10 volumes.