Chelsea Manning
Chelsea Manning en maio de 2017 | |
Nome orixinal | (en) Chelsea Manning (en) Chelsea Elizabeth Manning |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Bradley Edward Manning 17 de decembro de 1987 (37 anos) Crescent, Oklahoma, Estados Unidos |
País de nacionalidade | estadounidense |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Tasker-Milward V.C. School (pt) Montgomery College (pt) |
Actividade | |
Ocupación | soldado |
Período de actividade | 2007 - |
Partido político | Partido Demócrata |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América |
Rango militar | private first class (en) soldado |
Conflito | Guerra de Iraq |
Outro | |
Condenada por | Espionaxe (2013) contempt of court (pt) (2019) |
Cronoloxía | |
outubro de 2018 | cirurxía de reasignación sexual |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Lentapedia |
Chelsea Elizabeth Manning, nada co nome de Bradley Edward Manning en Oklahoma o 17 de decembro de 1987, é unha exsoldado do Exército dos Estados Unidos de América.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi detida e procesada por acceso e difusión de informacións secretas, incluídas probas apuntando a crimes de guerra dos Estados Unidos.[1] A detención fíxose en maio de 2010, mentres servía ás tropas estadounidenses en Iraq. Foi condenada en xullo de 2013 por violacións da Lei de Espionaxe e outros delitos, despois de filtrar documentos restrinxidos ao público. Manning foi condenada a 35 anos de prisión e unha dispensa deshonrosa, porén, con crédito para o tempo de servizo e bo comportamento podería ser posta en liberdade condicional tras oito anos. Foi posta en liberdade o 17 de maio de 2017.[2] Na súa posta en liberdade interveu un indulto parcial de Barack Obama. A súa filtración parece ser a clave para o mandato de detención de Julian Assange en 2019.[1]
É activista contra o estado de vixilancia dos Estados Unidos e polos dereitos trans.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ugarte, Iñigo Sáenz de. "Por qué EEUU persigue a Julian Assange (y no tiene que ver con la clave secreta de un ordenador)". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-04-16.
- ↑ Chelsea Manning [@xychelsea] (17 de maio de 2017). "First steps of freedom!! 😄" (Chío) (en inglés). Consultado o 18/05/2017 – vía Twitter.
- ↑ Marcos, Mónica Zas (2022-06-17). "Chelsea Manning: "La cárcel cambió por completo mi percepción del mundo"". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-06-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chelsea Manning |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "A condena a Manning: exemplo intimidatorio ou mártir?". La Voz de Galicia. 21 de agosto de 2013.