Christian Grahn
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xuño de 1978 ![]() Fagersta, Suecia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | músico, batería ![]() |
Período de actividade | 1989 ![]() |
Xénero artístico | Rock alternativo e garage rock ![]() |
Instrumento | Batería ![]() |
Selo discográfico | A&M/Octone Records (pt) ![]() ![]() |
Sitio web | thehivesbroadcastingservice.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Christian Grahn, coñecido coma Chris Dangerous e nado o 12 de xuño de 1978, é o batería da banda sueca de garage rock The Hives.
Biografía
[editar | editar a fonte]Grahn comezou a tocar a batería aos nove anos, e nos primeiros anos de The Hives en Fagersta, Grahn tocou tamén a batería noutra banda local, Bad Dreams Always. O seu pai formaba parte dun grupo finés de versións chamado The Sailors, que, segundo Howlin' Pelle Almqvist, era "a máis grande banda de rock de Finlandia nese tempo". O pai tamén cantaba noutro grupo chamado The Ventons.