Comarcas de Guipúscoa
Aparencia
As comarcas de Guipúscoa están determinadas principalmente pola orografía do terreo. Seguen en liñas xerais os vales que forman os principais ríos da provincia, de leste a oeste: Bidasoa, Oiartzun, Urumea, Oria, Urola e Deba.
Comarcas naturais
[editar | editar a fonte]A división máis habitual divide a provincia de Guipúscoa en sete comarcas:
- Bidasoa Beherea: formada polos concellos de Irún e Hondarribia, situados na desembocadura do río Bidasoa, xunto á baía de Txingudi.
- Donostialdea: formada pola capital, Donostia, e as localidades máis próximas. Inclúe o val do Oiartzun, o tramo guipuscoano do Urumea e o tramo medio-baixo do Oria, aínda que non a súa desembocadura. Ás veces considérase que a súa zona oriental forma unha subcomarca:
- Oiartzualdea: formada polos concellos situados na contorna da baía de Pasaia e o val do Oiartzun.
- Tolosaldea: formada polo tramo medio do río Oria, na contorna da vila de Tolosa.
- Goierri: formada pola cunca alta do río Oria e a parte alta do río Urola. Divídese normalmente en dúas subcomarcas:
- O Goierri propiamente dito, formado pola cunca alta do Oria.
- Urola Garaia: formado pola cunca alta do Urumea.
- Urola Kosta: formada polo tramo central da costa guipuscoana e curso medio-baixo do río Urola. Divídese en dúas subcomarcas:
- O Urola Kosta propiamente dito, formado pola costa central guipuscoana, entre as desembocaduras dos ríos Oria e Urola.
- Urola Erdia: formada polo curso medio-baixo do río Urola.
- Debabarrena: formada pola cunca baixa do río Deba e costa occidental da provincia.
- Debagoiena: formada pola cunca alta do río Deba.