Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Aparencia
(Redirección desde «Consellería de Emprego»)
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade | |||
---|---|---|---|
[ Wikidata ] |
A consellería de Promoción do Emprego e Igualdade é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en promoción do emprego, que foi creada no ano 2020. As súas competencias foron asumidas por outras consellerías en gobernos anteriores. Dende abril de 2024, o actual titular co nome de conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración é José González Vázquez.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A consellería de Traballo naceu xa en 1982, no primeiro goberno autonómico de Xerardo Fernández Albor. Durante estes anos mudou frecuentemente de nome e desapareceu sumíndose noutras áreas. Así, entre 1986 e 1987 incorpórase a Industria, entre 1993 e 1997 á consellería de Xustiza, entre 1997 e 2003 á de Familia e entre 2003 e 2005 á de Asuntos Sociais.
Conselleiros
[editar | editar a fonte]- Juan Corral (1982-1986). Como conselleiro de Traballo, Seguridade Social e Emigración.
- Luciano Asorey (1986-1987). Como conselleiro de Traballo, Industria e Turismo
- Miguel Martínez Losada (1987-1990). Como conselleiro de Traballo e Benestar Social.
- Manuel Pérez Álvarez (1990-1991). Como conselleiro de Traballo e Servizos Sociais
- Xosé Antonio Gil Sotres (1991-1993).
- Xoán Manuel Diz Guedes (1993-1996). Como conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
- Xesús Palmou (1996-1997).
- Manuela López Besteiro (1997-2001). Como conselleira de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude.
- María Xosé Cimadevila (2001-2004). Como conselleira de Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relaciones Laborais.
- Belén Prado (2004-2005).
- Ricardo Varela Sánchez (2005-2009). Como conselleiro de Traballo.
- Beatriz Mato (2009-2015). Como conselleira de Traballo e Benestar.
- Francisco Conde (2015-2020). Como conselleiro de Economía, Emprego e Industria.
- María Xesús Lorenzana (2020-2023). Como conselleira de Emprego e Igualdade.
- Elena Rivo López (2023-2024). Como conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.
- José González Vázquez (2024-actual). Como conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración.
Estrutura interna
[editar | editar a fonte]Secretarías e direccións xerais
[editar | editar a fonte]- Secretario Xeral Técnico: Alberto Fuentes Losada[2]
- Secretaría Xeral de Igualdade: Susana López Abella (2012-actualidade).
- Secretaría Xeral de Emprego: Covadonga Toca Carús (2015-actualidade).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biografía do conselleiro". conselleriaemprego.xunta.gal. Consultado o 14 de febreiro de 2025.
- ↑ "DECRETO 92/2023, do 22 de xuño, polo que se nomea secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a Alberto Fuentes Losada". Diario Oficial de Galicia.