Saltar ao contido

Convención das Nacións Unidas sobre Contratos para a Venda Internacional de Mercadorías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CISG
CISGworldmap-updatedforbrazil.png

Tipo de textotratado multilateral de venda internacional uniforme
Ratificación11 de abril de 1980
LinguaÁrabe, chinés, español, francés, inglés e ruso
LocalizaciónViena, Austria
Signatarios18

A Convención das Nacións Unidas sobre Contratos para a Venda Internacional de Mercadorías (CISG, polas súas siglas en inglés), tamén coñecida como Convención de Viena, é un tratado multilateral que establece un marco uniforme para o comercio internacional.[1][Note 1] En 2020 fora ratificado por 94 países, que representan dous terzos do comercio mundial.[2][3]

A CISG facilita o comercio internacional eliminando barreiras legais entre os estados participantes (coñecidos como "Estados Contratantes") e proporcionando regras uniformes que rexen a maioría dos aspectos dunha transacción comercial, como a formación do contrato, as formas de formalización, as obrigas das partes e os recursos xurídicos ante o incumprimento do contrato.[Cómpre referencia] A menos que apareza expresamente excluído no contrato, a convención pasa a formar parte das leis internas dos Estados Contratantes de forma automática e é de aplicación directa ás transacción de bens entre os seus cidadáns.

A CISG ten a súa orixe en dous tratados de comercio internacional anteriores desenvoltos en 1930 polo Instituto Internacional para a Unificación do Dereito Privado (UNIDROIT, do francés Institut international pour l'unification du droit privé).[4] Cando ningunha convención antes acadara apoio global xeneralizado a Comisión das Nacións Unidas para o Dereito Mercantil Internacional (UNCITRAL, polas súas siglas en inglés) trazou en 1968, usando textos previos, o desenvolvemento da CISG.[4] Un borrador foi entregado á Conferencia sobre Venda Internacional de Bens con sede en Viena, Austria en 1980.[5] Nas seguintes semanas de negociación e modificación, a CISG foi aprobada e proposta para ratificación por unanimidade e entrou en vigor o de 1 de xaneiro de 1988 ratificada por 11 países.[6]

A CISG é considerada un dos maiores logros da UNCITRAL e "o documento internacional con maior éxito" en unificar o dereito mercantil internacional,[7][8] xa que os participantes representan "a cada rexión xeográfica, a cada estado de desenvolvemento económico e a cada sistema legal, social e económico maioritario".[9] Das convencións de lexislación uniforme, a CISG foi descrita como a que tivo "a maior influencia no dereito do comercio transfronteirizo mundial", incluso entre os non membros.[10] Tamén é a base da Willem C. Vis International Commercial Arbitration Moot, unha das maiores e máis importantes competicións internacionais de xuízos simulados do mundo.

Adopción

[editar | editar a fonte]

A 25 de setembro de 2020, os seguintes 94 estados ratificaron, adheríronse, aprobaron, aceptaron ou sucederon a convención:[11] A convención foi asinada pero non ratificada por Ghana e Venezuela.

Idioma, estrutura e contido

[editar | editar a fonte]

A CISG usa "lingua obxectiva para referirse a cousas e acontecementos para os que existen palabras de uso común".[12] Isto fíxose coa intención de transcender os sistemas legais nacionais a través do uso dunha lingua franca que fora intelixíbel ao mesmo tempo entre diferentes grupos culturais, legais e lingüísticos[13] e para evitar "palabras asociadas con matices legais específicos de cada país".[9] Como é costume nas convencións da ONU, as súas seis linguas oficiais teñen a mesma validez.[14][15]

A CISG está dividida en catro partes:

  • Parte I: Ámbito de aplicación e Provisións xerais (artigos 1 a 13)
  • Parte II: Formación do Contrato (artigos 14 a 24)
  • Parte III: Venda de bens (artigos 25 a 88)
  • Parte IV: Provisións finais (artigos 89 a 101)

Principais ausencias

[editar | editar a fonte]

India, Suráfrica, Nixeria e o Reino Unido son os principais países no ámbito comercial que aínda non ratificaron a CISG.

A ausencia do Reino Unido, unha xurisdición líder na elección de lexislación aplicábel en contratos comerciais internacionais, atribúese a varias causas: o goberno non ve a súa ratificación como unha prioridade lexislativa, falta de interese das empresas en apoiar a ratificación, oposición de organizacións grandes e influentes, unha falta de recursos de servizo público e o perigo de que Londres poida perder relevancia na arbitraxe e litigación internacionais.[16]

Hai un desacordo académico importante sobre se Hong Kong, Taiwán e Macau poden considerarse parte da CISG ao xa ter China dito status.[17]

Probábeis estados participantes

[editar | editar a fonte]

Etiopía Etiopía[Cómpre referencia] e Ruanda Ruanda[18] adoptaron leis autorizando a adopción da CISG, que entrarán en vigor en cada país após o instrumento de adhesión sexa depositado perante o Secretario Xeral das Nacións Unidas.

  1. Non confundir con outros tratados asinados en Viena.
Referencias
  1. United Nations Convention on Contracts for the International Sale of Goods, Viena, 11 de abril de 1980, , número de documento da ONU A/CONF 97/19, 1489 UNTS 3. O texto íntegro da CISG está dispoñíbel en formato PDF en https://uncitral.un.org/sites/uncitral.un.org/files/media-documents/uncitral/en/19-09951_e_ebook.pdf o 15 de setembro de 2021.
  2. "The Lao People's Democratic Republic accedes to the United Nations Convention on Contracts for the International Sale of Goods (CISG)". United Nations Comission On International Trade Law. Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  3. "Guatemala accedes to United Nations Convention on Contracts for the International Sale of Goods". United Nations Information Service. Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 M. Fletcher, Harry. "United Nations Convention on Contracts for the International Sale of Goods". Audiovisual Library of International Law. Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  5. "Legislative History: 1980 Vienna Diplomatic Conference". Institute of International Comercial Law. 1 de marzo de 2021. Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  6. Arxentina, China, os EUA, Exipto, Francia, Hungría, Italia, Iugoslavia, Lesoto, Siria, Yugoslavia e Zambia.
  7. Lookofsky, Joseph (1991). "Loose Ends and Contorts in International Sales: Problems in the Harmonization of Private Law Rules". American Journal of Comparative Law (39): 403. ISSN 0002-919X. 
  8. Zeller, Bruno (2007). CISG and the Unification of International Trade Law (1ª ed.). Routledge-Cavendish. ISBN 9780415421737. 
  9. 9,0 9,1 John Felemegas, 'The United Nations Convention on Contracts for the International Sale of Goods: Article 7 and Uniform Interpretation (2000)' Pace Review of the Convention on Contracts for the International Sale of Goods (CISG) 115.
  10. Schlechtriem, Peter (2005). "Requirements of Application and Sphere of Applicability of the CISG". Victoria University of Wellington Law Review 36: 781. ISSN 1171-042X. 
  11. O estado dos signatarios da Convención aparecen listados aquí https://treaties.un.org/Pages/ViewDetails.aspx?src=TREATY&mtdsg_no=X-10&chapter=10&clang=_en.
  12. Honnold, John O. (1999). Flechtner, Harry M., ed. Uniform Law for International Sales under the 1980 United Nations Convention (3ª ed.). Wolters Kluwer. ISBN 9789041127532. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2021. 
  13. Hellner, Jan (1983). "The UN Convention on International Sales of Goods – An Outsider's View". En Jayme, Erik; Kegel, Gerhard; Lutter, Markus. Ius Inter Nationes: Festschrift fur Stefan Riesenfeld (en alemán). C.F. Müller. ISBN 3811409832. OCLC 935304619. 
  14. Artigo 101.
  15. Traducións non oficiais da CISG en alemán, italiano, neerlandés, romanés, eslovaco e checo: http://www.fr-lawfirm.de/links/pages/UN-Kaufrecht/Texte_Uebersetzungen/.
  16. Moss, Sally (2005). "Why United Kingdom has not ratified the CISG" (PDF). Journal of Law and Commerce 25 (1): 483–485. ISSN 0733-2491. LCCN 82643290. OCLC 7942474. 
  17. Ver Innotex Precision Ltd. v. Horei Image Prods., Inc., 679 F. Supp. 2d 1356 (N.D. Ga. 2009); America's Collectibles Network Inc. v. Timlly (hk), 746 F. Supp. 2d 914 (E.D. Tenn., 2010); Ulrich G. Schroeter, The Status of Hong Kong and Macao under the United Nations Convention on Contracts for the International Sale of Goods, 16 Pace Int'l L. Rev. 307 (2004) Dispoñíbel en http://digitalcommons.pace.edu/pilr/vol16/iss2/3).
  18. Lei 68/2013 de 30 de agosto de 2013 autorizando o acceso á Convención das Nacións Unidas sobre Contratos para a Venda Internacional de Mercadorías aprobada en Viena en 1980, Boletín oficial nº 51 de 23 de decembro de 2013. Dispoñíbel en https://gazettes.africa/gazettes/rw-government-gazette-dated-2013-12-23-no-51 (en ruanda)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pace CISG Database
  • Andersen, Camilla Baasch & Schroeter, Ulrich G. (eds.), Sharing International Commercial Law across National Boundaries: Festschrift for Albert H. Kritzer on the Occasion of his Eightieth Birthday, Londres: Wildy, Simmonds & Hill (2008)
  • Bonell, Michael e Liguori, Fabio, 'The U.N. Convention on the International Sale of Goods: A Critical Analysis of Current International Case Law' (1997) 2 Revue de Droit Uniforme 385.
  • CISG-AC Opinion No 2, Examination of the Goods and Notice of Non-Conformity – artigos 38 e 39, 7 de xuño de 2004. Rapporteur: Professor Eric Bergsten, Emeritus, Pace University Nova York 6, 7.
  • Dholakia, Shishir, 'Ratifying the CISG – India's Options' (2005) Celebrating Success: 25 Years United Nations Convention on Contracts for the International Sale of Goods (Collation of Papers at UNCITRAL SIAC Conference, 22–23 de setembro de 2005, Singapur) 186.
  • Felemegas, John, 'The United Nations Convention on Contracts for the International Sale of Goods: Article 7 and Uniform Interpretation (2000)' Pace Review of the Convention on Contracts for the International Sale of Goods (CISG).
  • Ferrari, Franco, 'What Sources of Law for Contracts for the International Sale of Goods? Why One Has to Look Beyond the CISG' (2005) 25 International Review of Law and Economics 314.
  • Graffi, Leonardo, 'Case Law on the Concept of "Fundamental Breach" in the Vienna Sales Convention, Revue de droit des affaires internationales / International Business Law Journal (2003) No. 3, 338–349.
  • Hellner, Jan, 'The UN Convention on International Sales of Goods – An Outsider's View' in Erik Jayme (ed) Ius Inter Nationes: Festschrift fur Stefan Riesenfeld (1983) 72.
  • Kastely, Amy, 'Unification and Community: A Rhetorical Analysis of the United Nations Sales Convention' (1988) 8 Northwestern Journal of International Law and Business 574.
  • Kolsky Lewis, Meredith, 'Comments on Luke Nottage's Paper' (2005) 36 Victoria University of Wellington Law Review 859.
  • Martinussen, Roald, "Overview of International CISG Sales Law. Basic Contract Law according to the UN Convention on Contracts for the International Sale of Goods(CISG)." 120.
  • Moss, Sally, 'Why the United Kingdom Has Not Ratified the CISG' (2005) 1 Journal of Law and Commerce 483.
  • Pace International Law Review, (ed) Review of the Convention on Contracts for the International Sale of Goods (CISG) (1ª ed, 1998).
  • Rossett, Arthur, 'Critical Reflections on the United Nations Convention on Contracts for the International Sale of Goods' (1984) 45 Ohio State Law Journal 265.
  • Schlechtriem, Peter, Uniform Sales Law – The UN-Convention on Contracts for the International Sale of Goods (1ª ed, 1986).
  • Schlechtriem, Peter & Schwenzer, Ingeborg (eds.), Kommentar zum Einheitlichen UN-Kaufrecht – CISG - (6ª ed, 2013).
  • Ingeborg Schwenzer & Edgardo Muñoz (eds.), Schlechtriem & Schwenzer: Comentario sobre la convención de las Naciones Unidas sobre los contratos de compraventa internacional de mercaderias, Cizur Menor (Navarra): Editorial Aranzadi SA 2011, ISBN 978-84-9903-761-5 .
  • Schroeter, Ulrich G., UN-Kaufrecht und Europäisches Gemeinschaftsrecht: Verhältnis und Wechselwirkungen Múnic: Sellier. European Law Publishers (2005)
  • Sharma, Rajeev, 'The United Nations Convention On Contracts For The International Sale of Goods: The Canadian Experience' (2005) 36 Victoria University of Wellington Law Review 847.
  • United States Department of Commerce, 'The U.N. Convention on Contracts for the International Sale of Goods' https://web.archive.org/web/20070505032243/http://www.osec.doc.gov/ogc/occic/cisg.htm o 22 de decembro de 2007.
  • Verweyen, Foerster, Toufar Handbuch des Internationalen Warenkaufs UN-Kaufrechts (CISG) Boorberg Publishing Munich (2ª ed, 2008) (en alemán)
  • Whittington, Nicholas, 'Comment on Professor Schwenzer's Paper' (2005) 36 Victoria University of Wellington Law Review 809.
  • Zeller, Bruno, CISG and the Unification of International Trade Law (1ª ed, 2007).
  • Ziegel, Jacob, 'The Future of the International Sales Convention from a Common Law Perspective' (2000) 6 New Zealand Business Law Quarterly 336.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]