Conversa:Paio Gómez Chariño
Aparencia
¿De onde sacamos "Pai"? No Diccionario dos Nomes é Paio a forma que desenvolve. Ademais, é a forma común en tódolos textos habidos e por haber. Tampouco teño moi claro o Chariño, e moito menos Charinho, pero aí non teño datos. Pedro --Lameiro (conversa) 22:32, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)
Untitled
[editar a fonte]- Para min sempre fora Paio, e polo que vexo por aí na rede, tamén. E o Chariño a min soábame como Chaíño, pero máis non sei. Vou mover a Paio e deixar redirección. --Atobar (conversa comigo) 01:23, 11 de novembro de 2011 (UTC)
- Servando, refíreste a como Alejandro>Álex, Francisco>Fran? Daquela entendo que as dúas son correctas pero Paio é a que prevalece. --Atobar (conversa comigo) 01:48, 11 de novembro de 2011 (UTC)
- EGU: Pai Gomez Charinho
- GEG: PAI GOMEZ CHARINHO Trobador e quinto almirante de Castela... --. HombreDHojalata.conversa 22:54, 18 de maio de 2012 (UTC)
Variante | resultados |
---|---|
"Pai Gómez Chariño" | 92 |
"Paio Gómez Chariño" | 4810 |
"Payo Gómez Chariño" | 14600 |
"Pai Gómez Charinho" | 248 |
"Paio Gómez Charinho" | 63 |
"Payo Gómez Charinho" | 73 |
--. HombreDHojalata.conversa 23:30, 18 de maio de 2012 (UTC)
- Pero a procura non distingue entre a bibliografía en galego e en castelán, e iso é importante--Xián (conversa) 07:23, 19 de maio de 2012 (UTC)
- Certo, por iso limiteime a expor algúns datos, sen entrar a valoralos en detalle. O que si é significativo é que as dúas enciclopedias en galego (que moitas veces discordan entre elas) neste caso empregan a mesma forma, que é moi diferente da escollida na Galipedia. --. HombreDHojalata.conversa 07:44, 19 de maio de 2012 (UTC)
- En relación ao que di Servando, tampouco teño a bibliografía a man pero creo lembrar que Pai se tendía a utilizar ao empregalo co patronímico, así o nome era Paio pero cando se utilizaba co apelido (que na época eran todos patronímico) tendía a se abreviar na forma Pai, e é desta forma abreviada de onde procede o apelido Pais. --Xián (conversa) 07:47, 19 de maio de 2012 (UTC)