Conversa modelo:Onomástica do rueiro da Coruña
Creei o modelo de xeito análogo aos de Pontevedra e Vigo. Porén, non me parece útil empregalo nas personaxes que aparecen nel. Polo contrario si que penso que é unha información que pode resultar útil para a xente que consulte o artigo A Coruña e por ese motivo vou incluílo aí. Se se pode combinar co modelo das rúas da Coruña ou se incluílo tamén nos artigos sobre rúas (Salgado Torres, Manuel Murguía, María Pita e Alfonso Molina teñen artigo) xa sería cuestión de velo.
En canto aos nomes que empreguei para crealo son os que aparecen nas rúas e por iso hai criterios diferentes: Pintor Sotomayor-Pintor Germán Taibo-Luís Seoane, Alcalde Abella-Alcalde Domingos Merino-Juan Flórez, Edison, pero Doña María Victoria Fernández-España y Fernández-Latorre. Polo mesmo motivo aparecen os nomes en castelán, agás a rúa das Donas (Damas), nome que se pode ver por exemplo aquí.
Deixei sen incluír (pódense ver entrando no código do modelo) algunhas personaxes que non teñen artigo, algunhas por seren seguramente demasiado locais (Adelaida Muro, Médico Durán, Esteban Lareo Castro), non ter especial interese enciclopédico (Javier López López, Juan Darriba, Sargento Veiga), non haber moitos datos (Torreiro) ou directamente porque non fun quen de averiguar quen foron (Antonio Insua Rivas, José Careaga, Jerónimo Vázquez Franco).--Jglamela (conversa) 22 de xaneiro de 2016 ás 12:53 (UTC)
As personaxes que non aparecen no modelo son:
- Filántropos: Adelaida Muro, filántropa • Ángela Blanco de Soto, filántropa (1888-1975) • Arévalo, filántropos • Carmen Rodríguez-Losada Trulock, filántropa (1923-2007) • José González Chas, empresario e filántropo • Julio Portela Ceballos, loitador contra a droga (1936-2008) • Manuel Rañal, promotor dos discapacitados •
Pascual López Cortón, mecenas, sufragador dos Xogos Florais (1817-1878)• Ricardo Labaca, benefactor • Sor Joaquina, superiora da Casa-Refuxio da Caridade • Luciano Caño, educador de cegos e pianista • Padre Busto, sacerdote obreiro (1924-2018) - Figuras locais: Agustín Díaz Sánchez, mestre, director do colexio Alborada • Ángel Ron Fraga, médico, fundador da Maternidade Belén • Ángel Rebollo, concelleiro (-1949) • Antonio Noche López, párroco • Antonio Pedreira Ríos, avogado e concelleiro (-1954) • Antonio Ríos, doou a colección de reloxos (1892-1973) • Doctor Vázquez Iglesias, médico (1943-2007) • Emilio Jaspe Deza, policía municipal • Enrique Dequidt Hevia, profesor e fundador (1861-1912) • Esteban Lareo Castro, concelleiro (1943-1996) • Federico García, mestre (1889-1983) • Fernando González, empresario e construtor (-1900) • Fernando Suárez, presidente da cociña económica • Francisco Rodríguez Otero, concelleiro, fundador do Club Sin Querer (1898-1979) • Fernando Arenas Quintela, editor e libreiro (1929-1990) •
Francisco Prego, funcionario fusilado (1891-1936)• Fructuoso Casasola, farmacéutico •Inés Debén, defensora da cidade contra Drake•Javier López López, policía afogado en acto de servizo en 2012• Joaquín Galiacho, propietario dunha fundición (século XIX) • José Luis Cereijo Santamaría, médico e concelleiro • José Luis Pérez Cepeda, concelleiro e presidente do Deportivo (1919-1966) • José Ramón Taracido, voluntario finado nun rescate marítimo en 1988 •Juan Darriba, neno finado afogado nun rescate en 1896• Juan Manuel Iglesias Mato “Palau”, concelleiro (1947-2008) • Luis Díaz González, profesor represaliado • Luis López Casanegra, médico • Luis Rodríguez Lago, médico (-2006) • Maestro Bernardino González, mestre • Maestro Núñez Montero, profesor, fundador do Fogar de Santa Margarida • Manuel García Canzobre, artista do entroido (-1977) • Manuel Monasterio López, profesor • Marcelino Pedreira Fernández, profesor • María Puga Cerdillo, profesora • Marina Nieto Álvarez, fundadora do colexio Castilla •Médico Durán, médico (1859-1939)• Padre Gil, sacerdote (século XX) •Rafael Bárez Vázquez, avogado e concelleiro (1946-1996)• Reverendo Padre Álvarez Cabezas, párroco, fundador do colexio Obradoiro (1924-1980) • Rubine, empresario e xornalista (1812-1885) • Sargento Veiga, garda civil asasinado por ETA • Torreiro, propietario de varias casas da zona (século XVII) • Víctor Fernández, médico (1900-1980) - Músicos:
Alberto Garaizábal Macazaga, músico (1875-1947)• Javier Fonte, músico (1940-1995) • Maestro Anta, compositor (1900-1978) •Maestro Clavé, músico (1824-1874) - Militares: Almirante Eulate, heroe da guerra de Cuba (1845-1932) • Cabo Ponte Anido, membro da División Azul (1922-1941) •
Cabo Santiago Gómez, sublevado que bombardeou o Goberno Civil (1923-1936)Retirado do rueiro • Capitán Cristóbal Díaz, defensor da cidade contra Drake • Capitán Juan Varela, defensor da cidade contra Drake • Capitán Troncoso, defensor da cidade contra Drake • Comandante Fontanes, comandante da lexión, finado en Marrocos (1879-1922) •Manuel Deschamps, mariño, heroe de Cuba (1853-1923)• Marqués de Cerralbo (Juan Pacheco de Toledo), capitán xeneral en 1589 • Montoto, defensor da cidade fronte a Drake •Teniente Coronel Gómez Zamalloa, membro da División Azul (1897-1973)Retirado do rueiro • - Xornalistas:
Alfredo Tella, xornalista (1873-1927)• Antonio Pereira, xornalista oposto a Fernando VII •Arcadio Vilela Gárate, xornalista paramilitar• Luis Pita, xornalista (1942-1997) •María Luisa Durán Marquina, xornalista e profesora (-1966)•Urbano González, xornalista, fundador da Asociación da Prensa - Políticos: Enrique Salgado Torres, director xeral de vivenda (1913-1991) • Fernando Macías, liberal sublevado en Cacheiras •
Hermanos de la Lejía, militantes socialistas• Joaquín González, militante libertario (1919-2005) •José García Vázquez, anarquista (1901-1937)•José Vázquez Rozas “Parsifal”, militante anarcosindicalista (1898-1936)• Regidor Somoza, político (1744-1809) - Científicos: Andrés Antelo, enxeñeiro e inventor (1781-1849) • Doctor Camilo Veiras, oncólogo (1943-2009) • Eduardo Vila, enxeñeiro, deseñou a dársena (1853-1928) • Fernando de Sande y Lago, científico do século XVIII • José María Hernansáez, divulgador de técnicas agrícolas • Picavia, enxeñeiro (-1858)
- Outros: Agar, capitán do porto de Muxía e alcalde de Bogotá • Coronel Calaza, bombeiro, creador do plan de incendios de Bos Aires (1852-1913) • Cronista Pacheco, historiador (século XVIII) • Eduardo Diz López, empresario (1917-2011) • Juan Cancelo, fotógrafo (1892-1988) • Lorenzo Meyer, reloxeiro (século XIX) •
Luis Quintás Goyanes, pintor (1907-1987)• Magistrado Manuel Artime, xuíz (1907-1973) • Manuel Guitián, economista (1939-2000) • Manuel Piñeiro Pose, pintor (-1940) •Pedro Ferrer, fotógrafo e editor (1870-1939)• Zalaeta, asentista das obras do cuartel (1763)
Non teño datos sobre: Antonio Insua Rivas • Doctor Ferrant • Juan Castro Mosquera • Julio Montero • Manuel Díaz --Jglamela (conversa) 30 de xaneiro de 2016 ás 20:06 (UTC)
Outros nomes que non están incluídos, pero que poderían estar:
- Santos e figuras relixiosas: San Amaro, San Antonio, San Benito, San Blas, San Carlos, San Diego, San Fernando, San Ignacio, San Isidoro, San Jaime, San Jorge, San José, San Juan, San Leandro, San Leopoldo, San Lorenzo, San Lucas, San Mateo, San Pablo, San Pedro, San Roberto, San Rosendo, San Sebastián, San Tirso, San Vicente, Santa Cecilia, Santa Teresa, Santo Tomás, Niño Jesús, Reyes Magos, Sagrada Familia, Ángeles. Algunhas rúas que reciben nome por unha igrexa, capela ou institución relixiosa (nalgúns casos desaparecida) son San Agustín, San Nicolás, Santa María, Santiago, Santa Lucía, San Andrés, San Cristóbal, Santa Lucía, Santa Catalina, San Roque, Santa Bárbara, Santiago, Santo Domingo, Santa Gema, San Francisco.
- Advocacións da Virxe: Nosa Señora, Nosa Señora de Fátima, da Luz, dos Rosales, do Perpetuo Socorro, do Rosario, María Auxiliadora, Carmen.
- Figuras mitolóxicas: Hércules, Xerión, Gambrinus.
Tampouco aparecen outras rúas como Irmandiños, Comuneros de Castilla, Donantes de sangre, Víctimas del terrorismo ou Voluntariado, nin institucións (Coral El Eco, Coro Galego Cántigas da Terra, Real Club Deportivo de La Coruña, Club del Mar). --Jglamela (conversa) 31 de xaneiro de 2016 ás 12:33 (UTC)