Saltar ao contido

Conversa usuario:Lmbuga/discusións 8

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Desculpas

[editar a fonte]

O primeiro que teño que facer, prezado Lmbuga, é pedirche desculpas. Sinto moito que entendeses esa frase sobre o restaurante como o que non é, ou cando menos como o que non pretendía ser. Síntoo moito. Ti non dixeches iso, nin querías dicir iso. E eu obviamente levei a literalidade ao extremo. Desculpa.

Por outra parte, creo que es lixeiramente inxusto cando me chamas 'parede'. Creo que nos últimos días, ante o silencio de moitos (o que a min me consta, cando menos) eu quixen conseguir un consenso e mantiven un debate, creo que cordial, contigo. Pero iso agora é o de menos. Creo que é responsabilidade dos administradores manter tamén a calma e tentar conducir a situación á normalidade. Iniciouse un proceso de definición de incompatibilidades que entendo moi positivo. Ti fixeches unha achega moi interesante, que eu respaldei. Non podemos levar as cousas pola vía do ben común? Prégoche que reconsideres a túa decisión. A wikipedia necesita a Lmbuga e eu, a título persoal, tamén te necesito, necesito o teu traballo, a túa experiencia e a túa opinión nos debates. Un agarimoso saúdo. --Xabier Cid 17:11, 4 abril 2008 (UTC)

Lmbuga, Lmbuga, reflexiona! Coido que ás veces es moi temperamental, iso pode ser bo, pero na Galipedia os máis dos casos non o é. Sabes que che teño moito aprezo, e coma eu creo que moitos usuarios máis. Moi pouca xente pode igualar o incansable labor que fixeches aquí. Por favor, non te quentes, ti sigue como Lmbuga, non perdas a identidade, non te sintas alleo, porque en boa parte o proxecto leva a túa alma. Un forte saúdo. AlberteSi, digame? 17:29, 4 abril 2008 (UTC)

Lamentablemente cando subín eses arquivos (Imaxe:Patton.jpg, Imaxe:Hispania.png, Imaxe:Visigodo.gif) descoñecía a información precisa da súa orixe, polo tanto non queda máis remedio que buscar en commons ou ó menos os mapas, facelos eu mesmo. --Adalbertofrenesi(fala) 21:50, 4 abril 2008 (UTC)

compañeirismo

[editar a fonte]

Ola Lmbuga ! Alegroume moito a mensaxe que deixaches a XabierCid ! Estou case segura que nos temas que te preocupan non concordo con ti. Isto non ten moita importancia para iso hai debates e decisións. Direiche que en algúns casos, sendo eu administrador, teriache bloqueado un par de horas, tal vez un día ou dous, por non respeto da etiqueta, e engado imediatamente que moitas veces mais eu bloquearia outros usuarios con mais tempo en certos casos e que ningun administrador actual o fixo (sendo ti administrador). Esique para mín todo iso esta pechado por ser o pasado e agora van vir (polo menos pensóo eu) regras definidas sobre os bloqueos dos usuarios, para cos administradores teñan regras concretas a aplicar, e para que leven a decisións da comundida os casos dubidosos e os casos que non son da responsabilidade dos administradores. Pratico a boa fé e sei moi ben que cando usuarios metense en problemas fóranos a Galipedia é porque pensan millorar o traballo dentro da Galipedia. Para mín, e ti sabelo ben, o traballo da Galipedia só pode ser dentro da Galipedia, mismo cando se quer facer un papel de publicidade para que sirva fora. Todo isto aclarado eres un usuario e un administrador con valor completo (retirando as tuas competencias no tema das imaxes e de commons). Por encima eres un compañeiro que aprecio moito (e retirando as tuas competencias no tema das imaxes e de commons) sobre todo pola sinceridade fundamental que demostras sempre. Esique digocho claramente a Galipedia non necesita dunha escura IP e dun usuario servil para tarefas. A Galipedia necesita (penso eu) que deixes de lado os sentimentos negativos (xa que os tes eses sentimentos, podelos expresar en privado), e as autocriticas (xa estamós os outros para criticarte e hai outros administradores para bloquearte). Todas contribuciós que fas teñen que ser do compañeiro Lmbuga, usuario respectable. Eu de eso non dudo e saudoche con moito prazer compañeiro Lmbuga ! ElviraConversa con mi 12:08, 5 abril 2008 (UTC)

    • Ola Lmbuga ! Encantoume a tua mensaxe e agradezcocha (non porque penso que debo agradercha, pero porque penso que agradezcocha). Eu sei moi ben que non me fallas ao respecto e que non dudas do noso compañeirismo, eisique non tes porque darme gracias, nin agraderceme nada por deber. Fallo de vocabulario, de sintaxe, de normas de ortográfia e de morfolóxia do galego e sei que é dificil de entenderme. Vouche falar de xeito moi esquematica para compensar :
  1. Traballo dos usuarios dentro da Galipedia tratandose de publicidade da Galipedia é isto Wikipedia:20.000 artigos, calquera podeo imprentar e no baixo da páxina esta a licenza, o que fai a imprenta colle a responsabilidade de usar. Logo hai esta páxina Commons:Commons:Prensa que tamén se pode facer o mismo, mais esta segunda páxina da ligazons para que a prensa colla contacto con quen debe collelos. Entendendo as cousas esi propuchen isto Wikipedia:A Taberna (xeral)#Ferramentas pa preparar o Dia de Internet 2008.
  2. Cando un usuario vai de paseo : Si un día fuches falar en algures con iste tipo de documento e coa aprobacíon dos galipedistas ficheches ben, supoño que non hai delito diante dun tribunal e por demais fichelo para comunidade, eu non son xuez, nin policia e non me importa porque eu non andaba por eiqui e non me enterei. Estando nise momento eu eiqi, seguramente que o resultado fose o mismo, agás no consenso comunitario que deuche ese cargo : eu diriache "non che dou permiso para nada, porque non teño ise poder e non somos usuarios, burocratas e admisitradores reunidos unha entidad, só somos unha comunidade para editar e todoo o que podemos facer e organizacíon do mantemento para cas edicions sexan unha boa enciclopedia respetando os piares wiki". (Para mín a soa cousa admitible é ir coller informes a unha reunion, nun caso execional e do xeito que se di que fixeron Alma e Estovaie na reunion de cidadania).
  3. Cando Fulanito, que por demais é usuario ( tamén pode ser burocrata e/ou adminsitrador) da Galipedia fala en publico. Si ti Miguel L.S., professor, fotógrafo e usuario/administrador da Galipedia estas invitado o telediario de Antena 3 o día de Internet e invitaron un panel de xente metida en sitios web e ca tua testimonia resulta interesante por ser ti un administrador da Galipedia, pois é problema teu de ir contar o que queiras. Si non te rexistralles co teu nome real , non se pode saber cal usuario eres. Mais eu como sei ben quen eres e que miro todos os días ise telediario (lol) e que xa te vin nuha xuntanza, pois pó outro día veño porche esta mensaxe na tua páxina de conversa : "Lmbuga ! que fermoso estabas onte na tele, que ven falaches da Galipedia e patati e patalo ....) (isto é unha hipotesis porque eu só podo captar TV1 coa TNT e non sei si falariache esi (lol)). A comunidade non ten nada que ver no que fas na túa vida real, do momento que non leva consecuencias no teu traballo eiqui. Si solo ficheches unha testimonia persoal falando ben ou falando mal é problema teu Miguel L.S., o usuario Lmbuga non falou. Vasme decir que non eres duas persoas. A ver si anticipio e douche unha ilustracion de hipotesis. Pregunta : "Usted é administrador na Galipedia e ten o poder de bloquear os outros usuarios. Contenos eso ! ¿ Hai regras ? ¿ Ocurre moitas veces ?" Poís eres tú o que sabes a tua postura ao ir ali, sabendo que calquera que se rexistra na Galipedia, pode velo todo e consultar os informes : o teu rexistro de bloqueos, as normas para bloquear (si has hai !), a lista de administradores, a lista de burocratas, as politicas, as conversas das páxinas de conversa, os debates da taberna etc etc. E o teu problema Miguel L.S. si te pos en postura de falar como Lmbuga. Unha persoa que se rexistra na Galiedia non se rexistra nuha secta. É a misma problematica que si vas a esa emirora de tele falar como profesor para testimoniar sobre os colexios e ca administracion de educacion non che mandou. Eres tu que tes que saber si cando falas dun colectivo, sen ca tua fala veña de parte do colectivo, eres capace de asumir o que vas decir. Que eres usuario da Galipedia non é un secreto, ainda que hai moi poucos usuarios que dan o seu nome real. O teu concello, o teu sindicato, o teu partido, o teu colexio, a tua asociacion de futbolistas poden che pedir de irlle facer publicidade, a Galipedia non. O teu concello, o teu sindicato, o teu partido, o teu colexio, a tua asociacion de futbolistas poden che pedir de irlle facer publicidade para a Galipedia, e tu (Miguel L.S.) podes, sen pedirlle nada a Galipedia, organizar unha reunion donde che déen as ganas e explicarlle a 20 ou 100 persoas o que queiras para que se animen a ser usuarios, podes decir que na Galipedia eres Lmbuga. Mais Lmbuga non pode facer iso.

Tiven coidado de non utilizar palabras como "representar". Non olvides que non teño amo para pensar e que tampouco son ama do pensamento de ningén. Non olvides co meu aprecio non vai por concordar, vai por respecto mutuo e sinceridada, duas cousas que penso que compartimos os dous. Movo facilmente a miña opinion cando é opinion sin raices, para mover unha opinion que leva moitas raices na miña mente haique arrincar as raices unha por unha. A miña decision de meterme nas wikis, durou casi un ano. E durante ise ano non me preocupei de ningun detalle "technico" (onde se fai clic para rexistrarse, como se edita unha paxina ... ningún dises detalles), nin do funcianamento interno dos usuarios (regras de formato, bloqueos, administradores etc), só me preocupei do sentido que lle daba a pasar tempo compartidondo conocementos da humanidade acesibles de balde e sin que eu fose especialista de conocemto ningun. Houbo xente para explicarme que era posible e anduven lendo montons de artigos da wiki en francés, vendo que eu aumentaba os meus conocementos, vendo erros, etc. E no xaneiro do 2007 decidin que me pagaba a pena de traballar de balde para un proxecto da Wikimedia. E a pouco tempo descubrin a Galipedia e coa axuda de Prevert, e despois de Alberte .... eiqui estou. Ti non tes o mismo camiño, maís eiqui estas tamen. Polo momento non sei ben cal é o meu papel non traballo da comunidade, pois retireime por un momento das conversas da comunidade ( e polo tanto levase un debate importantisimo sobre as regras dos administradores).
Doime que te queixes Lmbuga e que edites como IP. No hai nada de dramatico na Galipedia, só hai usuarios que traballan de boa fe para construir unha enciclopedia, que nunca se acabara e que sempre sera imperfecta, os lectores sempre teran que ter espiritu critico. Si Miguel L.S. sufre por causa da Galipedia podoo o escoitar, entendelo, comprendelo, todo é posible pero fora da Galipedia. Digoche isto para recordarche que estaba previsto con Lansbricae, Sobreira, Benini e outros usuarios da ultima hora da xuntanza de decembro que nos volveriamos ver por fines de abril ou principios de maio. A Xuntanza que propón Agremon non me interesa polo contido, clao que si estou por eli, irei comoer ou tomar un vaso cos galipedistas, pero non me apuntos os traballos que fagan. As xuntanzas para mín son como o correo electronico, utilizo eso para favorecer a nosa convivencia, cando traballo para o proxecto de wikimedia sóo o fago dentro de proxecto. Falei moito, xa veras ti si les todo ou a mitade. Saudos compañeiro Lmbuga ElviraConversa con mi 18:59, 7 abril 2008 (UTC)

  • Ola Lmbuga. Antes de nada quero manifestar que esta é unha mensaxe persoal aínda que sexa pública e neses termos foi escrita así que espero que se a len outras persoas non a malinterpreten. Chegado a certo punto por diversos motivos non seguín os debates en curso. Nos últimos meses houbo demasiadas discusións, semella que non serviron para nada. Non lle vexo moito sentido a falar por falar, a miña posición é que as palabras carecen de significado se non están refrendadas por feitos. Cada un de nós ten unha responsabilidade no sucedido, co noso comportamento retratamonos (algúns para ben, outros para mal), podes estar seguro que se houbo alguén que actuou correctamente, dun xeito altruísta, comprendendo a dimensión dos feitos e pensando no ben do proxecto esa persoa foches ti. Quen teña os ollos abertos ha ter ocasión de velo. Hai certas ideas ou accións que non poden explicarse, por máis que se intente, a quen non está en disposición de comprendelas ou nin sequera quere comprendelas. Cando un fai todo o posible para solucionar un problema debe estar ledo de telo feito. Sei que ti fixeches todo o posible. Quero agredecerche, xa non como usuario do wiki senón como persoa que aprecia a quen ten un comportamento como o teu, todo o que tes feito por este proxecto. Teño que engadir que para min tamén foi e é unha ledicia coincidir aquí contigo. Como moitos de nós xa sabemos nos wikis xuntase moi boa xente ao mesmo tempo que abondan os incendiarios, os que se adican a ver como arde o lume ou a botar gasolina pensando que é auga. Non se pode estar tornando do lume sempre, é un esforzo descomunal e ás veces cómpre durmir. Se podes deixa de preocuparte, espero que poidas desfrutar colaborando sen agobios. Se algo ten que arder que arda ou que tornen outros, se todo isto (a historia completa) non fora un pouco triste diría que habiamos botar unhas risas (teño que recoñecer que algunha vez non puiden evitalo). Quede aquí escrito o meu respecto sincero polo teu traballo e polo teu comportamento. Apertas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:40, 8 abril 2008 (UTC)

concordamos

[editar a fonte]

Ola Lmbuga ! Veño de ver a tua mensaxe de onte. Pois nos tres puntos concordamos. Si che parece que no terceiro non concordamos é por que me expliquei mal. Eu entendo as cousas como as dis. Poudo haber confusion porque no meu xeito doulle moita importancia a responsabilidade persoal e intencinalmente non aclaro o resultado que se debe entender (e por demais falo moi mal o galego). Lein ben o que dis é eu pretendo decir igual. Xa andaba pensando que non era boa cousa que me metera en tanta explicacion, como ando facendo por ser eu esi. Niste caso contigo, estou contenta, non perdin tempo, xa que ao final por non comprenderte antes, agora comprendo a tua postura desde o principio e por demais concordo con ti. Son duas cousas que contan moito para mín. Sobre todo de comprender a tua postura usuario/persoa. Hasta hoxe eu non tiña claro a tua postura. Agrasezcoche a paciencia que tes comigo e (non sei si isto dise en galego) retiro o sombreiro frente a ti ElviraConversa con mi 11:10, 9 abril 2008 (UTC)

Ola, Lmbuga. Non sei se ti me deixaches unha nota sobre unha imaxe, porque a IP que ma deixou non era a que habitualmente usas ti. Se é así, esa foi unha imaxe previamente subida á Galipedia, e que logo alguén moveu pra Commons. Si iso significa que hai que borrala en gl: adiante, claro. Non sabía que fose así, :), sorry. --Xabier Cid 16:55, 10 abril 2008 (UTC)

Poderías dar automáticamente licenza GFDL-compartir-con autoría a estas imaxes. Se queres tes autorización expresa e explícita para darlle esta mesma licenza a tódalas imaxes que eu subise e que non presenten problemas aparentes de autoría e que non mencionen o contrario (e isto inclúe especialmente tódolos mapas). -- Sobreira (parlez) 21:11, 14 abril 2008 (UTC)

  • imaxe:Ollo de gato (catadióptrico).jpg debería borrarse, xa non me lembro de onde a saquei, pero non é miña. User:Sobreira

Charlas en Ordes

[editar a fonte]

Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. -- Sobreira (parlez) 22:02, 15 abril 2008 (UTC)

Ola Lmbuga! Vin aínda agora a mensaxe, que levaba semáns sen entrar na Galipedia. Moitas grazas pola proposta, vou a botar un ollo ás outras candidatas para votar algunha. Saúdos. --Iago 16:25, 16 abril 2008 (UTC)

Ola Lmbuga. En realidade, agradézoche que mo comentes porque, de feito, estaba a reducir o tamaño das imaxes para cargalas na Galpedia, pensando que era mellor canto menos ocuparan. Pero sabendo que é mellor que sexan máis grandes, a partir dagora vounas a subir no formato que apuntas. Apertas! --Iago 11:38, 17 abril 2008 (UTC)

As miñas grazas tamén polas propostas, xa que me propuxeches dúas veces, ogallá fixera eu unhas tan boas como algunha das túas. Por certo subín dúas imaxes de Flickr, Imaxe:1239353596 8394eaad32 o.jpg e máis Imaxe:249884420 06cbb00485 o.jpg nos artigos de Faro de Illa Pancha e Faro de Punta Atalaia e necesitan a verificación dun administrador. Podes facelo? Grazas.--PepedoCouto 21:19, 16 abril 2008 (UTC)

Grazas polas túas explicacións, tereino en conta no futuro. Aproveitando que estás de garda, quero almacenar as miñas conversas. Cómo se fai?--PepedoCouto 14:37, 18 abril 2008 (UTC) A imaxe está en Faro de Illa Pancha--PepedoCouto 14:41, 18 abril 2008 (UTC)

etiquetas escaneadas

[editar a fonte]

Dis que non comprendes qué pretendo con estas ultimas imaxes. É sinxelo: reflictir con exemplos reais o uso (e abuso) dos aditivos nos alimentos. Inventarnos unha etiqueta non expresa o mesmo (non o expresa coa mesma forza) que coller exemplos reais de calquera alimento que calquera de nós podemos comprar hoxe mesmo ou ter na nosa despensa. Non entendo eu qué posible copyright poden ter, pero iso non cho podo discutir. Bueno, adiantemos: se cres posible facer unha (ou varias), e en galego, fai unha proba. O certo é que creo que neste artigo só caben fotos ou imaxes deste estilo (non diría nada unha foto dun chicle, dunha galleta ou dun iogur, por exemplo) e, sen fotos, resultaría ilexible (xa con elas pode resultar pesado, imaxínate con só texto). Na páxina de borrado xa puxen que non tiña inconveniente (e incluín outra, tamén miña, que estaría no mesmo caso), así que ti verás se procede seguir coa votación ou eliminalas directamente. Fagas o que fagas, ben feito estará. Sen problema ningún. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:45, 16 abril 2008 (UTC)


Bolo recheo

    • Paréceme perfecta (salvo erros que logo che comento) e dá esa idea de etiqueta real que eu quería, así que procederei a substituíla en canto me cambies catro cousas: non é "cacao desgraxado" senón "desengraxado"; non é "levadura" senón "lévedo"; non é "goma de guar" senón "goma guar"; e non é "E-304y" senón "E-304i" (a subdivisión de aditivos variantes dunha mesma fórmula faise con letras (a, b, c, d...) ou con incisos (i, ii, iii)). Feitos eses cambios, non lle vexo problema ningún. Moitas grazas polo esforzo e noraboa polo resultado. Un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 12:36, 20 abril 2008 (UTC)

Cocido

    • Na etiqueta do cocido temos máis problemas. A orixinal viña dun cocido madrileño e a iso corresponden os ingredientes. A túa é un cocido galego e pouco ten que ver con aquel nin cos seus ingredientes (a verdade é que non me imaxino un cocido galego en conserva, pero todo se andará). Non é só que na etiqueta falte a verdura. Hai moitas máis diferencias (o noso nunca levaría cenoria [non *cenoira], aceite, pemento [non *pementón] nin perexil).
Non sei se hai receita "oficial" do cocido galego, pero a composición que vexo ("Manual gráfico e contido nutricional de pratos galegos") é a seguinte, en orde de ingredientes: costela de porco, touciño, polo, xarrete, patacas, grelos, chourizo e sal. Se lle pregunto á miña muller dime que: porco (costela, orella, morro, pezuño, rabo), patacas, garavanzos (non lle gustan as fabas), becerra (xarrete), polo e nabizas (prefíreas ós grelos); nunca lle bota sal porque xa o leva dabondo o porco, nin pemento nin nada similar.
Taboada Chivite recolleu un refrán: O caldo fozado, corneado i esgarabetado (é dicir, con porco, becerra e galiña). E nun libro de festas gastronómicas, a cociñeira que ganou o premio nunha das Feiras do Cocido de Lalín dicía: O cocido debe levar do porco algo de todo, dende o rabo ... á cabeza... pasando polo ril, corazón, lingua, soá e costela e, por suposto, chourizos. Bótolle, tamén, xarrete e falda de tenreira, galiña con canta máis graxa mellor, garavanzos, fabas, grelos ou coles, patacas e unto.
Con todos estes datos, hai que cambiar moito na etiqueta. Primeiro, eliminar porcentaxes e así non nos complicámo-la vida: costela de porco, orella de porco, patacas, carne de polo, carne de vacún, fabas, grelos, chourizo [papada de porco, carne de vacún, auga pimentón, sal, fécula de pataca, proteína de plasma, estabilizador (difosfatos), touciño, antioxidante (ascorbato de sodio), conservante (nitrato potásico), colorante (carmín cochinilla)] e sal.
Nesta hipotética receita perdémonos os aditivos que a industria empregaría nesa costela salgada, no touciño (algún antioxidante, seguro). Non indicamos a auga que non teño nin idea de qué lugar ocuparía na composición. Asumimos que leve colorante, que non sei se sería necesario, e que leve sal, se así o di ese "Manual gráfico". Pero non perdemos nada importante nin a expresión de todos eses aditivos co seu nome, que era o que me interesaba.
Bueno, que xa me contarás. Por suposto, a lista de ingredientes que propoño (e a orde de presenza, en peso) está suxeita a discusión. Pedro --Lameiro (conversa) 17:48, 20 abril 2008 (UTC)

Salchichón

    • A do cocido, correcta. Canto á de salchichón o único que reparo é nesa "belota". Mellor "landra" ¿non?. O aspecto do salchchón da fotografía non desmerece dun ibérico, por moi perralleiro que lle chames. Pedro --Lameiro (conversa) 19:48, 20 abril 2008 (UTC)

Lancebot

[editar a fonte]

Ola Lmbuga, como burócrata que sigues sendo bótalle un ollo a isto: Wikipedia:Taboleiro dos administradores#Solicitude de borrado de Usuario:Lancebot, a ver se podes proceder a realiza-lo pedido. Saúdos. AlberteSi, digame? 08:58, 17 abril 2008 (UTC)

    • Eu penso que non se pode eliminar un usuario, así que se é iso o que pide Lncebot non creo que sexa posible. Ó mellor o que pide é que eliminemos a páxina de usuario, mais non marcou como lixo esa páxina. Se o fai bórrase, mentres tanto queda todo como está. Perdoa a molestia, e perdoa por tardar en contestar. Apertas. AlberteSi, digame? 11:57, 20 abril 2008 (UTC)

Ola Lmbuga ! Moitas gracias ! Gustame de ver que se retirou ese aviso tan feo ! Eu opino que agora debese retirar dos historiales as edicios de copivio para estar en regla cos direitos, e isto só un administrador pode facelo. Saudos ElviraConversa comigo 19:25, 18 abril 2008 (UTC)

Lmbuga, eu non pido nada solo me comporto co que aprendo na wiki francesa : os direitos sobre os textos levan problemas xuridocos, e cando sóo se trata de frases nun artigo, retiranse dos historiales as edicios correspondentes porque en canto estan nos historiales sigue correndo o copivio. E posible que non sexan os mismos problemas para nos eiqui. Niste caso non actué por opinion ou desexo persoal, actuéi por pensar que era grave como na wiki francesa. Nada maís Lmbuga. Saúdos ElviraConversa comigo 19:51, 18 abril 2008 (UTC)
Xa cho dixen Lmbuga, non hai peticion e non perdas tempo para comentar. Eu en toda sinceridade pensei que era grave, xa que non é grave pois eu non teño opinion persoal ninguhna sobre o tema. Metinme porque somos poucos e pensei facer no innterese da comunidade. Non te preocupes si fose asunte que me interese houberacho dito e interesariame a tu a opinon. Para mín xa non hai problema. Saudos ElviraConversa comigo 20:30, 18 abril 2008 (UTC)
Hola Lmbuga, no se trata únicamente de frases literales, sino de mínimas variaciones que, creo, siguen constituyendo un plagio. Compara estos dos textos:
Una universidad privada, un hotel, un casino, una urbanización de chalés e incluso sede del Gobierno autonómico. El pazo de Meirás y sus nueve hectáreas de terreno han despertado desde la muerte de Franco todo tipo de intereses. La última propuesta, la de la Xunta, que por iniciativa del BNG de Sada quiere declarar la propiedad como Bien de Interés Cultural (BIC), aunque la familia Franco no tiene demasiado interés en contar con este tipo de protección. El ayuntamiento de Sada aprobó en el pleno de esta semana una propuesta para que la Corporación acuerde instar al Gobierno gallego a agilizar los trámites para conseguir esta declaración, además de permitir abrir al público el Pazo de Meirás. Declarar el pazo de Meirás como BIC supondría su consideración como propiedad privada pero de dominio público. Sus dueños tendrían que pedir autorización para cualquier obra que quisiesen realizar en la finca y estarían obligados a facilitar su visita, normalmente cuatro días al mes. También tendrían ventajas fiscales, subvenciones para mantenimiento y restauración.
[...] dunha universidade privada, un hotel, un casino, unha urbanización de chalés e ata a sede do Goberno autonómico. O pazo de Meirás e as súas nove hectáreas de terreo espertaron desde a morte de Franco todo tipo de intereses. A última proposta, a da Xunta, que por iniciativa do BNG de Sada quere declarar a propiedade como Ben de Interese Cultural (BIC), aínda que a familia Franco non ten demasiado interese en contar con este tipo de protección. O concello de Sada aprobou en pleno unha proposta para que a Corporación acorde instar ao Goberno galego a axilizar os trámites para conseguir esta declaración, ademais de permitir abrir ao público o Pazo de Meirás. Declarar o pazo de Meirás como BIC suporía a súa consideración como propiedade privada pero de dominio público. Os seus donos terían que pedir autorización para calquera obra que quixesen realizar na leira e estarían obrigados a facilitar a súa visita, normalmente catro días ao mes. Tamén terían vantaxes fiscais, subvencións para mantemento e restauración.
También:
O Pazo de Meirás, reconstruído en liñas románticas e estilo historicista, consta de tres torres almenadas de pranta cadrada e distintas alturas, unidas por un corpor máis baixo, de canteiría de granito. A torre máis alta é a que a condesa de Pardo Bazán chamou Torre da Quimera, onde se atopaba a súa biblioteca
[...] pazo de Meirás [...] es una reconstrucción de líneas románticas y estilo historicista [...] consta de tres torres almenadas de planta cuadrada y de distintas alturas, unidas por un cuerpo más bajo, de cantería de granito. La torre más alta es la que la condesa de Pardo Bazán denominó Torre de la Quimera, y donde tenía su biblioteca.
También:
[...]] acondicionouse o muro, a estrada desprazouse varios metros e ampliouse, instalouse unha grande porta de ferro na entrada principal -a que se emprega é unha lateral-, e se construíron garitas de vixiancia e fontes.
se continuó el muro, la carretera se desplazó varios metros afuera y se amplió, se instaló una espectacular puerta de hierro en la entrada principal -la que se utiliza es una lateral-, se construyeron garitas de vigilancia y fuentes.
No sé si esto no te parece un plagio como la copa de un pino, pero dejo en tus manos la gestión de este asunto, ya que no soy nativo de esta wikipedia y no deseo causar polémicas. Un cordial saludo --Ecemaml (talk to me) 14:40, 22 abril 2008 (UTC)

Hola Lmbuga, nada más lejos de mi intención que cargarte con el "mochuelo" :-) Simplemente pensé que sería más propio que alguien de esta wikipedia (no un invitado como yo) se encargarse de ello, pero no te preocupes, que ya me encargo yo. No te hago trabajar :-) Un saludo --Ecemaml (talk to me) 09:38, 24 abril 2008 (UTC) PD: por cierto, no estoy seguro de si estoy siguiendo el procedimiento correcto; si puedes echarle un vistazo te lo agradezco.

ARTIGOS SOBRE MEU PAÍS (MÉXICO)

[editar a fonte]

Hola, por o momento é feito esbozos dos estados mexicanos e da miña municipalidade chamada Tequixquiac, grazas por acordarme que tenho de agregar mais a información. Adeus amigo, Saudos de México —Marrovi 22:20, 21 abril 2008 (UTC)

Propoñer unha imaxe

[editar a fonte]

Ola. Veño de propor unha imaxe de Marrovi para imaxe da semana, cubrín o formulario, e está todo completo (http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Imaxe_da_Semana/Propostas/Imaxe:Toledo_Santa_Maria_la_Blanca.JPG), pero non aparece na lista de imaxes propostas. Teño que facer algo máis para que apareza? Grazas por adiantado. --Iago 17:20, 22 abril 2008 (UTC)

Grazas pola axuda. Apertas --Iago 10:17, 23 abril 2008 (UTC)

anos baleiros

[editar a fonte]

Ante todo un saúdo. Tes toda a razón no que atinxe ao dos anos baleiros. Non me gusta crear artigos dese tipo. e por que o fas?, preguntaraste. A razón de que empezase é que quería facer aflorar as cousas que estaban creadas sobre a antigüidade (e rastrexables pola presenza de datos cronolóxicos) para ver un pouco cales eran as carencias e defectos e cales os temas presentes na Galipedia. Quizais non sexa o método máis razoable ou o máis práctico ou mesmo oportuno, non o sei. Non pretendo crear artigos polo mero feito de crealos ou de facer vulto. Non me opoño a borrar aqueles que resulten baleiros, se o consideras oportuno... cos que quedasen xa chegaría para o meu fin. De todos xeitos direiche que o primeiro que fago cando edito un ano é buscar os artigos que liguen con el e incluír esa información no artigo do ano. Só nos anos cos que non liga ningunha páxina mantiven o contido sen nada. Comunícame que pensas que pode ser o mellor. Máis saúdos. --Servando2 (Dime) 22:58, 22 abril 2008 (UTC)

artigos sen contido

[editar a fonte]

Acabo de ler os teus comentarios ao que che escribín e concordo contigo. Estiven pensando no meu proceder e creo que tes razón, aínda que, como xa che dixen, o meu propósito non era crear artigos por facer medrar o número destes, senón porque foi a única maneira que se me ocorreu, inútil como son en cuestións técnicas de informática, para comprobar cales anos estaban con contidos xa na galipedia e cales non e de ver ademais de que contidos adoecían. Comprométome a ir propoñendo para borrar aqueles artigos baleiros que creei. (ou será mellor borralos eu directamente?). O que pasa é que nestes próximos días vou ter traballo noutros campos e non terei tempo para facelo, ten algo de paciencia que xa os irei quitando. Graciñas polo do método para descubrir os artigos que ligan con este sen gravar os contidos, Ese ha ser o meu camiño a partir de agora. Un cordial saúdo. --Servando2 (Dime) 23:17, 23 abril 2008 (UTC)

Ola Lmbuga, vin que lle puxeche un aviso a esta imaxe. No artigo onde está xa ten o DOG que é este: Decreto 212/1986, do 25 de xuño. DOG núm. 136 (15 de xullo de 1986). Por certo xa o comprobei e é correcto, dígocho para que llo engadas á imaxe. Grazas--PepedoCouto 15:13, 24 abril 2008 (UTC)

Non vou colaborar mais

[editar a fonte]

Ola.

Estimado señor. Sentindoo moito, non vou seguir colaborando ca Galipedia. Teño moitos artigos escritos para subir pero paso. Estades continuamente dicindome que as imaxes non teñen licenza, que as ides borrar, etc, que o DOGA na bandeira non aparece, etc... O DOGA na bandeira de Ribeira SI APARECE, non sei se non o vedes. As imaxes que eu subo , todas son libres de uso licenza libre para todo o mundo. Un cordial saúdo. xabiercs@gmail.com

Pazo de Meirás, 2

[editar a fonte]

Ola, Lmbuga. Fixen bastantes mudanzas no artigo Pazo de Meirás, e creo que se lle pode retirar a etiqueta de copyvio. Expliquei os trocos na páxina de conversa. Bótalle un ollo se podes. --Xabier Cid 22:39, 25 abril 2008 (UTC)

Por outra parte, sinto estar case quince días out e non actuar rapidamente na túa autoproposta de revogación. Desculpas. --Xabier Cid 22:40, 25 abril 2008 (UTC)
Xa sei que podería facelo eu... pero prefiro que o vexan tamén os teus ollos. --Xabier Cid 18:41, 27 abril 2008 (UTC)

Mudar os datos dunha imaxe

[editar a fonte]

Ola. Veño de subir unha foto do antigo edificio dos sindicatos de Santiago Imaxe:Antigo_edificio_dos_sindicatos_de_Santiago,_en_proceso_de_desmantelación.JPG#file, e acabo de decatarme de que a data que indica a cámara ten que estar mal. Cambieina para que se saiba, pero avísote porque non sei se as imaxes poden estar sen data. Grazas por aidantado. --Iago 18:19, 26 abril 2008 (UTC)

Moitas grazas por resolverme as dúbidas. Apertas --Iago 18:49, 27 abril 2008 (UTC)

Revogación

[editar a fonte]

Ola, Lmbuga. Ata o de agora nunca votei na wikipedia en función de que as cousas lle puidesen parecer ben ou mal a outra xente. Particularmente neste caso, votei contra da túa revogación porque estou totalmente en contra. Sei que os labores da administración son ingratos, e que producen ben máis amargores ca dozuras, así que dende un plano persoal, entendo e simpatizo coa posibilidade de que renuncies. De feito, se collemos a lista dos administradores actuais, a maior parte deles renunciaron en maior ou menor medida. Pero nun plano público, creo que a revogación é inaxeitada. Sabes que non compartín unha decisión concreta túa, e sigo sen compartila, pero iso non reduciu nin un ápice o aprezo que che teño como administrador: o teu labor é fantástico, rigoroso, e representa unha forma de ver a wikipedia coa que coincido ao 95% (e os teus últimos comentarios sobre as normas de votacións son un bo botón de mostra). Por iso, ao igual que entendo a túa renuncia persoal, estou completamente en contra da túa revogación pública. Non creo que a wikipedia poida facer o desbalde que supón perderte como administrador e como burócrata.

Se me permites un consello, creo que debemos facer un esforzo por manter a calma. A wikipedia está nun momento crítico, pero a teor do visto nas últimas semanas, esperanzador. Maio, e as primeiras semanas de xuño, debe ser un tempo de consolidación e de organización para encarar ben o verán. Estou seguro de que para setembro verás as cousas de forma moi distinta.

Canto ao do texto inglés, bótoche unha man no que faga falla, pero creo que o teu inglés é ben mellor có meu, e que ademais ti es un bo coñecedor da lingua que se emprega nestes casos. Eu, a verdade, non sabería nin por onde empezar. Pero podo botarlle un ollo, ou unha man a partir dun texto previo, ou o que prefiras. --Xabier Cid 18:41, 27 abril 2008 (UTC)


Orixe das imaxes

[editar a fonte]

Boas, desculpa por tardar tanto en responder. Gracias polos avisos que me deixache sobre as fotos que subín sen indicar a sua orixe. A partir de agora tereino en conta ;) Un saúdo --Efremigio 10:32, 28 abril 2008 (UTC)

Imaxes para borrar

[editar a fonte]

Ola. Gracias pola atencion, pero sigo sin saber por que esas imaxes que eu subin van ser borradas. Son todas miñas e xa teñen a licencia indicada. É unha pena que as borredes e que eu non entenda como hai que facer. Se non estan indicadas de xeito correcto borrádeas, pero sigo sin entender a que vos referides con eso da licencia. Eu so fago como fixen sempre, ademais noutras wikipedias non me pasa nada de eso. Un cordial saúdo e a seguir con ese traballo.

Se as imaxes son túas (iso quere dicir que ti es o fotógrafo, non valen imaxes doadas ou emprestadas por amigos) e teñen licenza, tes que editar as imaxes e escribir o outro dato necesario para que se poidan manter na Galipedia: Eu son o autor. Sen ese dato, denominado orixe, non se pode manter ningunha imaxe. Rogaríache que editases rexistrado, ó non estares rexistrado, non sei de que imaxes falas--Lmbuga Commons - Galipedia 16:14, 28 abril 2008 (UTC)

Etiqueta de licenza

[editar a fonte]

Ola Lmbuga, cando me dis que non as categoricei, a que te refires? Creo que o estou a facer.--PepedoCouto 11:30, 4 maio 2008 (UTC)

  • Pois moitas grazas pola túas explicacións, eu cría que poñendoas na galería de imaxes correspondentes categorizábanse elas automaticamente. Tereino en conta de agora en diante. Un saúdo.--PepedoCouto 13:44, 7 maio 2008 (UTC)

Xabiercs

[editar a fonte]

Ola de novo. Vaia unha politica que tendes na Galipedia. Resulta que engado artigos, engado fotografías, e logo porque comento que non vou colaborar mais, vai o señor Albert Galiza e bloqueame. Se dixen iso, foi porque continuamente me estades a dicir que as imaxes non teñen licencia, cando si a teñen, e que as ides borrar (algo que non é xusto). Ser un pouco mais seguros cas vosas accions porque se borrades a todos os que se queixan...que pasa, vos non tedes erros??. Con esa politica de facer calar a quen se queixa a Galipedia non vai ir adiante. Eu teño lido comentarios de usuarios onde incluso se chega ó insulto disimulado e seguen a engadir artigos. Non é xusto. xabiercs - xabiercs@hotmail.com

  • Tes permiso para desbloquear, pero hai algo raro e quédome coa dúbida: finalmente Xabiercs é unha conta do actual usuario da conta Xabier (que me pediu o bloqueo desa conta), ou realmente son usuarios distintos? Habería que aclarar o tema, porque eu actuei facendo o que se me pedía (bloqueando unha conta alternativa dun usuario que ten actualmente outra conta coa que editar). Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:11, 7 maio 2008 (UTC)

Ola de novo. Non sei porque non podes comunicar ca miña conta, funciona perfectamente. Se non podes contactar con xabiercs@gmail.com, proba con esta outra contacto@carreira.info . Un saúdo. xabiercs

Corrixino, semella que o marcador necesita o parámetro para funcionar correctamente. De todos os xeitos na miña opinión é moi dubidoso poñerlle un marcador tan ostentoso a un artigo bo dicindo que non ten fotografías (se cadra tamén dubidoso cun esbozo). Outra cousa sería clasificalo nunha categoría directamente. Penso que é dubidoso porque crea interferencia de máis entre enfocar o traballo á edición e os intereses dos lectores. De feito existía un Modelo:SenImaxe que apenas se usou por ese motivo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:17, 9 maio 2008 (UTC)

Ribadumia

[editar a fonte]

Subín a imaxe:Ribadumia escudo.jpg. Se o cres oportuno, colócaa no artigo Ribadumia, onde non temos imaxe do escudo. A fotografía procede dunha placa que hai ó pé da ponte sobre o Umia, en Pontearnelas, na beira de Ribadumia. Pedro --Lameiro (conversa) 23:12, 10 maio 2008 (UTC)

Sigo sin poder entender nada

[editar a fonte]

Hola Lmbuga. Respecto á mensaxe que me enviaches, dicirche o seguinte: a) Disme que o meu enderezo é de Hotmail e non podes contactarme. Non sei por qué, sempre foi gmail, e eu sempre puxen Gmail nos mensaxes. b) Disme que eu perdin o contrasinal. Tampouco perdin o meu contrasinal. c) Disme que eu solicitei a miña baixa como usuario. Tampouco solicitei baixa como usuario. d) Disme que teño dous usuarios creados......na de na. Tampouco. So quero (si podo, ehhh) seguir engadindo artigos con seriedade e que non me borredes as fotos que subo, porque son sacadas por min e non teñen dereitos de autor, e que lle comentes a AlbertGaliza que cal foi a causa pola que me dou de baixa como usuario. Un saúdo. xabiercs

Resposta

Non me gusta o seu proceder se é que vostede foi o que fixo as edicións con dúas ips diferentes na miñá páxina de conversa e asinando co usuario Xabiercs

É a última vez que lle respondo a unha cuestión sobre este tema se non se rexistra para editar na miña páxina (non sei se isto procede, pois non sei se vostede é a quen me debo dirixir, pois o proceder das ips que editaron na miña páxina é anómalo, e, inda que creo poder demostrar que vostede é o editor desas mensaxes, levaríame algo de esforzo e non teño ganas). Sigo sen saber se vostede é realmente Xabiercs ou se fai pasar por el (xa editou na miña páxina con dúas ips diferentes e asinando co mesmo usuario, polo que non sei con quen estou a falar). Tódolos datos que dá son incoherentes. Ó dicir que son incoherentes quero dicir que vostede ou mente ou é un desestabilizador nato. Que mente e pretende desestabilizar demóstroo a continuación


Disme que o meu enderezo é de Hotmail e non podes contactarme. Non sei por qué, sempre foi gmail, e eu sempre puxen Gmail nos mensaxes.

cando nesta edición pon o seguinte:

Se dixen iso, foi porque continuamente me estades a dicir que as imaxes non teñen licencia, cando si a teñen, e que as ides borrar (algo que non é xusto). Ser un pouco mais seguros cas vosas accions porque se borrades a todos os que se queixan...que pasa, vos non tedes erros??. Con esa politica de facer calar a quen se queixa a Galipedia non vai ir adiante. Eu teño lido comentarios de usuarios onde incluso se chega ó insulto disimulado e seguen a engadir artigos. Non é xusto. xabiercs - xabiercs@hotmail.com

  • Logo di:

Disme que eu perdin o contrasinal. Tampouco perdin o meu contrasinal.

Disme que eu solicitei a miña baixa como usuario. Tampouco solicitei baixa como usuario.

Disme que teño dous usuarios creados......na de na. Tampouco.

Que vostede solicitou o bloqueo da conta por ter dous usuarios é algo que eu contrastei aquí e tamén aquí. ¿De que vai vostede?

Déixolle esta resposta na súa outra posible conta, inda que quizais non sexa a súa conta e sexa vostede só un vándalo que queira marearme. Iso si, de aquí en diante só lle responderei sobre este tema se as explicacións son válidas ou se asina vostede como Xabier Cancela (pois eu renomeei o usuario Xabier a Xabier Cancela)

Grazas pola atención--Lmbuga Commons - Galipedia 23:53, 23 maio 2008 (UTC)

——>Adenda tras uns días de reflexión e motivada por ter nomeado a User:Xabier cancela. Deixei o seguinte texto na súa páxina de usuario:
  • Ola Xabier Cancela. Dúas desculpas: A primeira por non me ter conectado a Internet por problemas persoais nunha semana. Nin sequera puiden mirar o meu correo. A segunda por che ter metido en todo isto do xeito en que o fixen. A verdade é que me vin perdido, sen entender nada. As ips que se dirixiron a min mareáronme de tal maneira que considerei nun momento que eras ti o que se dirixía a min (certamente hoxe non dou afirmado tal cousa, pero, de que non podía afirmalo, decateime máis tarde do debido). Menos mal que me dei conta de que o asunto se me escapulía e, en vez de actuar erroneamente, solicitei que alguén mediase (desculpa que o fixese dunha maneira brusca, pero estaba alucinando co que se me estaba dicindo).
Teño ganas de esquecer este asunto. Inda non pasei polo Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios#Taboleiro dos administradores para facer constar as desculpas. Pasarei logo.
O caso é que hai algo que me volve marear (seguro que non ten que ver contigo). Na miña páxina de usuario pídeme unha ip que borre unha páxina de conversa de usuario. Non sei se ten que ver con este caso ou non, a ip que te suplantara é diferente (85.91.82.38), ou se ten que ver con outro. Coméntocho porque comentarche este caso permíteme facer unha reflexión que si che podería resultar interesante e que poño en cursiva, por se queres tela en conta e que desdiga algo do que puiden dicir nalgunha páxina de conversa.
Que eu saiba, non se poden borrar as páxinas de conversas doadamente. Os motivos son varios:
As páxinas de conversa dos usuarios non pertencen ó usuario, pertencen á comunidade e, especiamente, a todos aqueles que a alí escribiron. Se o problema que provoca que se queira borrar unha páxina de conversa é unha actuación miña, pódeseme solicitar que rectifique o dito nunha páxina de conversa; e pode solicitalo calquera, inda que non sexa o usuario que detenta a páxina. No asunto que nos concerne, se che molesta algo do escrito por min nalgún sitio, dimo, e farei unha explicación e/ou rectificación.
Borrar unha páxina de conversa é posible así e todo se, tal e como se di en Wikipedia:Eliminación rápida non existen motivos para conservala. Un conflito, mesmo unha imaxe marcada e borrada, pode ser suficiente para que se conserve (se eu borro unha imaxe, quero que haxa constancia de que me dirixín ó usuario e que non se poida afirmar que fago as cousas sen atender principios básicos). De borrarse a páxina de conversa, o contido desa páxina só podería ser visto por administradores, perdendo os usuarios un dereito que teñen: a transparencia.
Evidentemente, se me confudo en algo, ó primeiro que lle gustaría poder borrar a confusión é a min. Pero debe constar que me confundín, debo afrontar o feito
Conta comigo para deixar o teu nome limpo, no posible. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:22, 2 xuño 2008 (UTC)
A adenda foi escrita por --Lmbuga Commons - Galipedia 11:33, 2 xuño 2008 (UTC)

capela da Ascensión

[editar a fonte]

ola! hoxe fun de safari fotográfico pola Estrada, e tireille unha á capela da Ascensión. Podes preguntar a que parroquia pertence? Creo que está entre Arca e Codeseda, pero coa miríada de parroquias que hai no concello... Graciñas! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 21:48, 12 maio 2008 (UTC)

Arquivo de son

[editar a fonte]

Bos días, Lmbuga. Quería subir un arquivo de son, e prepareino en formato .ogg. É este: Ficheiro:Cantodagabita.ogg. O caso é que no meu computador escóitase perfectamente, pero ao publicalo na wiki, a pesar de que aparece como de 800 Kb, a duración é de 0 segundos, cando debería durar uns 6 segundos. Ti sabes por que pode pasar? Estou facendo eu algo mal? Ou temos algún problema co sistema de publicación de arquivos de son na wiki? Se ti non sabes, a quen lle podería preguntar? --Xabier Cid 06:44, 15 maio 2008 (UTC)

Síntoo, xa está. Amañeino modificando o procedemento de conversión, e pasándoo primeiro a mp3 e logo a ogg, e non directamente a ogg. Grazas en todo caso, e desculpa as molestias. O malo é que o subín directamente a commons... Non sei se iso pode supor un problema. --Xabier Cid 07:01, 15 maio 2008 (UTC)
Nada, Lmbuga, moitas grazas, pero xa o amañara... Deixárache a mensaxe aquí... --Xabier Cid 23:30, 18 maio 2008 (UTC)
——>Grazas por dicirme como o amañaras. Así, cando o intente, xa non terei ese problema. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:38, 2 xuño 2008 (UTC)

Why is that a decline? -- Cat chi? 15:17, 17 maio 2008 (UTC)

Fotos de Rosalía

[editar a fonte]

Ola Lmbuga!, acabo de subir 2 fotos sobre Rosalía de Castro, unha delas coido que a quitaches ti. Avísoche por se hai algún problema con elas. Por certo tes uns nenos moi xeitosos. --Hugo22 21:08, 18 maio 2008 (UTC).

thumbs
thumbs
thumbs
thumbs

Imaxe:Ordes - alameda e concello - 1.jpg e 2 son moi semellantes pero distintas. Pode deberse á miña obsesión polos encadres, que mesmo estando en sitios distintos meto os mesmos obxectos. No alto están cortadas a diferente altura nas árbores e no fondo unha ten unha persoa e outra non. Usuario:Sobreira

Imaxe dubidosa

[editar a fonte]

Contéstoche mañá, vale? --Xabier Cid 23:07, 19 maio 2008 (UTC)

Vin a túa foto das troitas en Commons, e é moi xeitosa. Pódese propoñer para Imaxe da semana se está en Commons? --Xabier Cid 22:26, 19 maio 2008 (UTC)

Nada, ho. Eu non ando moito por Commons, pero como estaban ligadas a artigos parecéronme bastante estrañas. por certo, hoxe borrei a presenza dunha imaxe en tres puntos da Galipedia, porque deron o aviso dende Commons. Eran fotos de Ben Johnson sacadas dunha base pública canadense; parece que ao final, esa base de datos ten unhas limitacións á reprodución maiores das que semellaba a simple vista. --Xabier Cid 12:09, 21 maio 2008 (UTC)

Re:Imaxe borrada por copyvio

[editar a fonte]

Ola Lmbuga:Grazas pola tua comunicación de borrado do Ficheiro:Antiguo-escudo-zaragoza01.jpg, pois pensando que era unha imaxe bastante antiga pensei equivocadamente que os dereitos Copyright xa estarían caducados e que logo polo feito de haberlle modificado à color de fondo davame dereito en transformala. Vexo que non é asi e pidoche disculpas por este meu malentendido. Un cordial saúdo--Basilio 09:01, 23 maio 2008 (UTC)

Segundo o que podo asimilar despois de releér o artigo sobre iso das "obras derivadas", paréceme bastante complicada a cousa, ainda mais cando sabes que un simple xoguete ou calqueira outra inocente imaxen poidan estar tan protexidas selon nestas politicas do copyvio. Neste caso moi difícil o vexo, pois sinto non poder aportar algo maís de creatividade sen expoñerme a unha sanción. De todas maneiras agradezoche a tua recomendación. Gostaríame saber si posible é, que antes de cargar unha imaxen poidese asegurarme contigo e evitar asi un malentendido ou un inútil traballo. Receve un cordial saúdo.--Basilio 17:47, 24 maio 2008 (UTC)
——>Non dubides en preguntarme o que sexa. Considera, de tódolos xeitos, que non o sei todo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:42, 2 xuño 2008 (UTC)

Artigos sen imaxes

[editar a fonte]

Agora hai unha nova opción que permite levar rexistro non invasivo dos artigos que non teñen imaxes, son as categorías ocultas (aquelas que inclúen a magic word __HIDDENCAT__). Por primeira vez incluín __HIDDENCAT__ na categoría Artigos sen imaxes que se clasifica en Categoría:Categorías ocultas. Para engadir unha páxina á categoría Artigos sen imaxes estou usando a seguinte escrita <!--Categorías ocultas--> [[Categoría:Artigos sen imaxes]] para que apareza diferenciada das categorías normais. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:18, 23 maio 2008 (UTC)

visualización de imaxes

[editar a fonte]

Interesantísima ferramenta para poder ver tódalas fotografías que un foi subindo ó lonmgo do tempo (¡meu Deus, cantas!, e algunhas xa esquecidas totalmente). Esta Wikipedia ten de todo, está visto.

Bueno. Vexo que hai varias "orfas", é dicir, sen artigo que as respalde. Nalgunha ocasión dixeches que se non se usaban habería que borralas. ¿Segue iso en pé? porque neste caso terei que apurarme para buscarlles un artiguiño onde metelas.

Outro tema é que hai dúas repetidas: imaxe:1195 recortada 50.jpg e imaxe:depuradora de mexillón.jpg. Creo lembrar que xa che expliquei o problema: a primeira foi unha das primeiras fotografías que subín, cando aínda me cría aquel consello que recomendaba que as imaxes fosen pequenas -de aí o de "recortada"-, pero logo volvín subila no seu tamaño orixinal, e esta segunda é a que temos no artigo Depuración de moluscos, o que converte aquela en inútil e candidata a ser borrada. E falando de borrar, lembra aquelas imaxes de etiquetas que estabas refacendo: aínda che falta algunha que substituír e tamén habería que borra-las modificadas ¿non?

Máis. Hai uns días creaches unha categoría para Gastronomía, na que metiches outra imaxe miña: IMG 3733.jpg. Tamén había unha política de prescindir de nomes de imaxes que non din nada, como é o caso, polo que esta imaxe debería pasar a ser renomeada como "sargo ó forno", título moito máis indicativo.

Bueno, máis nada. Que saibas que o teu coas imaxes é un traballo impagable e que por moito que se diga nuncha cho agradeceremos dabondo. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 10:34, 24 maio 2008 (UTC)

  • Perdoa, Miguel, que che dea tanto chollo. Na Imaxe:Mata do porco 2.jpg, no “Historial do ficheiro” aparéceme a seguinte descrición: “Bubela (Upupa epops) (Noalla, Sanxenxo, 1994).”, a pesar de telo corrixido tal como aparece no “Resumo”: “Figura que representa a mata do porco”. Na Imaxe:Sargo ao forno 01.jpg pasoume o mesmo. A descrición correcta sería “Sargo ó forno”. Sonche cousas do copia-pega sen te-lo coidado de face-los cambios necesarios. Por favor, ¿podes cambiar ese texto erróneo do "Historial"? Ou explicarme como se fai para a próxima vez que me equivoque. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 23:35, 24 maio 2008 (UTC)
Aproveito esta mensaxe de Lameiro pra dicirche que eu xa tamén revisei as miñas. Xa non me quedan orfas, e creo que están todas con información. Incluso creo que categoricei moitas delas. --Xabier Cid Conversa 00:48, 29 maio 2008 (UTC)

SOLICITUDE PARA BORRAR A MIÑA CONVERSA

[editar a fonte]

Recomendáronme que me puxese en contacto contigo para solicitarche que me mudes o nome do usuario, e se pode ser que me borres definitivamente. Por favor ponte en contacto comigo en lingua2@gmail.com. Non conseguín atopar o teu correo na túa páxina de usuario. E por iso estou escribindo aquí sen querelo... Dixéronme que "ao mellor Lmbuga necesita algunha proba de que ti es ti (non o sei, quizais non, iso entra do seu ámbito de decisión e non do meu). Quizais tamén necesite unha explicación de por que tomas esta decisión. Creo que as razóns que esgrimes son moi axeitadas, pero seguramente terás que dicirllas tamén a el." Esta é a súa páxina: http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Lmbuga. Grazas.Esta mensaxe foi deixada por User:80.59.44.15, que lle esqueceu asinar. --Xabier Cid Conversa 21:48, 30 maio 2008 (UTC)

Voume explicar eu, para ver de aclarar as cousas. Este antigo usuario desexa eliminar a súa páxina de conversa. Como lle dixen que iso non era posíbel, ocorréuseme que quizais si o sería mudar o nome de usuario. Eu descoñezo totalmente a casuística dese procedemento, e non sei en que condicións se podería aplicar, e se esta é unha delas. Tamén lle puxen en antecedentes dos problemas máis recentes sobre bloquear e mudar nomes de usuarios, e que quizais tivese que demostrar un efectivo control sobre ese usuario. Se cadra queda agora lixeiramente máis claro. Para calquera dúbida, Lmbuga, podes falar comigo sobre o tema. --Xabier Cid Conversa 21:48, 30 maio 2008 (UTC)
——> Moi raras veces é posible borrar unha páxina de conversa.
As páxinas de conversa dos usuarios non pertencen ó usuario, pertencen á comunidade e, especiamente, a todos aqueles que a alí escribiron. Se o problema que provoca que se queira borrar unha páxina de conversa é unha actuación miña, pódeseme solicitar que rectifique o dito nunha páxina de conversa; e pode solicitalo calquera, inda que non sexa o usuario que detenta a páxina.
Borrar unha páxina de conversa é posible así e todo se, tal e como se di en Wikipedia:Eliminación rápida non existen motivos para conservala. Un conflito, mesmo unha imaxe marcada e borrada, pode ser suficiente para que se conserve (se eu borro unha imaxe, quero que haxa constancia de que me dirixín ó usuario e que non se poida afirmar que fago as cousas sen atender principios básicos). De borrarse a páxina de conversa, o contido desa páxina só podería ser visto por administradores, perdendo os usuarios un dereito que teñen: a transparencia.
Evidentemente, se me confudo en algo, ó primeiro que lle gustaría poder borrar a confusión é a min. Pero debe constar que me confundín, debo afrontar o feito.
Si sería factible mudar un nome de usuario. Débese facer a solicitude en Taboleiro dos administradores#Renomear usuarios e é estritamente necesario que se asine co nome de usuario que se solicita mudar. Se se indican motivos, mellor.
Procedo, a ser posible hoxe, a comunicarme co usuario por correo para dicirlle isto mesmo.
Para unha total transparencia desexo indicar que si borrei unha vez unha páxina de usuario e de conversa (User:Sarelo). A páxina estivera controlada por min fai tempo. Creeina para ensinarlle a alumnos a rexistrarse, pero nunca se fixo nin unha soa edición con esa identidade. Co tempo, ademais, esquecín o contrasinal (polo que decidín crear Usuario:IES A Estrada). A páxina de conversa (User talk:Sarelo) só puña o seguinte:

User:Sarelo é un usuario colectivo. Aqueles que editan como User:Sarelo son alumnos de User:Lmbuga.

Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 12:16, 2 xuño 2008 (UTC)

Pisei unha imaxe

[editar a fonte]

Ola, Lmbuga. Editando [[Imaxe:Parroquia de San Vitoiro da Mezquita do concello de Allariz.png]] non sei como demonio fixen que en vez de manter as dúas versións do arquivo, pisei a anterior coa miña. A anterior, de Caronium, non incluía todo o territorio da parroquia. Perdeuse o historial a que esa imaxe a creara el e todo... Sabes como amañalo? Moitas grazas. --Xabier Cid Conversa 16:49, 2 xuño 2008 (UTC)

Moitas grazas, agora xa o entendo todo... :) Xa completei a caixa de información, pois. --Xabier Cid Conversa 21:01, 2 xuño 2008 (UTC)

Non pasa nada

[editar a fonte]

En primeiro lugar, non fai falla desculpa algunha Lmbuga, as posibilidades de ter dúas persoas que se chamen igual, cas iniciais dos seus apelidos coincidan, por riba un sae da galipedia e outro entra, temos contas de corrreo en diferentes servidores co mesmo nick, e seguramente eu enganeime ou fixen o nick que vos pedira bloquear noutra wiki; tantas coincidencias voltarian tolo a calquera, hai que tomalo coma unha causalidade que se enredou de mal xeito, nada máis, asi que sen desculpas ;) Falando xa da ip que me pasas, non é a miña, pero ademáis se che pedise algo fariao co meu nick, do mesmo xeito de cando che pedin o cambio de nick, eu sempre entro logeado, asi pois non son eu o que che pide borrar nada, é máis eso de borrar unha páxina de conversa na que seguramente participara máis xente persoalmente non me agrada nada e por riba que cho pida alguén sen dalo seu nick pois ....... puntos suspensivos, non digo máis. E nada, para o que gustes dame un toque, e non te preocupes, non foi máis que unha confusión. --Xabier Cancela (fálame 21:24, 2 xuño 2008 (UTC)

Votacións

[editar a fonte]

Ola Lmbuga, que tal? Poderías concederlle a Lameiro o status de administrador de acordo coa votación rematada onte? Aquí vai a ligazón da votación: Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Lameiro. As demais votacións atópanse aquí: Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións. Un saúdo e grazas de antemán. AlberteSi, digame? 18:04, 3 xuño 2008 (UTC)

Só dicir que lle recomendes aos teus alumnos, cando vaian traducir doutra wikipedia, que en lugar de copiaren o texto como se amosa, mellor que copien o código fonte, para que así lles sexa máis sinxela a tarefa. Máis que nada para non ter que engadir de novo os "=" para os títulos e eliminar os "[Editar]". Un saúdo! --GallaecioE logo? 12:55, 5 xuño 2008 (UTC)

  • 4º da ESO... Os vellos tempos. Claro que para min iso era o ano pasado :-D E en Informática os alumnos acostumabamos aproveitar calquera momento para facer outra cousa. Tampouco te preocupes moito polo artigo. O único que lle vin foi iso. DEica! --GallaecioE logo? 08:22, 6 xuño 2008 (UTC)

Ola Lmbuga, había tempo que non me dirixía a ti, e como case sempre é por algunha dúbida. A imaxe Imaxe:1557-San Felipe.JPG está na Galería de imaxes de Mugardos, por estar sacada desde a outra banda da ría de Ferrol, porén é dun lugar de Brión en Ferrol. Non debería estar en imaxes de Ferrol? Grazas.--PepedoCouto 19:53, 10 xuño 2008 (UTC)

Descubremento de América

[editar a fonte]

Ola Lmbuga dirixome a ti para decirche que eu non fixen o artículo de Descubremento de America, ademais que dito artículo pareceme dunha estensión razoable, posiblemente cando te refires a min sexa por outro articulo o cal estaria disposto a mellorar si esta nas miñas mans, tamen unha ves que me dirixo a ti queria a ver se me sacas dunha dubida ¿Como ai que facer para usar unha foto da wikipedia inglesa¿, pois non logro redirecionalas as miñas contribucións sin mais un saudo e grazas por anticipado. O usuario User:Alfonso Márquez Pois ben ainda que non é na inglesa desexaba poder usar as fotos dos grandes mestres de xadrez que están na wikipedia Brezhoneg [2] para poder usar nunha serie de articulos que estou traducindo da wikipedia española e o mesmo tempo tratando de mellorar.Unha ves máis douche as grazas un un saudo da miña parte .--Alfonso Márquez 17:49, 20 xuño 2008 (UTC)

Ola Lmbuga, creei este artigo hoxe a partir do mesmo en español, mais teño algún problema co medalleiro e as medallas dos gañadores, poderías arranxalo? Grazas.--PepedoCouto 20:26, 16 xuño 2008 (UTC)Esto último xa o amañarón.--PepedoCouto 20:29, 16 xuño 2008 (UTC)


Ola Lmbuga. Unha pregunta, en Commons de Flickr ademais da primeira e derradeira categorías, non se poden obter imaxes doutras categorías? Pregúntocho porque na wiki castelá vin que subiron fotos doutras categorías sen ningún problema--Hugo22 17:16, 19 xuño 2008 (UTC).

Xa me decatei, a imaxe que che dicía é dunha rapaza de Flickr que permitiu o seu uso na Wikipedia malia clasica-la con Copyright en Flickr--Hugo22 17:31, 19 xuño 2008 (UTC).

Edouard Manet

[editar a fonte]

Ola Lmbuga, poderías arranxarme a redirección Édouard Manet, Manet, Edouard Manet? tente face-lo por min mesmo pero non dou--Hugo22 20:25, 22 xuño 2008 (UTC). Moitas Grazas--Hugo22 20:58, 22 xuño 2008 (UTC).

Non son a mesma imaxe

[editar a fonte]

Coma poderás ver no artigo Gemini, onde uso as dúas imaxes, non son iguais; á que ti te refires é a gráfica (conexión) oficial (arriba,á dereita, na táboa da constelación), mentres que a outra é un xeito de conexión alternativo das estrelas de Xémini (abaixo, dereita).

Cambiar de sinatura

[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Desexo cambiar o nome da miña conta. O nome da conta que desexo é Ogcbizrohnoacn. --Benigno Fernández Salgado.

Monte Xiabre

[editar a fonte]

Hai algo que non entendo: clasificas "Imaxe:Rapa das Besta Xiabre - Pontevedra - Galicia - España.jpg‎" entre as Imaxes de Valga; e "Imaxe:Xiabre Galicia - España.jpg" entre as Imaxes de Caldas de Reis. Aínda hai un treito entre o monte Xiabre e Valga. Supoño que xa o terías en conta, pero prefiro facer esta observación por si acaso. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:39, 8 xullo 2008 (UTC)


Ola Lmbuga, non entendo porque dis que son infraccións de copyright. Moitas das fotos que subín son de xente que non quere que as súas imaxes sexan libres ou que estean en Commons, pero sí queren que aparezan na Galipedia--Hugo22 19:06, 10 xullo 2008 (UTC).

Ordenador → タチコマ robot

[editar a fonte]

I own both accounts. This request is to unify all of my bot accounts for SUL. Thanks. -- Cat chi? 09:22, 11 xullo 2008 (UTC)

Imaxes e vandalismo?

[editar a fonte]

Ola Lmbuga, grazas pol aviso tenterei facelo así de agora en diante. Por certo, onte subín unha foto de André Pena Graña para ilustrar o seu artigo e hoxe vexo que esta IP 83.34.105.21 borrouna e máis cambiou o nome. É esto vandalismo ou ten o poder para facelo? Grazas por atenderme.--PepedoCouto 17:20, 11 xullo 2008 (UTC)

Haber !

[editar a fonte]

Como podes comprobar en editar pon self made !!!!!! Ou é que non sabes ler?? e senón se fai así faino ti que agora xa o sabes --Martinho12 17:24, 11 xullo 2008 (UTC)

Desculpa!

[editar a fonte]

quizais fun un pouco borde demáis. Sintoo moito, pero levo uns días que teño un humor de cans. Grazas. --Martinho12 17:42, 11 xullo 2008 (UTC)


A autora das imaxes de Anxo Quintana quitou o Copyright, poderías volve-las subir?--Hugo22 18:35, 11 xullo 2008 (UTC).

  • Lmbuga, quedouche por subir Imaxe:Quin.jpg, Grazas--Hugo22 19:51, 16 xullo 2008 (UTC).

Ola Lmbuga. Bótalle un vistazo a Imaxe:Diagrama tunidos 2.jpg e faime as correccións que cumpran. Espero que non sexan moitas. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 22:18, 16 xullo 2008 (UTC)

Nome de usuario

[editar a fonte]

Ola, Lmbuga. Hoxe deuse de alta o Usuario:Conacho. Supoño que non o fixo de mala intención, pero para min esta é unha palabra malsoante e un insulto, algo que non debería ser empregado como nome de usuario. Pero tampouco as teño todas comigo. Que opinas? --Xabier Cid Conversa 17:39, 17 xullo 2008 (UTC)

Ok, :) --Xabier Cid Conversa 17:44, 17 xullo 2008 (UTC)

Outra cousiña

[editar a fonte]

Bótalle unha man a esta foto [[3]] en Commons. Ademais de que inclúe publicidade dun sitio privado, na web indícase como material con copyright, a pesar de que aparenetemente os seus autores o queren liberar agora en commons, sen retirar a licenza. Eu de imaxes non entendo demasiado, así que o deixo ao teu criterio. :) --Xabier Cid Conversa 19:27, 17 xullo 2008 (UTC)

Ola Lmbuga, no artigo de Noia non aparece o seu escudo, xa que é esta imaxe Imaxe:Noia.JPG o único escudo existente na galipedia. Xa vin que só un administrador pode arranxalo. Grazas. Por certo, non sei se che valerá de algo, pero conacho non só é un insulto moi empregado en Ferrol, os ferroláns tamén o usan como sinónimo de ferrolán.--PepedoCouto 15:29, 18 xullo 2008 (UTC)

Ola Lmbuga, vin que me deixaches unha mensaxe hai varios días. Solucionaches o problema ou aínda o tes pendente? Un saúdo. AlberteSi, digame? 13:38, 20 xullo 2008 (UTC)
Vale, creo que entendín o tema. Para unificar contas de usuario necesítase te-lo mesmo nome de usuario en tódalas wikipedias nas que esteas rexistrado. É por iso que o usuario pídeche muda-lo nome, para poder unifica-las contas. Xa o fago eu por se lle corre presa. Un saúdo. por certo, quizabes ti tamén debas unificar contas, dende as miñas preferencias podes facelo. Saúdos. AlberteSi, digame? 21:05, 21 xullo 2008 (UTC)

categorización de imaxes

[editar a fonte]

ola Luis.

tes razón no da categorización das imaxes. No caso de músicos solistas teño o feo costume de categorizalos en "música" porque é o que fago coas fotos de grupos de música. No caso das estatuas, como a de Ricardo Portela, púxeno en "categoría:Cotobade" tamén porque antes subira outra do concello.

Grazas polo consello. Procurarei categorizar mellor na galipedia. En commons resúltame máis complicado, pois hai moitas categorías, e adoito pór en "music" tódalas imaxes, sexan de grupos ou de solistas.

--Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 20:03, 5 agosto 2008 (UTC)

Hi, I was wondering the situation on this... -- Cat chi? 09:32, 6 agosto 2008 (UTC)

Cartaz da Falanxe

[editar a fonte]

Ola Lmbuga. O outro día subín unha foto dun cartaz da Falanxe, pero xa me explicaron que vulneraba o dereito de copia. Vin que a deixou uns días por se eu quería aclarar algo, pero é unha vulneración clara, co que é mellor que o borre. Saúdos. --Iago 11:08, 8 agosto 2008 (UTC)

augamorta

[editar a fonte]

Grazas, Lmbuga. Xa me din conta de que non temos artigo sobre as medusas, e fun recollendo material da wiki_es, da web e das miñas revistas para facelo. Pero estes días ando máis metido no Galizionario, enchéndoo co vocabulario de anatomía. Farei o artigo prometido e xa cho direi. Saúdos e ata pronto. Pedro --Lameiro (conversa) 20:21, 8 agosto 2008 (UTC)

Ola Lmbuga. Moitas grazas polas aclaracións, sobre todo por explicar o dereito de panorama (que descoñecía), tereino presente para outras imaxes que suba. Saúdos! --Iago 10:39, 9 agosto 2008 (UTC)

carteis na vía pública... e murais e pintadas

[editar a fonte]

Unha aclaración, Lmbuga. Dis que pasan a dominio público se están permanentemente na rúa (unha estatua, un edificio) polo que entendo que un cartel -do que sexa- non o sería pola súa provisionalidade. Vale. Entón, ¿en que situación quedan as pintadas e murais que aparecen pintados nos edificios, vaias, pontes, etc.? Estou pensando no mural que fixeron en Caldas este verán, (Imaxe:Caldas Escaldarte 2008 01-03.jpg e Imaxe:Caldas Escaldarte 2008 01-05.jpg) e que subín hai un mes. A realidade é que se trata dunha arte efémera que, cando rematen ese edificio e habiliten eses baixos desaparecerá cos escombros. Este mural está asinado e todo, para maior recoñecemento da súa autoría, aínda que non creo que os autores destas obras pretendan propiedade intelectual (vai saber, pero non me parece que esa sexa a súa filosofía). Cómpre sinalar que, en casos coma estes, o que interesa é precisamente o detalle, o mural, non fotografa-lo edificio de xeito que, accesoriamente, tamén se vexa o mural. Tamén teño por aí (sen subir aínda á Galipedia) unha foto dun mosaico en Ourense, anuncio dun anís na fachada dunha vella tenda de ultramarinos, precioso; e un mural no Museo do Mar de Vigo (unha parede de obra, cun mosaico feito por Sargadelos) que algún día pensaba subilo no artigo que pensaba facer. Estes dous casos sí que son "permanentes" e o segundo, concretamente, semella máis unha "estatua plana" que outra cousa. Pero fasme dubidar de que sexa unha opinión interesada. Bueno, comproba esas dúas fotos que che digo de Caldas de Reis, por se hai problemas no seu uso. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:54, 9 agosto 2008 (UTC)

Imaxe dunha portada

[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Subín unha imaxe cun detalle da portada [Imaxe:Detalle_dun_álbum_de_fotos_de_Ksado_(vista_do_seu_nome).jpg dun álbum de fotos antigo] (1936), e non sei se vulnera copyright por ser só unha vista parcial (isto é, non se pode reproducir toda a portada a partires da imaxe subida). Se, por mor da data, non é así, gustaríame sustituíla por outra foto que saquei da portada enteira. Grazas por adiantado. --Iago 12:11, 9 setembro 2008 (UTC)

Ola de novo, e grazas pola opinión. Se cres que é mellor borrala, daquela quítoa, que non vaia a ser o conto. Non creo que pase nada, pero mellor é asegurarse. Poderías decirme coma se borra unha imaxe, que aínda nunca o fixen? Grazas por adiantado. --Iago 19:58, 11 setembro 2008 (UTC)

Saúdos Lmbuga. Non te imaxinas o que che agradezo que te pares tanto a explicarme as distintas posibilidades. Seguramente para os que levades tempo sexan cousas básicas, máis para o novatos estas explicacións son superútiles.

Neste caso, vouche a pedir que borres a imaxe, porque considero que o motivo que expuñas no primeiro comentario é convincente; se algún sube varias imaxes con detalles, podería xuntalas e recrear a imaxe orixinal. Xa digo, non creo que chegue a haber problemas, pero por se acaso será mellor borrala, que nestes casos é preferible curarse en saúde. Apertas, e reitero o meu agradecemento. --Iago 15:06, 13 setembro 2008 (UTC)

Xenial! Bó traballo, parecen talmente de verdade, ata un chisco envellecidas. Saúdos. --Iago 11:49, 19 setembro 2008 (UTC)

imaxes de Francia

[editar a fonte]

boa tarde, Luis. Moitas grazas polo aviso. Entendo que procede o borrado desa imaxe aténdonos ás normas. Porén, debo dicirche que aínda está en commons. E unha pregunta aberta: Que pasa con imaxes como esta de París, esta de Cholet, e tantas outras?

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 18:39, 12 setembro 2008 (UTC)

Etiquetas aditivos

[editar a fonte]

Ola, Lmbuga. Acabo de darme conta de que estando a mediados de setembro aínda non temos decidido o artigo destacado de outubro. Como queira que están en capilla os artigos aditivo e xenocidio armenio, hai moitas posibilidades de que aquel, aditivo, estea na portada dentro de 20 días. Ben, lémbrocho porque quedan nese artigo aínda tres imaxes que están propostas para borrar (Imaxe:Aditivos natillas.jpg, Imaxe:Aditivos etiqueta pastas.jpg e Imaxe:Sencolorantesninconservantes.jpg) e ser substituídas por outras como as que ti fixeras para os outros produtos (cocido, salchichón, bolo recheo). A ver se podes sacar tempo e facer estas 3 etiquetas que nos faltan. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:22, 12 setembro 2008 (UTC)

  • Non sexas tan esixente contigo mesmo. A imaxe sen colorantes nin conservantes é perfecta para o que pretendemos (aquela da gamela que dis que está queimada e pouco nítida, tamén). Pero bueno. Eu agora tampouco podo facer fotografías porque a miña cámara se escarallou, e ata os Reis falta moito. Pero para as "natillas" temos en Commons esta: Image:Custard.jpg. Vou ver agora que facemos coas "culebrillas" de chocolate. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:59, 13 setembro 2008 (UTC)
    • Xa non lembro de onde saquei a segunda etiqueta (a do pastel) pero polo que di éche un pastel que contén "culebrillas de cacao" (esas liñas de chocolate coa que se adornan pastas e pasteles) e marmelada de amorodo (fresa). Supoño que vai ser ben difícil atopar unha fotografía que nos sirva, polo que eu suxiro que te olvides da foto e lle deas un fondo calquera, degradado. Pensa na lista de ingredientes de calquera dos alimentos que tes na casa e verás que non é preciso que inclúa imaxe ningunha. Denominación: "Pastel", as "culebrillas": "fíos de cacao". Creo que con iso o podemos ter resolto. Canto á marca das imaxes e o seu borrado non teño ningunha obxección que poñerche. O que temos agora e o que teremos mañá, xa completo, é moito mellor. Lamento darche este traballiño cando xa tes de abondo cos copyrights das fotografías que andamos a subir con moi boa intención pero ben pouco coidado. E logo pasa o que pasa. Por se é caso, mándame por correo a etiqueta do "pastel" antes de subila, para botarlle un vistazo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:15, 13 setembro 2008 (UTC)
  • Dous problemas:
    • Imaxe:Natillas.PNG: en galego non nos vale "natillas", senón "crema". Si, xa sei que "crema" semella algo máis xenérico que "natillas", pero éche así. Dentro do texto desta imaxe: "E-339" e non "E3339", "E-450 aiii" e non "E-450, a, iii" (aínda que veña así na etiqueta escaneada), proteínas lácteas "e non "ácteas" e fáltache unha coma diante de "aromas".
    • Imaxe:Pastas aditivos.PNG: "parcialmente" e non "parciallmente", e "humectante" e non "huectante".

Non lle vexo máis problemas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:38, 16 setembro 2008 (UTC)

fotografía

[editar a fonte]

graciñas polas explicacións sobre a liberdade de panorama.

Ó igual que non ves relevante a fotografía que propuxen das chalanas (estaba "zappeando" no artigo e gustoume a imaxe, e propúxena un pouco a cegas, sen determe na calidade), a min tampouco me aquela demasiado a que propuxeches de Som do Galpom. Penso que está ben como imaxe ilustrativa do grupo, pero non como imaxe da semana. A verdade é que me quedou bastante nítida, sobre todo comparándoa con outras imaxes de concertos. A ver se comezo a levar trípode, pero dáme moita pereza.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 16:07, 14 setembro 2008 (UTC)

Creo que xa engadín a información necesaria sobre a orixe da imaxe, aínda que non estou completamente seguro, non entendo moi ben como funciona... --Knorpel 13:22, 15 setembro 2008 (UTC)

Arquivos de imaxes da semana

[editar a fonte]

Vouche explicar como se arquivan as páxinas que están en "Wikipedia:Imaxe da Semana/Votacións":

  1. Unha vez rematada a votación, a páxina deberase arquivar segundo o resultado.
  2. Todas as propostas van a "Wikipedia:Imaxe da Semana/Propostas pechadas" (á subsección correspondente segundo o ano);
  3. as propostas aprobadas, ademais, deben ser arquivadas en "Wikipedia:Imaxe da Semana/Arquivo" (e aí na subsección correspondente segundo o ano).
  • Espero ter explicado ben o funcionamento. Se tes dúbidas xa sabes onde estou. Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 11:25, 16 setembro 2008 (UTC)
Unha cousiña máis que esquecera dicirche. As propostas aprobadas van a "Wikipedia:Imaxe da Semana/Arquivo" e á subsección segundo o ano, pero as do ano actual (neste caso 2008) antes de pasar ao arquivo "Wikipedia:Imaxe da Semana/Arquivo/2008" móstranse na páxina principal (en "Wikipedia:Imaxe da Semana#Arquivo"). Cando cambiemos de ano, alí aparecerán as do 2009 e as deste ano pásanse ao arquivo definitivo. Nada máis. Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 11:35, 16 setembro 2008 (UTC)

—o anterior comentario sen asinar foi feito por Porto (conversacontribucións) o 17 setembro 2008 ás 0:11 (UTC)

Imaxes para borrar

[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Podes borrar as seguintes imaxes: Aramaic taw alap.png,‎ Aramaic lamadh alap.png,‎ Aramaic taw.png,‎ Aramaic sheen c.png,‎ Aramaic sheen.png,‎ Aramaic resh.png,‎ Aramaic qoph c.png,‎ Aramaic qoph.png,‎ Aramaic tsade.png,‎ Aramaic payin c.png,‎ Aramaic payin.png,‎ Aramaic ain c.png,‎ Aramaic ain.png,‎ Aramaic simkath c.png,‎ Aramaic simkath.png,‎ Aramaic noon f.png,‎ Aramaic noon c.png,‎ Aramaic noon.png,‎ Aramaic meem c.png,‎ Aramaic meem.png,‎ Aramaic lamadh c.png,‎ Aramaic lamadh.png,‎ Aramaic kap f.png,‎ Aramaic kap c.png,‎ Aramaic kap.png,‎ Aramaic yodh c.png,‎ Aramaic yodh.png,‎ Aramaic teth c.png,‎ Aramaic teth.png,‎ Aramaic kheth c.png,‎ Aramaic kheth.png,‎ Aramaic zain.png,‎ Aramaic waw.png,‎ Aramaic daleth.png,‎ Aramaic heh.png,‎ Aramaic gamal c.png,‎ Aramaic gamal.png,‎ Aramaic beth c.png,‎ Aramaic beth.png,‎ Aramaic alap.png? Todas elas cumpren os requisitos para borrar: son copias de imaxes procedentes doutras Wikipedias das que hai ficheiros co mesmo nome en Commons. Mentres os ficheiros de Commons teñen a información completa os que hai aquí teñen pendente incluír a caixa de información e supón moito máis traballo completar a información que borralas. Cargounas Servando e nesta mensaxe pedinlle autorización para propor o seu borrado, esta é a resposta coa autorización. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:10, 17 setembro 2008 (UTC)

Grazas. Outro día engadirei outra lista de imaxes para borrar que aínda faltan e non cheguei a comprobar hoxe. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:06, 17 setembro 2008 (UTC)

IES A Estrada

[editar a fonte]

Boas tardes, Lmbuga. Como ti e-lo "xefe" do usuario IES A Estrada quería comentarche a situación do artigo conservación de alimentos. Éche un artigo no que quería mete-lo dente e ampliar, pois aínda falta moito por dicir. Pero como estaba marcado "en uso" non me atrevín. O caso é que desde abril non se fixeron máis edicións (de fondo) e supoño que os alumnos que o fixeron agora andarán noutras lideiras. Ben, resumindo, que se os autores non van seguir con el métome eu (mantendo a marca ata que o vexa máis ou menos completo). Ti dirás se teño vía libre ou prefires que sexan eles os que continúen traballando nel. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 19:21, 20 setembro 2008 (UTC)

Galería de imaxes

[editar a fonte]

Pois moitas grazas, máis xusto hai tres día que atopei esa páxina fedellando na wiki (cada pouco atopo algo novo). Tamén vin que, cando unha imaxe non está adscrita a ningunha categoría, aparece unha sinal (orphan!) para avisar, co que estiven ubicando aquelas que non estaban adscritas a ningunha. Apertas, e grazas pola atención. --Iago 22:57, 22 setembro 2008 (UTC)

Imaxe borrada

[editar a fonte]

Graciñas, lo. Apertas --Iago 23:16, 22 setembro 2008 (UTC)

Re:Imaxe:VW1938.jpg. Olá, Lmbuga! Pode apagar a imagem. Já a substituí por outra, do Commons. Um abraço, Joao Xavier 13:56, 23 setembro 2008 (UTC)

Quizais fose da caché...

[editar a fonte]

Quizais o problema que tiveches de non visualizar os últimos votos e votacións foi por culpa da memoria caché. Ás veces xoga malas pasadas e ves revisións antigas dalgunhas páxinas... De tódolos xeitos xa o resolviches ti segundo me dis... e molestia ningunha, resolveuse (ou resolviches) o asunto antes de eu me enterar de que tiña unha mensaxe túa. E non te preocupes que cada un ten as súas imperfeccións! --Toliño Fala aquí comigo 15:55, 25 setembro 2008 (UTC)

Esto mesmo quería comentarche eu, xa que onte votei unha imaxe e aínda hoxe non a vexo reflectida. Grazas.--PepedoCouto 19:03, 25 setembro 2008 (UTC)Por certo, tampouco vexo que o contador de artigos avance.--PepedoCouto 19:07, 25 setembro 2008 (UTC) Xa está, hoxe si que aparece e unha chea de votacións máis que onte non estaban.--PepedoCouto 06:58, 26 setembro 2008 (UTC)

Imaxes de Ribadumia

[editar a fonte]

Creo que están ben todas. Só mudei na descripción San "Clemente" por "Clemenzo", que o escribira en castelán. Saúdos, e grazas. --Iago 13:34, 26 setembro 2008 (UTC)


Fotos antigas

[editar a fonte]

Ola Luís, non sei se sabes que La Voz de Galicia está a agasallar ós seus lectores con fotos antigas de Galicia de pricipios de século. Serían posible subilas á Galipedia? Moitas teñen máis de cen anos. Que me dis! Un saúdo.--PepedoCouto 14:00, 26 setembro 2008 (UTC)

Grazas por atenderme tan rápido, mais as que teñen cen anos ou máis, ben han de estar xa no dominio público, non si? Un saúdo.--PepedoCouto 16:31, 1 outubro 2008 (UTC) Vale, vale..., tereino en conta--PepedoCouto 16:48, 1 outubro 2008 (UTC)

fotografías de "sementes"

[editar a fonte]

Boas noites Lmbuga. Magníficas as fotografías que estas categorizando, de verdade. Pero por se cres oportuno modifica-la descrición, a titulada Imaxe:Eucalipto semente.jpg é realmente o froito. As sementes, moi pequenas e numerosas, están dentro desa cápsula. E a titulada Imaxe:Sementes.Santiago.Galiza.Campus universitario.jpg son piñas dalgunha conífera que non son quen de identificar. Seguirei atento ás túas imaxes e categorías, que van darnos moito xogo tanto na Galipedia como no Galizionario. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:59, 28 setembro 2008 (UTC)

—>Non comprendo que é o que me pides que faga:
-Polo que respecta a Imaxe:Eucalipto semente.jpg, o título da imaxe, inda que as sementes están dentro desas cápsulas, non é erróneo; e variar o título supón subir de novo a imaxe. A imaxe é miña. ¿Pídesme que a suba de novo con diferente nome? A descrición da imaxe (véxase Imaxe:Eucalipto semente.jpg non existe, pois non a hai; daquela (cando eu subín esa imaxe) inda non nos preocupabamos por describir as imaxes. Iso si, xa sabía que, como dis, as sementes, moi pequenas e numerosas, están dentro desa cápsula. Se nalgún sitio aparece -colocado por min ou por outro- un dato incorrecto a ese respecto, por favor, corríxeo, pois non penso subir de novo a imaxe salvo que se me demostre que é necesario.
-Polo que respecta a Imaxe:Sementes.Santiago.Galiza.Campus universitario.jpg disme que son piñas dalgunha conífera que non son quen de identificar,...pois eu tampouco. Inda que debe de habelas en Santiago de Compostela ou en Bastavales, pero, considerando que a imaxe é do 2006, é normal que non me acorde exactamente onde puiden tirala, pois subín miles de imaxes (non moitos miles, quizais 2000, 3000 ou 4000, nunca me preocupei por contalas).
Seméllame que querías con esta indicación que fixeches na miña páxina de discusión simplemente establecer contacto comigo (pois non entendo o que me pides, nin podo comprender que o quefacer en que estaba xa non o teña eu en mente por andar a escribir o que estou escribindo para responder as túas palabras, palabras que ó meu parecer só serven para que eu perda o tempo escribindo a presente). Non entendo nada. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 22:29, 28 setembro 2008 (UTC)

——>Ola lameiro. Tras pasar uns días, podo aclarar algo máis o que non entendo. Semellas propoñerme cambiar o nome a dúas imaxes subidas por min no 2006. Non sei cantas imaxes subín a Commons e á Galipedia (quizais poidan ser 4000). Moitas delas, por descoñecementos varios, por inseguridade (non se me occorrería que o do eucalipto fose un froito, pensaba que podía ser unha vaíña) teñen un nome parcialmente incorrecto; outras, totalmente incorrecto. Se tivese que calcular a ollo as imaxes que teñen un nome incorrecto ou parcialmente incorrecto, diría que varios centos. Así e todo:

- O nome das imaxes non se ve nas Wikipedias cando se emprega a imaxe
- Non hai ningunha norma que me obrigue a ser preciso. O título debe ser explicativo, non exacto
- Calquera usuario pode subir a imaxe con nome correcto e propor a outra imaxe para borrar por ter un nome incorrecto.
- Hai imaxes miñas, bastantes, con erros graves no título, véxase Image:Abella 12-08-2006 Bastavales Galicia 1.jpg ou Image:Abella 12-08-2006 Bastavales Galicia .jpg, dúas fotos que en realidade son dunha variedade de mosca, non dunha abella. Iso ocorre, inda que non tan grave, con case tódalas fotos que hai en Commons:Category:Animals of Galicia, especialmente coas de insectos e siilares.¿Teño que volvelas subir todas co nome científico como título?

¿Pídesme que sexa preciso cando comparto unha foto no dominio libre? Síntoo, pero se tivese que ser así, quizais non a compartiría, non son capaz. ¿Pídesme que troque un nome dunha imaxe por non ser exacto?: ¿Por que non o fas ti? Eu teño unhas posibilidades de disposición temporal ó proxecto. Eu decido cómo dispoño do meu tempo. Non me parece adecuado que se me pida tal cousa e menos no contexto en que se me pide, cando estou enfrascado noutro labor e estou a realizar un esforzo que se concreta nunha dedicación de certo número de horas diarias. Sigo sen entender o que me pides, pero non porque non entendese o que me pides, senón porque non podo entender que me pidas o que pides polo que implica, polo labor que eu estaba a desenvolver nese momento, e porque non tes dereito a pedir tal cousa. Mostra de que non tes dereito é o feito de que a miña resposta debería ser: faino ti. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 22:23, 2 outubro 2008 (UTC)

    • Vale, vale, non te sulfures, ho. Xa captei a idea e non semella que faga falta insistir máis. Desculpa, xa que tan mal che pareceu e fai como se non dixese nada. Sinto, de verdade, haberte molestado. Sinto que o interpretaras como esixencia dunha suposta obriga: nin eu esixo nada nin ti tes obriga ningunha; nin eu pido explicacións nin ti tes obriga ningunha de dalas. Téñoo ben claro. Un saúdo, con certa tristeza, Pedro --Lameiro (conversa) 22:52, 2 outubro 2008 (UTC)

Efectivamente tes moita razón, pois habia esquecido simplemente de engadir os datos correspondentes. Xa o corrixín e grazas polo aviso. Un cordial saúdo de --- Basilio 17:52, 30 setembro 2008 (UTC)

Referencias

[editar a fonte]

Saúdos. Aprendín onte a poñer as notas a pé de páxina (empecei practicando co artigo sobre Tzipi Livni, que procuro ir ampliando), e quería preguntarche como podo saber qué artigos precisan de referencias, para poder buscárllelas. Grazas. --Iago 14:37, 1 outubro 2008 (UTC)

Imaxe Razón

[editar a fonte]

Grazas por todo o traballo que fixeche para salvar Image:Razón.jpg. A verdade é que o escaneado saiu un pouco mal, a ver se procuro unha mellor para subila a galipedia. Un saúdo. --Xas (fálame) 00:46, 2 outubro 2008 (UTC)

Fotografía do artigo "Galego de Asturias"

[editar a fonte]

Coméntoche; a fináis de marzo saquei esta fotografía en Asturias que logo subin, a mediados de abril, para ilustrar o artigo Galego de Asturias. Estaba categorizando unhas imaxes cando me fixei que esa foto fora empregada na versión en bable da Wikipedia, máis atribuíndose a autoría un tal Cuellebre, con data de xuño deste ano. Esta segunda imaxe aparece tamén na versión en coreano.

Non é que me importe que a foto sexa empregada por outras wikis (ao contrario, subas todas con licenza creative commons para que poidan ser empregada por quen queira), máis entendo que se da unha vulneración de dita licenza cando se falsea a autoría dunha imaxe. Qué podo facer en estas situacións? --Iago 18:25, 2 outubro 2008 (UTC)

——>Creo que está solucionado. A imaxe fóra subida a Commons, non ás Wikipedias que indicabas (nesas wikipedias empregaban a imaxe de Commons). Procedín a comunicarllo ó usuario aquí. Ademais, bloqueeino por dúas horas para que quede constancia, e rectifiquei os datos da imaxe en Commons. Se entendes que poida facer algo máis, indícamo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:37, 2 outubro 2008 (UTC)

Moitas grazas. E, coma ti dis, a imaxe fora subida á Commons, non á Wikipedia en bable nin en coreano. Non entendo porqué se atribuiría a imaxe, se total podía usala igual. Ben, agora xa está solucionado. Grazas de novo. --Iago 21:20, 2 outubro 2008 (UTC)

——>Sinceramente, eu creo que se atribuíu a imaxe, en parte, por descoñecemento, en parte, por temor a que se non puña self made lla puidesen borrar (Commons é moito máis duro do que a Wikipedia galega). Non me parece que haxa mala intención ou intención de atribuírse a imaxe (non ten por que habela, inda que o fixese). Por mor diso, decidín non bloquealo por máis tempo (2 horas son un aviso, non un castigo), inda que o acto semella vandálico.--Lmbuga Commons - Galipedia 21:25, 2 outubro 2008 (UTC)

Ola lmbuga, buscando cruceiros polas galerías de imaxes atopei algo raro que che paso a comentar. As imaxes seguintes están en dous concellos, A Arnoia e Ribadavia:

Image:Ribadavia Arnoia 060115 01.jpg

Image:Arnoia Miño 060115 07.jpg

Image:Arnoia 060115 03.jpg

Image:Arnoia_060115_09.jpg

Image:Carro Ribadavia 060115 05.jpg

Image:Ribadavia_060115_13.jpg

Image:Arnoia_060115_14.jpg

Image:Arnoia_Balneario_060115_15.jpg

Image:Ribadavia_060115_17.jpg

Cal é a razón?--PepedoCouto 15:58, 5 outubro 2008 (UTC)

  • Outra:Esta foto, Imaxe:Cruceiro y mar.jpg, forma parte das fotos de Teixido, mais non é de alí. Pódese comprobar mirando o cruceiro noutras fotos da galería. En Flirck, de onde foi baixada dá como orixe Malpica. Que facemos? --PepedoCouto 16:51, 5 outubro 2008 (UTC)

Cargar fotos de Flickr

[editar a fonte]

Saúdos Lmbuga. Veño de engadir un par de enlaces externos ao artigo Serea Maruxaina e quixera engadir unha foto da escultura adicada a ela que atopei en Flickr. Xa me fixei en outros artigos que é posible engadir aquelas que están baixo licenza creative commons, pero non sei cómo se fai, co que se foras tan amable agradeceríache que mo explicaras.

Por outra banda, na páxina de conversa hai unha proposta de mover o artigo a Maruxaina (sen o de Serea diante). Nestes casos, a decisión de movela ou deixala estar cómo se toma? Ten que haber algún consenso (co que redactou o artigo, sobre todo), ou pódese facer explicando só o argumento (que neste caso é convincente, posto que afirma que é o nome polo que habitualmente se coñece)? Grazas de novo. --Iago 21:55, 5 outubro 2008 (UTC)

Grazas pola explicación. Voulle a botar un ollo ao tema das licenzas e se atopo algunha que cumpla os requisitos pregúntoche de novo. Igual abro conta en Commons para estas cousas. Apertas. --Iago 22:20, 5 outubro 2008 (UTC)

Grazas pola axuda. Estes días vou a andar un pouco liado, máis en canto teña un rato longo para sentarme ante o ordenador busco unha foto e coméntocho. Apertas. --Iago 08:11, 6 outubro 2008 (UTC)

Ola Lmbuga. Na miña opinión as categorías non teñen porque ser sempre idénticas ás de Commons e coas mesmas relacións. Como o esquema da categoría Imaxes por tema aínda está medrando as ligazóns que haxa nas distintas ramas (ou coas subcategorías) non teñen porque ser definitivas, polo tanto se no futuro se ve que iso debe variarse xa se fará. Creo que é máis importante ir desenvolvendo o sistema de clasificación, este irá collendo forma por si mesmo. Non lle vexo problemas a que Imaxes de museos de Galicia colgue de Imaxes sobre cultura en Galicia. Como dicía antes pódese mellorar no futuro se se considera necesario, agora é máis valioso ter as imaxes de Galicia clasificadas e completar a Galipedia das imaxes. Por certo gran traballo o que estás facendo. Escuso dicilo, párabens. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:52, 6 outubro 2008 (UTC)

Non somos moitos e cando un colaborador traballa nun tema concreto faise moi visible, é inevitable. Na miña opinión o traballo de sintese que fixeches na mensaxe da taberna sobre a categorización de imaxes é excelente. Digo iso porque a miúdo cando traballaba nese tema formuleime as mesmas preguntas e ás veces cheguei ás mesmas respostas ou semellantes (cando cheguei a algunha conclusión). Pola miña banda a escaseza de tempo impideme ser de máis axuda en moitas ocasións. Ademais canto máis se fai semella que máis queda por facer. Un cordil saúdo. --Prevertgl 14:16, 7 outubro 2008 (UTC)

Un stencil ten dereito de copia?

[editar a fonte]

Saúdos. Veño de subir esta imaxe: Stencil_dun_gato,_preto_da_Praza_de_Abastos_de_Santiago_de_Compostela.jpg , dun popular stencil que hai en Santiago, pero xurdiume a dúbida de se haberá problema co dereito de copia. Non aparece firmado, nin con ningún signo que identifique ao autor. Haberá algún problema con ela? Grazas. --Iago 15:01, 8 outubro 2008 (UTC)

Pois debe ser cousa das comiñas, porque a min tampouco me vai agora (si que vai no enlace que puxestes ao final). Para outra xa o sei, tanto na imaxe coma á hora de titulala. Grazas. --Iago 20:30, 8 outubro 2008 (UTC)

Imaxes de Portugal

[editar a fonte]

Ola. Veño de subir esta foto de Valença do Minho e non tiña categoría na que ubicala. Púxenlle Categoría:Imaxes de Portugal, e categoricei así tamén a esta outra. Polo que estiven vendo nos artigos sobre cidades portuguesas, a maioría das fotos están sacadas de fora da Galipedia, co que non teñen categoría.

Cres que será esta unha bóa solución? Saúdos. --Iago 21:23, 10 outubro 2008 (UTC)

Mudarlle o nome a unha imaxe

[editar a fonte]

Comentoche; estiven subindo un feixe de fotos e nunha metín a pata. Tituleina Porta do Sol cando é a madrileña [Porta de Alcalá]. Pódeselle mudar o nome a un arquivo subido, ou será mellor borralo e subilo de novo? --Iago 22:24, 12 outubro 2008 (UTC)

Descrición dunha imaxe

[editar a fonte]

Boas noites Lmbuga. ¿Pódese modifica-la descrición dunha imaxe? Refírome neste caso a Image:Ave acuática. Galiza.jpg. Trátase dunha focha, demo negro ou galiñola negra (Fulica atra) e creo que sería bo que esta información constase na descrición. De ser posible facelo ¿como o fago? Estiven editando a imaxe e non vexo onde se podería engadir nada. Xa me dirás se se pode ou non. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:03, 12 outubro 2008 (UTC)


Muito Obrigado. Gustavo Siqueira 02:57, 13 outubro 2008 (UTC)

Ola Luís. Esta imaxe corresponde á refinería de petroleo de Repsol. Dígocho por que non o puxeche na caixa de información. Ata outra--PepedoCouto 19:34, 13 outubro 2008 (UTC)

  • A vista principal xa é do concello da Coruña, concretamente do Polígono Industrial da Grela-Bens.--PepedoCouto 19:50, 13 outubro 2008 (UTC)

Axuda cunha imaxe

[editar a fonte]

Vouche pedir un favor: querería facer dúas pequenas modificacións en Imaxe:Plant cell structure svg gl.svg e non teño nin suficientes coñecementos de tratamento de imaxes nin programas cos cales facelo. En primeiro lugar substituír Vacuola por Vacúolo (til no ú e acabado en o; está escrito dúas veces) e, en segundo, Aparello de Golgi por Aparato de Golgi. Grazas de antemán. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:38, 15 outubro 2008 (UTC)

Re: Problemas cos SVG

[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Agora non o podo comprobar, en media hora fago a comprobación. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:25, 17 outubro 2008 (UTC)

O problema semella estar na conversión do SVG a PNG para móstralo na páxina. Na axuda sobre SVG (en:Wikipedia:SVG Help) da Wikipedia en inglés din "Mediawiki (the software from which Wikipedia is run) uses the program RSVG (librsvg) to rasterize all of its svg files. The version of the RSVG program that is installed on wiki does not always correctly raster the Inkscape SVG files. As such, Inkscape images must be modified before uploading to any wiki." e propoñen unha posible solución. En es:Wikiproyecto:Ilustración/Taller gráfico/Problemas típicos con SVG en Wikimedia falan de dúas razóns principais para que a imaxe non se mostre (porque nela hai unha imaxe raster (mapa de bits) ou porque hai obxectos con recheo por patróns). Na Wikipedia en francés presentan dun xeito sistemático diversos casos no seu taller de imaxes fr:Wikipédia:Atelier graphique/FAQ SVG. Primeiro proba a aplicar a solución de en.wp e logo a facer as verificacións que propoñen en es.wp, se aínda así non funciona terei que descargar a imaxe e comezar a facer probas para descubrir o fallo. A primeira vista vexo que a imaxe que editaches non ten as mesmas dimensións que a que utilizaches como base que se si visualiza correctamente, talvez nese cambio se producira o problema. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:16, 17 outubro 2008 (UTC)
Non creo que a solución sexa sempre tan doada como mudar o nome. Supoño que haberá que engadir ás tarefas pendentes a páxina de axuda sobre SVG ao estilo da que fixeron na Wikipedia en francés. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:31, 17 outubro 2008 (UTC)
Non entendo moito a conversa por sere tecnica para mín. Maís en espera puxen o nome de commons (sen a tradición ao galego) no artigo Nucléolo, porqué pareceme que na espera é millor que como estaba. É seguro que vas resolver o problema Lmbuga ! Saúdos ElviraConversa comigo 19:14, 17 outubro 2008 (UTC)
  • Pois se che digo a verdade, non sei onde pode estar o problema que tes. Estiven facendo probas co Inkscape para ver se eu podía cargar imaxes e parece que vai ben. Teño que dicir que non tiña moita idea de como ía o programa e non lera ningún tutorial (gústame máis fuchicar e ir aprendendo... ;) ... e equivocándome). De tódolos xeitos, aínda que non saibas inglés ou francés, tamén tes algo de axuda en español (menos elaborada), como xa che dixo Prevert. Iso de renomear a imaxe, como lle dixeches a el, non creo que arranxe o problema (eu gardei os ficheiros no meu ordenador cos mesmos nomes). Se descubro o problema que podes ter xa cho direi. --Toliño Fala aquí comigo 13:21, 22 outubro 2008 (UTC)

bolboreta

[editar a fonte]

Ola Luís, teño un problema, acabo de propor a túa imaxe da bolboreta Imaxe:Glaucopsyche alexis.Mandaio,Oza dos Ríos.jpg e non me aparece. Fixen algo mal? Un saúdo e parabéns pola imaxe.--PepedoCouto 11:09, 25 outubro 2008 (UTC)

Licencia

[editar a fonte]

Hola Luis, tengo una muy interesante foto para el artículo Marce, Vilar de Ortelle, Pantón dicha foto la he encontrado en otro sitio [4] he solicitado permiso a su autor y tengo un email suyo con el siguiente texto:

En primer lugar agradecerte tu interés por mi página y mis fotografías. Me pides permiso para utilizar las fotos de Auga Caida, pero no te confundas, sólo hay una foto de la cascada de Marce y es la del día 16. La foto anterior con fecha del 15 es la de Pantón que también se llama Auga Caida. Para que no halla error te adjunto la foto, y te dejo emplearla en Wikipedia si le adjuntas mi nombre como autor y un enlace a mi blog. Repito te la dejo emplear en la enciclopedia, pero me reservo todos los derechos como autor.

Y no se con que licencia debo subirla a Commons.

Un Saludo --José María López fálame 07:34, 26 outubro 2008 (UTC)

Moitas grazas, pola axuda. Contactarei a Commons:User:Alexanderps Un cordial saúdo --José María López fálame 11:53, 26 outubro 2008 (UTC)

Fotos de lareiras

[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Ando revisando o artigo lareira e precisa dalgunha imaxe. Quería pedirche se se che presenta a ocasión algún día dos que levas a cámara contigo, se podes facer unha foto dunha lareira que por favor a fagas. Esta mensaxe non é para pedirche que vaias a pé feito, só se presenta a oportunidade. Aproveito para dicir que se algún colaborador le está mensaxe e ten unha imaxe dunha lareira que por favor a cargue. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:41, 26 outubro 2008 (UTC)

Imaxe da vacaloura

[editar a fonte]

Hola

Unha cousa. Cando puxen que a tiñas cargado ti, foi despois de ver o historial da fotografía, no que aparece só unha edición, co teu usuario. Foi por iso polo que pensei que ti a tiñas cargado. Pero agora, fixandome mellor, vexo que a túa edición ten só 44 bytes, e foi a categorización da imaxe. Pero sigo sin entender unha cousa: a primeira edición da fotografía, no momento que foi cargada, por Zanete, ¿non debería aparecer no historial? É simplemente por saber.

Saúdos, e grazas por avisarme do erro. Miguel.lima 15:27, 26 outubro 2008 (UTC)


Novas imaxes

[editar a fonte]

Ola Luís, logo de ver as túas imaxes, só quería dicirche que non creo que sexan gansos as aves que cargaches, senón parrulos domésticos; aínda que o segundo paréceme un cruce dun doméstico con outra especie. Ah e o cabalo é unha egua. Un saúdo.--PepedoCouto 22:33, 26 outubro 2008 (UTC)

Sobre o bloqueo

[editar a fonte]

Non te preocupes, por min ben. As edicións de ese usuario provocan o seu constante bloqueo, e todo indica que o tema vai ir por aí, e mesmo pode chegar a máis nos seus vandalismos. O bloqueo indefinido xa tiña que estar aplicado hai tempo, mais por diversos motivos non foi así. Un cordial saúdo. --Alberte Si, dígame? 22:11, 27 outubro 2008 (UTC)

Troco de nome de usuario na wikipedia asturiana

[editar a fonte]

Hola Lmbuga. Tu cuenta Lmbuga2 ha dejado de existir en uiquipedia y fue renombrada como Lmbuga. Traspasé el contenido de la antigua cuenta Lmbuga, que ahora pasa a llamarse Lmbugaantiguu, a la nueva cuenta Lmbuga. Comprueba que todo esté bien, y házmelo saber. Un saludo --Esbardu 23:36, 27 outubro 2008 (UTC)

Imaxes en Commons ou Galipedia

[editar a fonte]

Está aquí: Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Categor.C3.ADa:Imaxes_de_Galicia Miguel.lima 22:56, 28 outubro 2008 (UTC)

Premio/Premi/Prize/приз/Prémio/Preis/Nagrada/

[editar a fonte]

Usuario:Pontevedra78/Premios en destaque

Rexeito o premio
  • A concesión deste premio ponme nunha moi incómoda situación. Neste comentario na Taberna intento expresar os motivos polos que rexeito o premio-- Lmbuga / Conversa comigo  10:28, 30 outubro 2008 (UTC)

Se queres rexeitalo non ei de ter ningún problema, o que pasa e que, teño a tradición de que dende fai uns meses, empecei a entregalos na WikiEs, e exportei estes premios Galipedia, algo que tamen vou facer na WikiCa. De todos modos, sigues tendo o premio. This Galipedia is not stupid 13:43, 30 outubro 2008 (UTC)

Por certo, como pos a hora na que escribiches a túa sinatura?, o unico que fai falta é que me escribas o modelo da firma en nonwiki. Grazas de antemán. Non me gusta a miña actual firma que e esta:This Galipedia is not stupid 13:49, 30 outubro 2008 (UTC)

Usuario:Pontevedra78/Os meus comunicados

Desculpas. Se tal e como e, o e 18:06, 31 outubro 2008 (UTC)

Desculpas

[editar a fonte]

Pedinche desculpas no taboleiro, e repítoas en privado. Sinto non ter actuado correctamente.

A primeira lembranza que teño da wikipedia es ti botándome unha bronca de campionato. Sei que es impulsivo, pois, e non pasa nada. Despois dese primeiro día viñeron moitos días bos, produtivos, interesantes e mesmo divertidos, e son os que contan. Grazas por estares aí. E polo traballo. --Xabier Cid Conversa 01:19, 1 novembro 2008 (UTC)


Esa imaxe e a mesma que esta Imaxe:Mitin Anxo Quintana Compostela.jpg, só que volvina subir coas cores axustadas, non entendo cal e a diferenza coa outra--Hugo22 00:36, 3 novembro 2008 (UTC).

  • Creo que xa amañei o problema, espero non causarte problemas nunca máis--Hugo22 19:36, 3 novembro 2008 (UTC).


Ola Luís, retirei esta imaxe da fervenza do Belelle da Galería de imaxes do Corgo, xa que pertence ó concello de Neda. Podes mudar a descrición eliminando O Corgo e engadindo Neda? Grazas. Un saúdo.--PepedoCouto 18:51, 3 novembro 2008 (UTC)

Perfecto. Un saúdo.--PepedoCouto 20:34, 4 novembro 2008 (UTC)

Imaxes de árbores

[editar a fonte]

Saúdos. Estaba pasando fotos de animáis da categoría xenérica "Imaxes de animáis" a cadansúa especie e fixeime que non existe a categoría "Imaxes de árbores". En canto teñas un rato, poderías creala? Coido que sería de gran utilidade. Grazas por adiantado. --Iago 12:44, 5 novembro 2008 (UTC)

Moitas grazas, quedou moi completo. Só unha dúbida; a foto coas parras de Corvillón estará ben nesta categoría? Outra cousa. Quixen propoñer para a imaxe da Semana esta foto túa pero non sei que fixen mal que aparece na páxina de propostas. --Iago 15:30, 5 novembro 2008 (UTC)

Borrar imaxe

[editar a fonte]

Saúdos. Subín por erro esta imaxe e pediríache que a borraras. Grazas. --Iago

Saúdos. Sobre a imaxe que che pedín que borraras, o motivo é distinto dos que alegas. Nunca subo imaxes nas que saia xente coñecida, máis nesa, sen decatarme, aparecen dous parentes meus na marxe inferior esquerda. Non quero que haxa fotos deles pola rede adiante, e máis sen pedirlles antes permiso, co que, se iso é motivo dabondo para borrala, pediríache que o fixeras. Sempre comprobo as fotos antes de subilas, máis desta vez colóuseme esta. Moitas grazas pola axuda e polas explicacións no da imaxe da semana. --Iago 09:27, 8 novembro 2008 (UTC)

Saúdos de novo. Volvín a subir a imaxe recortada, co que a primeira xa se pode considerar duplicada. Saúdos e grazas. --Iago 12:01, 8 novembro 2008 (UTC)

Ola. Se é posible, preferería que se borrara a imaxe na que aparece xente, a primeira, anque a outra non sexa tan bóa. De todos modos, teño máis desa vila no disco duro que hei de ir subindo estos días. Grazas. --Iago 14:11, 8 novembro 2008 (UTC)

Nada home, non te preocupes, e grazas por borrala. Unha aperta. --Iago 00:22, 9 novembro 2008 (UTC)

Claro, non hai problema. Grazas pola túa axuda. Vólvoche perdón polos problemas e dores de cabeza que che poida dar polos meus erros.--Hugo22 12:31, 8 novembro 2008 (UTC)

Ola Lmbuga! Nesta edición de Faneca eliminaches algunhas cousas, como o apartado de notas e a ligazón externas, ademais do taxobox. Supoño que o fixeches sen querer, facendo outras correccións. Pois iso, só era para avisarche por se fora un erro. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 16:15, 8 novembro 2008 (UTC)

Categoría: Imaxes sobre esculturas

[editar a fonte]

Ola. Gustaría suxerir a categoría "Imaxes de esculturas de Galicia" dentro de "Imaxes de cultura" (ou mesmo "Imaxes de esculturas, relevos e baixorrelevos", para poder engadir tamén imaxes coma a do sepulcro de Santiago). --Iago 00:56, 9 novembro 2008 (UTC)

Ola. Paréceme que levas razón no da distinción entre "de" e "sobre" e, xa postos, estaría ben mudar as categorías a "Imaxes sobre arte en Galicia" e "Imaxes sobre esculturas en Galicia". Saúdos. --Iago 12:29, 9 novembro 2008 (UTC)

Cargar imaxes de Flickr

[editar a fonte]

Saúdos. Hugo22 atopou dúas bóas imaxes para o artigo de Pazo Baión, que quería subir á Galipedia. Unha é http://www.flickr.com/photos/freecat/2974959771/sizes/l/ e a outra é http://www.flickr.com/photos/freecat/2974949183/in/photostream/. Pódesme explicar cómo subilas á Wikipedia? Grazas. --Iago 16:56, 12 novembro 2008 (UTC)

Moitas, realmente moitas grazas pola longa e concienzuda explicación. Vou a mirar de subilas agora mesmo. Apertas! --Iago 21:16, 13 novembro 2008 (UTC)

Vaia por Deus, ambas fotos xa foran subidas por Lansbrícae. Ben, agora xa sei coma se fai para a próxima. --Iago 21:29, 13 novembro 2008 (UTC)

Cambio de nome de usuario

[editar a fonte]

Boas tardes, Lmbuga. Acabo de face-la solicitude do cambio de nome de usuario na páxina que me indicaches (Commons:Cambiando o nome de usuario). Espero telo feito ben desta volta. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:17, 17 novembro 2008 (UTC)

Nova categoría

[editar a fonte]

Ola. Propoño a creación da categoría Imaxes do Pazo de Fefiñáns ou, no seu defecto, Imaxes da Praza de Fefiñáns, que inclúa ao Pazo, a igrexa de San Bieito e a Praza. Saúdos. --Iago 21:40, 17 novembro 2008 (UTC)

Grazas por creala, vai a ser útil para unhas fotos que saquei o outro día. Apertas. --Iago 22:30, 18 novembro 2008 (UTC)

Imaxes sen licenza

[editar a fonte]

Ola luís, xa lles puxen a licenza ás imaxes, mais na ligazón que me puxeches non aparecen. Un saúdo.--PepedoCouto 22:37, 17 novembro 2008 (UTC)

Problemas con algunhas imaxes

[editar a fonte]

Ola, Lmbuga, atopei unhas imaxes bastante sospeitosas en Bonome. Veñen da wikipedia francesa, pero dáme no fío do lombo de que non son demasiado correctas. Podes botarlle ti un ollo e aconsellarme?--Xabier Cid Conversa 16:15, 19 novembro 2008 (UTC)

Ola Lmbuga,
Metome por saber do asunto. As imaxes non son sospeitosas, conto a estoria de memoria : no comezo do 2007 unha IP creo o artigo Santiago Rodríguez Bonome, é de supoñer que foi a súa filla fr:Utilisateur:Canou, que tamén creo o artigo na wiki fr:Santiago Rodríguez Bonome e eli cargou imaxes do seu banco de datos familiar. Na wiki gl as imaxes non lle salían ... por haber estado cargadas en Commons, por outra banda as imaxes cargadas na Galipedia tiñan problema de licencia e foron borradas. No mes de maio do 2007 Prevert, para reslver o caso dirixiuse a mín por eu falar francés. O resultado foi que subín todas as imaxes de fr à cmmons e esi as que xa estaban gravadas eiqui saliron e as outras engadironse despoís. Por demais de deixar unha mensaxe, tal como o pidia Prevert a/o usuraio Conversa Usuario:CLEMENSAT (que nunca contestou), contactei Canou para que me confirmara a licencia e prometendolle de facer o artigo do seu pai na wiki es. E tiven contesta, pero ainda non fixen o artigo en es, non únicamente por falta de tempo pero tamén por ser un artigo problematico : artigo feito en fr pola filla do escultor, logo traducido o galego tal cual. Penso que habría que facer outra redación do artigo en unha das tres linguas e logo traducilo as outras. Non teño persoalmente ningún libro sobre Bonome e facer outra escritura en francés supón co artigo sera maís curto e eso dame pena. A ver si aclareiche o asunto? Saúdos ElviraConversa comigo 19:19, 22 novembro 2008 (UTC)(mesaxe para Xabier e Lmbuga)ElviraConversa comigo 19:24, 22 novembro 2008 (UTC)
Copio mensaxe deixada en chez Elvire:
Ola, Elvire. Moi boa explicación, moitas grazas. Pero así a simple vista non me convencen algúns puntos: o de pertenceren ao arquivo persoal (a autora da foto é Canou e cede os dereitos, e a propietaria dos dereitos da escultura son os herdeiros de Bonome, polo tanto Canou, e cede os dereitos) é válido para algunhas das imaxes, pero non para todas. A foto do grupo onde sae Bonome no ano 32, p.ex. http://commons.wikimedia.org/wiki/Image:Bonome05.jpg, non puido ser feita por Canou (ou non consta), e o seu autor descoñecido podería non estar morto. Polo que respecta ao artigo sobre Bonome... vou ver de facer unha edición intensa, aínda sabendo que probablemente debería borrarse e agarrándome ao tempo e ás edicións transcorridas dende a súa creación :) Saúdos. --Xabier Cid Conversa 11:25, 23 novembro 2008 (UTC)
Ola Lmbuga; Elvire e mais eu cruzamos algunhas mensaxes tentándonos explicar qué pasaba con estas imaxes. Chegamos á conclusión de que si pode existir un problema, pero que hai que resolvelo en commons. Dime qué teño que facer, se queres que che bote unha man, vale? Saudiños, e moitas grazas. --Xabier Cid Conversa 15:46, 23 novembro 2008 (UTC)
Sendo máis concreta chegamos a conclusion que entendo as dubidas de Xabier (por mín quedarian as cousas tal como están) : é posible que Canou non teña os dereitos de autor (=non sexa dona do copyright) das fotos que cargou na wiki fr (e que logo eu subín a commons ca mesma licencia). Por exemplo que nesta foto [5], onde dí que ven do seu banco de fotos persoal, poís non por eso seria ela herdeira dos direitos que pode ter o autor da foto. Concordamos que se hai dubida a aclarar sobre a responsabilidade que colleu fr:Utilisateur:Canou é millor arranxar eso en commons para que a solución sexa boa para todos os proxetos. Xa vés Lmbuga estamos os dous a túa disposición para ó que mandes. Se hai un formulario en commons axeitado e queres que eu o escriba en francés .... Saúdos Lmbuga ! ElviraConversa comigo 16:40, 23 novembro 2008 (UTC)
A ver, eu parto de que o máis cómodo e o máis xusto é mirar para outro lado, :), e deixar a Canou ao seu. Pero non sei se nos estamos entendendo, vou tentar ir por partes:
  1. Hai unhas fotos que corresponden a esculturas de Bonome. Esas fotografías puido facelas calquera, incluso Canou. Daquela, partindo de que Canou di que as fixo ela, e que ademais Canou é a herdeira dos dereitos de seu pai, con esas fotos non habería problema...
  2. ...agás que o museo ou centro de exposicións onde se exhiban teña dereitos de propiedade sobre elas, non si?
  3. Hai outra serie de fotos que corresponden a imaxes da vida de Bonome. Esas fotografías non as puido facer Canou ou Canou tería agora 110 anos (p.ex., a de Portela Valladares). Para min claramente esas fotos habería que borralas ata que se demostrase de quen son eses dereitos, quen fixo realmente esas fotos...
  4. ...e non entendo por que subíndoas a flickr ese problema desaparece.
Parto da base de que este problema non é urxente e é interesante sobre todo para aprender máis sobre esta cuestión, e que o feito de que haxa unha imaxe de 1934 de autor descoñecido perdida na Galipedia é moi pouco relevante. Moitas, moitas grazas Lmbuga po compartir con nós o teu coñecemento. --Xabier Cid Conversa 19:22, 24 novembro 2008 (UTC)

Aha, eu podo falar con algún administrador francés, pero seguramente Elvire o faga mellor, ;) O couso é que se ela é a herdeira lexítima de Bonome, os dereitos de explotación, e polo tanto de distribución das obras, podería telos ela... (quero dicir, das esculturas, non das fotos).--Xabier Cid Conversa 20:02, 24 novembro 2008 (UTC)

Para Lmbuga e Xabier.
Concordo con Lmbuga que todas fotos teñen polo menos un problema de non ser dous para alghunas. Concordo con Xabier que proporlle a Canou un arranxo con Flirck non é solución segura. ... E concordo comigo que desde que ando pensando que isas fotos e ise artigo teñen problema (por isto ainda non lle contestei a Canou cando me dixo que daba os direitos) pequéi (grazas a Deus són atea !!). Propoño :
  1. que teño que contarlle a Canou explicandolle o asunto tal como é e dercille o que pode ocurrir;
  2. teño que explicarlle o asunto a un administrador francés en commons para que actué ;
  3. Lmbuga e Xabier teñen que darme en poucas palabras os elementos principales das dubidas da infracción, para que eu sexa clara no que voulle decir a Canou como o administrador francés ;
  4. Lmbuga ten que darme o nome de un (ou máis segun ilo vé) administrador francés de commons ;
  5. Teño que darlle as gracias a Xabier por ir a cabo do que comeza con toda tranquilidade, xa que isto vaime arrancar unha espina do pé. (Por mín como xa o dixen, as cousas quedaban como están agora - as fotos e o artigo).
    A ver si deiqui a maña pola noite dadesme o necesario para que me bote. Non me parece mui posible esta noite, sabendo que maña entro tarde a casa. Saúdos e conto con vos ElviraConversa comigo 20:37, 24 novembro 2008 (UTC)
Para Lmbuga e Xabier.
Con todo o que explicou Lmbuga teño as cousas claras para falar con Canou e con un administrador de commons. Ata maña pola noite non farei nada. Necesito polo minimo o voso acordo e un nome de administrador en comons (é se lle parece millor a Lmbuga tamén podo buscar en comons), e se tedes comentarios son os benvidos, xa sabedes non quero que perdades tempo, pero sabedes tamén que importame moito todo o que se os ocurra decirme, non por sacarme responsabilidade do que vou facer, pero para construir a miña actúación. Ata maña ElviraConversa comigo 22:44, 24 novembro 2008 (UTC)
Para Lmbuga e Xabier.
Non era "ata maña", máis ata pasado ! Deixei dúas mensaxes :
Canou en fr,
e Alno, administrator acivo francés en commons.
A Lmbuga : A Canou digolle que non se duda da súa boa fe, pero que temos dubidas por unha banda polo problema da autoría das fotos e por outra banda polo problemas sobre os dereitos sobre obras de arte, os dous elementos non semellan claros e cas licencis poden ter problema. E que preguntolle a un administrador de commons. A Alno digolle que queremos sacarnos de dubidas, e que estou a súa disposoción. Saúdos ElviraConversa comigo 22:08, 26 novembro 2008 (UTC)

Nova categoría

[editar a fonte]

Ola. Propoño a creación da categoría Feriados xudaicos dentro da categoría Xudaísmo. Saúdos. --Iago 14:35, 21 novembro 2008 (UTC)

Non sei se este é o sitio, pero concordo co nome de festas xudaicas, non? --Xabier Cid Conversa 15:17, 21 novembro 2008 (UTC)
A min tamén me gusta máis Festas xudaicas, ou mesmo Festas xudías, pero no artigo que hai sobre o tema fálase de Feriados. En todo caso, pódeselle mudar o nome ao artigo en consonancia coa nova categoría. Por certo, onde cres que iría mellor? --Iago 15:53, 21 novembro 2008 (UTC)

Ola. Ao contrario do que dis, si que me sirveu de axuda. Vouno ler con calma e logo coméntoche. Graciñas. --Iago 14:15, 22 novembro 2008 (UTC)


E non ai ningunha forma de facer unha imaxe collage coas imaxes subidas á Galipedia?--Hugo22 20:14, 22 novembro 2008 (UTC)

  • Estou completamente de acordo contigo, a verdade e que o mellor e que deixe o tema do collage, parece demasiado complicado pra min.. e tampouco quero que teñas traballo de máis, pero gracias pola túa explicación.--Hugo22 20:22, 24 novembro 2008 (UTC)

Nova categoría de imaxes

[editar a fonte]

Saúdos. Cando teñas un rato crea por favor a categoría Imaxes de Corrubedo, para unhas fotos que subín antes. Grazas. Ah, e co das categorías que non son de imaxes aínda non me parei a lelo con calma, cando o mire coméntoche. Saúdos --Iago 16:04, 26 novembro 2008 (UTC)

Saúdos de novo. Unha pregunta; na Categoría:Imaxes da praia de Corrubedo, Ribeira van as fotos da praia onde están as dunas, ou todas as praias, incluída a que está no pobo? Dígoo porque esta imaxe está sacada na vila.

Por outra banda, fixeime que estivestes a categorizar en Categoría:Imaxes de edificios e estruturas de Galicia e quería comentarche a pertinencia de crear unha subcategoría de Imaxes de casas reitoráis de Galicia. Polo dagora só temos esta e esta, máis pode ser útil de cara ao futuro. Qué che parece? --Iago 19:03, 26 novembro 2008 (UTC)

Desculpa que me entremeta, Iago. A min paréceme moi ben esa categoría, pero lembra que reitorais é sen til, ;) --Xabier Cid Conversa 19:45, 26 novembro 2008 (UTC)

Ola. Está ben que se poñan por provincias para evitar ter que recategorizalas no futuro. No da praia de Vilar non che podo axudar porque non coñezo dabondo a zona (de feito, as fotos son da última vez que fun, hai cinco anos). Saúdos. --Iago 15:24, 27 novembro 2008 (UTC)

Ola de novo. Vai a haber que crear tamén unha categoría para as casas da Coruña, que algunha xa atopei. Deica. --Iago 15:33, 27 novembro 2008 (UTC)

Espera, pero así queda descompensado, porque os nomes das categorías son Imaxes de casas reitorais da provincia de Pontevedra e Casas reitorais da provincia de Coruña, sen o de Imaxes. --Iago 15:40, 27 novembro 2008 (UTC)

Si que te deras conta, ho, que non me dou tempo nin a cambialas! --Iago 15:44, 27 novembro 2008 (UTC)

Ola Lmbuga, sabes se na Galipedia hai imaxes de Foxos ou construcións pra matar aos lobos? Amin sóame que fai tempo se subiran algunhas. Pregúntocho porque serviríanme moito pra o artigo O lobo na cultura popular galega.--Hugo22 15:31, 27 novembro 2008 (UTC)

Hola Luis, no soy muy avesado en los temas de la wikipedia, pero me ha surgido una duda y me gustaría consultartela ¿es normal que existiendo una votación en curso para definir un Modelo para los Consellos [[6]] hoy se hayan modificado muchas páginas de los Consellos, para incorporar uno de los modeos que están en votación?

Aquí pueden verse las que han sido modificadas [[7]]

Un Saludo --José María López fálame 18:06, 29 novembro 2008 (UTC)

Modelo:Concello info

[editar a fonte]

A votación aínda non acabou, remata o 6 de decembro. O proceder para cando remate a votación sería o de fusionar os historiais, e deixar finalmente o Modelo:Concello info co estilo que resulte máis votado na votación (de momento creo que é o Meu portal2. Unha vez fusionados as miñas subpáxinas poderíanse eliminar. Alberte Si, dígame? 15:01, 1 decembro 2008 (UTC)

Esculturas e estatuas

[editar a fonte]

Boas Lmbuga, ¿que criterio tes para categorizar unha imaxe como "estatua" ou como "escultura"? Ía categoriza-la dos Voluntarios do Grove pero non sei onde. ¿Podo crear unha "Categoría:imaxes de esculturas da provincia de Pontevedra" da que colgar unha "Categoría:imaxes de esculturas do Grove"? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:41, 1 decembro 2008 (UTC)