Saltar ao contido

Conxectura de Artin sobre raíces primitivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En teoría de números, a conxectura de Artin sobre raíces primitivas expresa que dado un número entero a que non é un cadrado perfecto e tampouco −1, é unha raíz primitiva módulo de infinitos primos p. A conxectura tamén describe unha densidade asintótica de eses primos. Esta densidade conxectural é igual á constante de Artin ou a un múltiplo racional da mesma.

A conxectura foi formulada por Emil Artin a Helmut Hasse o 27 de setembro de 1927, segundo o diario de este último. A pesar dos importantes progresos realizados, a conxectura segue sen estar resuelta. De feito, aínda non existe nin un só valor de a para o que a conxectura de Artin estea demostrada.

Formulación

[editar | editar a fonte]

Sexa a un enteiro que non é un cadrado perfecto e tampouco −1. Escríbase a = a0b2 con a0 libre de cadrados. Denote por S(a) o conxunto de números primos p tales que a sexa unha raíz primitiva módulo p. Entón:

  1. S(a) ten unha densidade asintótica positiva dentro do conxunto de primos. En particular, S(a) é infinita.
  2. Baixo as condicións de que a non sexa unha potencia perfecta e de que a0 no sexa congruente con 1 módulo 4, esta densidade é independente de a e é igual á constante de Artin que pode ser expresada como un produto infinito

(sucesión A005596 en OEIS).

Fórmulas de produtos similares conxecturadas[1] existen para a densidade cando a non satisface as condicións anteriores.Neses casos, a densidade conxecturada é sempre un múltiplo racional de CArtin.

Por exemplo, tómese a = 2. A conxectura afirma que o conxunto dos números primos p para os cales 2 é unha raíz primitiva ten a densidade anteriormente citada CArtin. O conxunto de tales primos é (sucesión A001122 en OEIS)

S(2) = {3, 5, 11, 13, 19, 29, 37, 53, 59, 61, 67, 83, 101, 107, 131, 139, 149, 163, 173, 179, 181, 197, 211, 227, 269, 293, 317, 347, 349, 373, 379, 389, 419, 421, 443, 461, 467, 491,...}.

Este ten 38 elementos máis pequenos que 500 e hai 95 primos menores que 500. O radio (que tiende conxecturizadamente a CArtin) é 38/95 = 2/5 = 0.4.

Intentos de demostración

[editar | editar a fonte]

En 1967, Hooley publicou unha proba condicional para a conxectura, asumindo certos casos da hipótese xeneralizada de Riemann[2].​ En 1984, R. Gupta e M. Ram Murty mostraron incondicionalmente que a conxectura de Artin é certa para infinitos a usando métodos de cribado[3].​ Roger Heath-Brown mellorou os seus resultados e mostrou incondicionalmente que hai, como moito, dous números primos excepcionais a para os cales a conxectura de Artin falla[4].​ Este resultado non é constructivo, no que se refiere ás excepcións. Por exemplo, seguese do teorema de Heath-Brown que un dos primos 3, 5 o 7 é unha raíz primitiva módulo p para infinitos p. Pero a demostración non proporciona unha forma de calcular cal é.

  1. Gerard P. Michon (15 de xuño de 2006). "Artin's Constant". Numericana. 
  2. Hooley, Christopher (1967). "On Artin's conjecture". J. Reine Angew. Math. 225: 209–220. 
  3. Gupta, Rajiv; Murty, M. Ram (1984). "A remark on Artin's conjecture". Invent. Math. 78 (1): 127–130. doi:10.1007/BF01388719. 
  4. Heath-Brown, D. R. (1986). "Artin's conjecture for primitive roots". Quart. J. Math. Oxford Ser. 37 (1): 27–38. doi:10.1093/qmath/37.1.27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • M. Ram Murty (1988). «Artin's conjecture for primitive roots» (DVI). The Mathematical Intelligencer 10 (4): 59-67. doi:10.1007/BF03023749.