Covadelas, Saa, A Pobra do Brollón
Covadelas | |
---|---|
Parroquia | Saa |
Concello | A Pobra do Brollón |
Coordenadas | 42°36′32″N 7°19′51″O / 42.608842694444, -7.3309471944444 |
Poboación | 7 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Covadelas é unha aldea pertencente a parroquia de Saa, no concello da Pobra do Brollón. Estivo deshabitada durante anos pero hai 10 anos comezou a súa repoboación. En 2008 tiña 20 habitantes (10 homes e 10 mulleres).
Está situada a 800 m de altitude nunha zona de alta montaña. Accédese por unha estrada que ven da Pobra do Brollón e sobe desde A Pousa. Antes de chegar á Veneira hai o desvío a Covadelas.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Dos catro muíños que chegou a ter a aldea consérvanse o de Maceda e O Coxo. Ambos eran de depósito, polo que non dependían realmente do caudal do río. Na estiaxe, un depósito de auga xunto ás construcións permitía seguir moendo. O de Maceda, construído en 1899, deixou de moer fai moitos anos. O muíño do Coxo, en cambio, mantense hoxe en bo estado. O río forma á súa altura unha pequena fervenza e un pouco máis abaixo volve precipitarse nunha espectacular caída de vinte metros.
Tamén se conserva o colexio que se utilizou ata os anos 70.
Festividades
[editar | editar a fonte]Cada 27 de agosto celébrase a romaría do San Vitoiro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Saa
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Saa no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
---|---|
O Barrio | O Busto | Castelán | Covadelas | Fondorallo | Lebrón | Lourente | Penadexo | A Pousa | Pradelas | Teixeira | Vilariño | O Viñal |