Cristina Narbona
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Cristina Narbona Ruiz 29 de xullo de 1951 (73 anos) Madrid, España |
Senadora de España | |
22 de outubro de 2019 – Lexislatura: XIV lexislatura de España Circunscrición electoral: Madrid Electa en: Q75169767 | |
Senadora de España | |
28 de abril de 2019 – 2 de decembro de 2019 (disolución do parlamento) Lexislatura: 13th Senate of Spain (en) Circunscrición electoral: Madrid Electa en: Q63385511 | |
16ª Presidenta do Partido Socialista Obreiro Español | |
18 de xuño de 2017 – ← Micaela Navarro | |
Deputada de España | |
1 de decembro de 2011 – 28 de decembro de 2012 – Pedro Sánchez → Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electa en: 2011 Spanish General elections in Madrid (en) | |
Deputada de España | |
28 de marzo de 2008 – 30 de abril de 2008 – María Virtudes Cediel Martínez → Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electa en: 2008 Spanish General elections in Madrid (en) | |
Minister of the Environment (en) | |
18 de abril de 2004 – 14 de abril de 2008 ← Elvira Rodríguez – Elena Espinosa → | |
Deputada de España | |
1 de abril de 2004 – 15 de xaneiro de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electa en: Q65054861 | |
Concelleiro de Madrid | |
1999 – 2004 Electa en: 1999 Madrid City Council election (en) | |
Deputada de España | |
21 de marzo de 1996 – 5 de abril de 2000 Lexislatura: VI lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Almería | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Roma La Sapienza |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política, economista, profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Sevilla |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Familia | |
Cónxuxe | Josep Borrell (2018–) |
Premios | |
| |
María Cristina Narbona Ruiz, nada en Madrid o 29 de xullo de 1951, é unha economista, profesora universitaria e política española que entre abril de 2004 e abril de 2008 foi Ministra de Medio Ambiente.
Biografía
[editar | editar a fonte]Viviu en Italia coa súa familia durante a ditadura franquista, licenciándose en Ciencias Económicas pola Universidade de Roma. Regresou a España en 1975, dedicándose á docencia na Universidade de Sevilla. Vinculada ó PSOE -aínda que non se afiliou ó mesmo ata 1993-, en 1982 foi nomeada Viceconselleira de Economía da Xunta de Andalucía no primeiro goberno autonómico. Nos sucesivos gobernos presididos por Felipe González ocupou postos de dirección no Banco Hipotecario, foi Directora Xeral da Vivenda do Ministerio de Obras Públicas en 1991 e Secretaria de Estado de Medio Ambiente e Vivenda en 1993.
Nas eleccións xerais de 1996 foi elixida Deputada ó Congreso pola provincia de Almería. En 1999 presentouse e foi elixida Concelleira polo PSOE no Concello de Madrid, ó tempo que se incorporou á Comisión Executiva Federal do PSOE da man de José Luis Rodríguez Zapatero. Elixida en 2004 de novo Deputada pola circunscrición de Madrid, a vitoria socialista nas eleccións xerais e o nomeamento de Rodríguez Zapatero como Presidente do Goberno permitíronlle ser nomeada Ministra de Medio Ambiente.
Á fronte do Ministerio propúxose como obxectivo o cumprimento por parte de España do Protocolo de Kyoto, suspendeu o proxecto do transvasamento de auga do río Ebro cara ó sueste peninsular[1] a cambio de solucionar a escaseza de auga coa construción de desalgadoras e o aproveitamento dos recursos hídricos de cada territorio, modificou o transvasamento do río Xúcar ó Vinalopó[2] e impulsou un proxecto de ampliación do uso das enerxías renovables[3]. Foi partidaria do peche progresivo de todas as centrais nucleares existentes en España.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O Congreso deroga o transvasamento do Ebro e ratifica o do Xúcar-Vinalopó, 22 de abril de 2005.(en castelán)
- ↑ O custo da desalgación non recaerá sobre os agricultores Arquivado 21 de marzo de 2005 en Wayback Machine., 9 de marzo de 2005.(en castelán)
- ↑ Cristina Narbona: "As enerxías renovables son o único futuro posible da Humanidade" Arquivado 08 de agosto de 2008 en Wayback Machine., 23 de novembro de 2005(en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Cristina Narbona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía no Diario El Mundo.
- Biografía en todopolitica.com Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Entrevista na revista Fusión
- Entrevista no Diario El País
- Entrevista en Tele Madrid
Predecesor: Elvira Rodríguez |
Ministra de Medio Ambiente 2004 – 2008 |
Sucesor: Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño Elena Espinosa |