Década de 1150
Aparencia
Segundo milenio | |||||
Século XII | |||||
| |||||
|
1150
- Artigo principal: 1150.
Arte e cultura
- Construción da catedral románica de Éboli na Campania italiana.
- Iníciase a catedral gótica de Noyon, Francia.
- Remátase o Libro de Leinster.
1151
- Artigo principal: 1151.
- O rei Afonso VII doa a ermida de San Lourenzo, sita non lonxe da confluencia dos ríos Miño e Sil, ao mosteiro de Sobrado
1152
- Artigo principal: 1152.
- 4 de marzo: Frederico I Barbarroxa é elixido rei dos alemáns (ata 1190).
- Lois VII de Francia repudia a Aliénor de Aquitania quen casa co futuro Henrique II de Inglaterra.
- Establecemento do arcebispado de Nidaros (Trondheim), Noruega.
1153
- Artigo principal: 1153.
- Andrónico I Comneno é encarcerado por conspirar contra o emperador bizantino Manuel I Comneno.
- Os anxevinos toman posesión de Gascoña e Güiena.
- Inicio do reinado do rei Parakkama-Bahu I en Sri Lanka.
- Na China, os Jins trasladan a súa capital a Pequín.
- Reinaldo de Chatillon casa con Constanza de Antioquía e convértese en príncipe de Antioquía.
- Os aragoneses ocupan toda a beira norte do Ebro.
- Balduíno III de Xerusalén arrebátalle o Reino de Xerusalén á súa nai e toma Ascalon.
- 6 de xaneiro: Henrique de Blois chega a Inglaterra.
- 29 de abril: Ramón Berenguer IV conquista Siurana, no Priorat, derradeiro reducto musulmán no principado.
- 24 de maio: Inicio do reinado de Malcom IV de Escocia "o Modesto" (ata 1165).
- 9 de xullo: Inicio do pontificado de Anastasio IV (ata 1154).
- 6 de novembro: A paz de Wallingford pon fin á guerra civil en Inglaterra entre a emperatriz Matilde de Inglaterra e Estevo de Inglaterra.
1154
- Artigo principal: 1154.
Arte e cultura
1155
- Artigo principal: 1155.
- Loitas pola sucesión do trono xaponés ao pasamento do emperador Konoe. A sucesión formal corresponde a Shirakawa II, que pasa a ser o 77º emperador (até 1158), mais o seu irmán e ex-emperador, Sutoku intriga para facerse co trono.
1156
- Artigo principal: 1156.
- A Orde Carmelita é fundada.
1157
- Artigo principal: 1157.
- Fernando II accede ao trono de León e Galicia
- Fundación da cidade suíza de Friburgo
1158
- Artigo principal: 1158.
Extremo Oriente
- Shirakawa II, 77º emperador do Xapón (desde 1155) abdica do seu trono.
Europa
- 11 de xaneiro - Ladislau II é coroado rei de Bohemia en Ratisbona.
- 22 de maio - Reunidos en Sahagún, Fernando II de León e Sancho III de Castela concordan coordinar os seus esforzos para someter o rei Afonso Henriques de Portugal.
- 30 de agosto - Afonso VIII sucede a Sancho III no trono de Castela.
- Fernando II de León concede a vila de Portomarín á orde de San Xoán de Xerusalén.
- Fundación de Múnic polo rei Henrique o León.
- Conquista portuguesa de Alcácer do Sal.
- Creación da Orde de Calatrava.
- Fundación de Lübeck por Adolfo II de Holstein, confundadora da Hansa xunto con Hamburgo.
- Henrique o León loita contra os obodritas e organiza as marcas do Leste e a Pomerania.
- Campaña de Frederico Barbarroxa en Italia (até 1162. Destrúe Milán o 1 de setembro e vence as vilas lombardas en Roncaglia.
- Establécese unha liña regular de galeras entre Venecia e Alexandría.
- Paz entre os bizantinos e os normandos.
- Loita contra a gran propiedade eclesiástica en Bizancio: Manuel I Comneno prohibe que os mosteiros "aumenten as propiedades que posúen hoxe en día, en terra e en paisanos anexos", baixo pena de confiscación.
- En Rusia, conflito entre André Bogolioubski e a cadeira metropolitana pola creación dunha metrópole en Vladimir. Bizancio reafirma a unicidade de Kíiv como "metrópole de toda a Rusia" e autoriza só a creación dunha sé episcopal en Vladimir.
- Chegada de Manuel I Comneno a Cilicia. Obtén a submisión do príncipe armenio Thoros. En Antioquía, Renaud de Châtillon debe arrepentirse da súa expedición de piratería contra Chipre (1153 e recoñecer a soberanía bizantina. Baduíno III de Xerusalén negocia unha alianza inaugurada un ano antes polo seu casamento coa neta de Manuel, Teodora Commeno. Mais a má vontade dos aliados fai abortar a expedición proxectada contra Alepo.
- Campaña de Baduíno III e do cruzado Thierry de Flandres contra Nur ad-Din. Retoman Harim.
- No Xapón, Goshirakawa retírase, deixando o lugar de emperador baleiro.
1159
- Artigo principal: 1159.
- 7 de setembro : Comezo do pontificado de Alexandre III (até 1181).
- 4 de outubro : Comezo do pontificado do antipapa Vítor IV (até 1164).
- 22 de decembro - D. Afonso Henriques encóntrase na localide de Santa Maria de Palo co rei Fernando II de León, para resolver o problema dos lindes fronteirizos das reconquistas portuguesas e leonesas.
- Os burgueses de Lugo álzanse contra o señorío do bispo, matando o meiriño deste e outras cinco persoas e obrigando ao prelado a fuxir da cidade.