Döner
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2017) |
Döner | |
Carne de vitela dun Döner. | |
Ingredientes | |
Animal | Año Galiña Vitela |
Döner (en turco) ou o shawarma (do árabe شاورما) ou gyros (en grego) é un prato tradicional turco[1] comunmente atopado no medio Oriente e rexións veciñas, e que consiste en finas láminas de carne de año, pito ou vitela cociñada nun asadeiro vertical, xeralmente consumido cun pan plano como pide ou pita xunto con vexetais e outros acompañamentos.[2] As súas versións en dürüm ou outras formas de comida rápida fixéronse populares en Europa grazas á influencia de emigrantes norteafricanos e turcos.
Características
[editar | editar a fonte]O termo «döner kebab» significa «carne á grella que dá voltas» Tanto shawarma como gyros son adaptados do idioma turco e refírense a «virar». Shawarma é unha forma deformada da palabra turca «çevirme» que significa virar unha carne sobre as brasas, iso si, horizontalmente, a diferenza do döner que vira verticalmente.
O döner ou erroneamente döner kebab prepárase xeralmente de carne bovina ou moitas veces dunha mestura desta con carne de ovella e adóitase servir xunto cun pan especial, redondo e esmagado, característico da cociña balcánica e do Oriente Próximo chamado "pita" (en turco "pide") e moitas veces acompañado de ensalada e arroz. Os quioscos nos que se serve unha versión do döner para levar son comúns en moitos países de Europa, entre eles Alemaña, Austria, Suíza Francia, Holanda, Dinamarca, Reino Unido e España.
Tamén existe o Iskender, unha versión de döner servido con iogur, salsa de tomate e manteiga fundida.
A versión árabe, shawarma case sempre se fai con carne de cordeiro, mentres na preparación de gyros, a versión grega, prefírese usar, xeralmente, carne de porco. Os acompañamentos e a presentación de cada unha do tres versións difírense tanto entre elas mesmas como tamén segundo países e rexións.