Diazomata
Aparencia
Unha diazomata, palabra orixinaria do grego (διάζωμα) e que se emprega tamén no latín diazoma, é un espazo alongado que separa unha sección das bancadas doutra, tanto no teatro como nos anfiteatros e circos. Normalmente era única coma no Teatro de Epidauro pero, ás veces, eran dúas coma no Teatro de Dioniso en Atenas[1].
No teatro romano pasan a denominarse como praecinctio mais o arquitecto romano Marco Vitruvio empregaba, porén, dita palabra para designar o elemento que divide a orchestra da escena.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "ENCICLOPEDIA DELL' ARTE ANTICA" (en italiano). Consultado o 08-11-2016.
- ↑ Lajo Pérez, Rosina (1990). Léxico de arte. Madrid, España: Akal. p. 62. ISBN 978-84-460-0924-5.