Dragón europeo


O dragón europeo é unha criatura lendaria presente no folclore e na mitoloxía de moitas das culturas de Europa.[1]
No presente, o dragón europeo é representado como unha criatura semellante a un lagarto, de gran talle, escamoso, con cornos e que bota lume pola boca. A criatura tamén ten unhas ás de coiro semellantes ás dun morcego, catro patas e unha longa e prénsil cola. Algunhas representacións amosan ós dragóns con ás emplumadas, cristas, gadoupas ardentes, pugas de marfil que percorren o seu lombo e outros engadidos exóticos. Outras representacións non teñen patas ou presentan múltiples testas.
Nos contos populares, o sangue dun dragón a miúdo contén propiedades máxicas. Por exemplo, na ópera Siegfried, o sangue permítelle a Sigurd entender a lingua dos paxaros do bosque. O típico dragón protexe unha caverna ou castelo cheos de ouro e tesouros e, adoita estar asociado cun grande heroe que trata de matalo.
Malia ser unha criatura con ás, o dragón atópase polo xeral nun agocho subterráneo, unha cova que o sinala como unha antiga criatura da terra. É probable que os dragóns da mitoloxía europea ede Medio Oriente proveñan do culto ás cobras presente en moitas relixións en todo o mundo.
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]
O termo "dragón" provén da palabra latina draco, que tamén dá nome á constelación Draco, e que provén directamente do grego antigo δράκων, (drákōn).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ernest Ingersoll; et al. (2013). The Illustrated Book of Dragons and Dragon Lore. Cognoscenti Books.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dragón europeo ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Gales |