Economía de Singapur
Economía de Singapur | |
---|---|
Moeda | dólar de Singapur |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, ASEAN, APEC, IOR-ARC |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 331,9 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 41ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 1,3% (2012) |
PIB per cápita | 61 400 (2012) |
PIB por sector | agricultura 0%, industria 28,6%, servizos 73,2% (2012) |
Inflación | 4,6% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 3.618.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 0,1%, industria 19,6%, servizos 80,3% (2011) |
Desemprego | 1,9% (2012) |
Industrias | electrónicos, produtos químicos, servizos financeiros, equipamentos para exploración de petróleo, refino de petróleo, procesamento de caucho, alimentos e bebidas industrializados, reparo de navíos, construción de plataformas de petróleo, investigacións en ciencias naturais, comercio |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 435,8 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | máquinas e equipamentos (incluíndose electrónicos e de telecomunicacións), fármacos e outros medicamentos, derivados de petróleo |
Principais mercados | Malaisia 12,2%, Hong Kong 10,9%, República Popular da China 10,7%, Indonesia 10,5%, Estados Unidos 5,5%, Xapón 4,6%, Australia 4,2%, Corea do Sur 4% (2012) |
Importacións | 374,9 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, combustibles minerais, produtos químicos, alimentos, bens de consumo |
Principais mercados | Malaisia 10,6%, República Popular da China 10,3%, Estados Unidos 10,2%, Corea do Sur 6,8%, Xapón 6,2%, Indonesia 5,3%, Arabia Saudita 4,5%, Emiratos Árabes Unidos 4,1% (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 1 174 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Singapur posúe unha economía altamente desenvolvida e exitosa. É unha economía de mercado aberta e libre de corrupción cun PIB per capita igual ao dos países máis ricos de Europa. A economía depende principalmente das exportacións, particularmente as do sector electrónico, farmacéutico, e industrial, ademais dun sector de servizos en crecemento.[1]
A economía creceu unha media do 7% anual entre 2004 e 2007, pero soamente 1,2% en 2008 e caeu 1% o 2009 como resultado da crise financeira global[1]. Xa o 2010 creceu 14,8%, e o 2011 4,9%, como resultado da recuperación das exportacións.[1]
O goberno de Singapur promove niveis elevados de aforro e investimento a través de políticas como a do Central Provident Fund, que é un fondo utilizado para manter o as necesidades do sistema de saúde e xubilación da poboación. Os niveis de aforro en Singapur son os máis altos do mundo desde os anos 1970..[3] A maioría das compañías en Singapur son rexistradas como de responsabilidade limitada. Unha compañía de responsabilidade limitada en Singapur é unha entidade separada, e os acionistas son responsábiles polas débedas da empresa só ata o límite da súa participación no capital.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 11 de novembro de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).
- ↑ Kalim Siddiqui (2010). "The Political Economy of Development in Singapore" 2 (2): 6–7.