Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011
Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2007 2012 → | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 22 de maio de 2011 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | eleccións autonómicas en España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | 45 deputado da Xunta Xeral do Principado de Asturias | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011 celebráronse o 22 de maio para elixir os 45 deputados da VIII lexislatura. Coincidiron coas eleccións municipais dos 78 concellos asturianos e as parroquias rurais, así como con outras eleccións autonómicas e locais.
A Federación Socialista Asturiana foi o partido con máis votos, pero Foro Asturias foi o gañador por escanos, sendo elixido finalmente o seu candidato Francisco Álvarez-Cascos como presidente do Principado de Asturias para a lexislatura.
Lexislatura anterior
[editar | editar a fonte]Nas eleccións de 2007, o partido socialista obtivo a maioría simple, con 21 deputados, que permitiron a Vicente Álvarez Areces renovar no cargo de Presidente do Principado de Asturias. O Partido Popular, con 20 deputados, continuou como principal grupo da oposición.
Areces gobernou en minoría até novembro de 2008 cando, grazas a un acordo coa coalición Izquierda Unida-Bloque por Asturies-Los Verdes, dous conselleiros de IU se incorporaron ao Consello de Goberno do Principado de Asturias,[1] entre outros postos de responsabilidade na administración autonómica.[2]
Con todo, en maio de 2011, Bloque por Asturies e Izquierda Unida romperon o pacto polo seu desacordo na lei de contención do déficit. Por tal motivo, Roberto Colunga, secretario de BA, pasou a formar o Grupo Mixto na Xunta Xeral do Principado de Asturias e os militantes de Bloque renunciaron aos seus postos no Goberno.[3]
Precampaña
[editar | editar a fonte]O presidente do Principado, Vicente Álvarez Areces, expresou en xullo de 2010 a súa intención de non optar á reelección tras as eleccións de 2011,[4] despois de tres lexislaturas no cargo. Tras iso, o secretario xeral da Federación Socialista Asturiana, Javier Fernández Fernández, anunciou a súa intención de optar á presidencia polo partido socialista,[5] candidatura avalada pola comisión executiva da FSA e polo comité federal do PSOE.[6]
O Partido Popular proclamou como candidata a Isabel Pérez-Espinosa, concelleira de Oviedo,[7] a proposta do PP de Asturias, descartando así a Francisco Álvarez-Cascos para encabezar as listas. Este, tras abandonar o PP, afiliouse ao partido Foro Asturias, creado arredor da súa persoa, sendo posteriormente proclamado como candidato á presidencia do Principado.[8]
Pola súa parte, Izquierda Unida decidiu que o seu candidato á presidencia fora de novo o seu coordinador xeral, Jesús Iglesias Fernández. A candidatura foi avalada pola presidencia de IU de Asturias[9] e ratificada polo Consello Político da coalición en Asturias.[10] Así mesmo, mantivo a súa coalición con Los Verdes de Asturias.
Finalmente, Bloque por Asturies, que se presentara ás eleccións con IU nas dúas eleccións autonómicas anteriores,[11] presentouse en coalición con Unidá Nacionalista Asturiana, con Rafael Palacios como cabeza de lista.[12]
Eleccións
[editar | editar a fonte]O día 29 de marzo, o Boletín Oficial do Principado de Asturias e o Boletín Oficial do Estado publicaron o «Decreto 3/2011, do 28 de marzo, do Presidente do Principado, polo que se convocan eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias».[13][14] De acordo a este decreto, as eleccións celebraríanse o 22 de maio e os 45 deputados repartiríanse segundo o padrón de habitantes a 1 de xaneiro de 2010, do seguinte xeito: 34 pola circunscrición central, 6 pola occidental e 5 pola oriental. A campaña electoral, de 15 días de duración, empezou o 6 de maio e terminou o día 20.
Candidaturas
[editar | editar a fonte]Os partidos, federacións e coalicións presentaron as súas candidaturas do 13 ao 18 de abril, de acordo á lei electoral autonómica, e foron publicadas o 20 de abril.[15] O día 25 foron proclamadas pola Xunta Electoral Provincial de Asturias e publicadas no BOPA.[16]
En total presentáronse 18 candidaturas, o número máis alto até a data. 16 delas concorreron polas tres circunscricións, mentres que Frente Nacional-MSR só o fixo pola central e Unificación Comunista de España unicamente pola oriental. O elevado número de candidaturas débese ás escisións no PP (FAC, IDEAS e URAS), á fragmentación do comunismo asturiano e aos novos partidos que se presentan por primeira vez, como UPyD.[17]
Circunscrición | Candidatos | Observacións |
---|---|---|
Central |
||
Occidental |
||
Oriental |
Sondaxes electorais
[editar | editar a fonte]As distintas sondaxes electorais, con estimación dos deputados obtidos polas candidaturas, publicadas polos medios de comunicación foron:
Sondaxe | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Resultados 2007 | ||||||
Deputados | ||||||
El Mundo[18](4/01/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
COPE[19](14/04/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
El Comercio[20](22/04/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
El Mundo[21](24/04/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
Antena 3[22](2/05/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
Varios medios (CIS)[23](5/05/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
Vocento[24](8/05/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
La Voz de Asturias [25](8/05/2011)-Público [26](9/05/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
El Comercio[27](13/05/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
La Nueva España[28](15/05/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
El Mundo[29](15/5/2011) | ||||||
Deputados |
Nota: 1-Corresponde a un, entón, hipotético partido de Francisco Álvarez-Cascos
Resultados
[editar | editar a fonte]Tras o escrutinio dos votos presenciais e por correo, na noite do 22, a candidatura máis votada era a socialista. Esta vitoria en número de votos ocorría, ademais, nas dúas circunscricións laterais, mentres que na central a máis votada foi a candidatura de Foro Asturias, liderada por Francisco Álvarez-Cascos. Debido a isto, Foro Asturias obtería 16 deputados por 15 do Partido Socialista, o peor resultado da súa historia en Asturias. O Partido Popular tamén obtería o seu peor resultado en Asturias, perdendo a metade dos seus deputados na anterior lexislatura e quedándose en 10. Por último IU-Los Verdes repetirían o resultado do 2007, 4 deputados, naquela ocasión en coalición co Bloque por Asturies. Os catro deputados obteríaos na circunscrición central, a pesar de obter máis do 3% dos votos válidos emitidos nas outras dúas circunscricións, mínimo legal establecido para poder optar ao repartimento de escanos.[30] Non obstante, nas circunscricións oriental e occidental, o baixo número de deputados (5 e 6, respectivamente) fai que non sexa suficiente con superar dita cifra para asegurar a asignación dun deputado.[31][32]
O mércores 25, a Xunta Electoral do Principado de Asturias realizou o escrutinio dos 3.265 votos recibidos dos asturianos residentes no estranxeiro. O seu reconto non modificou a asignación provisional de escanos, sendo a candidatura socialista a máis votada.[33] A Federación Socialista Asturiana denunciou publicamente o extravío de 5.000 votos de emigrantes, pois 8.477 deles solicitaran exercer o voto.[34]
Os resultados definitivos das candidaturas que obtiveron representación son:
← Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011 → | |||||||
Presidente e goberno | Partido | Candidato | Votos | % | Escanos | +/- | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | Javier Fernández Fernández | 179.619 | 29,92% | 15 | -6 | |
Foro de Ciudadanos (FAC) | Francisco Álvarez-Cascos | 178.031 | 29,66% | 16 | +16 | ||
Partido Popular (PP) | Isabel Pérez-Espinosa | 119.767 | 19,95% | 10 | -10 | ||
Izquierda Unida-Los Verdes de Asturias (IU-LOS VERDES) | Jesús Iglesias Fernández | 61.703 | 10,28% | 4 a | +1 b | ||
Unión Progreso y Democracia (UPyD) | Ignacio Prendes | 14.640 | 2,44% | 0 | |||
Independientes de Asturias (IDEAS) | Juan Morales Sánchez | 6.380 | 1,06% | 0 | |||
Bloque por Asturies-UNA (BA-UNA) | Rafael Palacios | 6.191 | 1,03% | 0 | -1 | ||
Frente de la Izquierda (FDLI) | 4.598 | 0,77% | 0 | ||||
Los Verdes-Grupo Verde (LV-GV) | 3.626 | 0,60% | 0 | ||||
Unión Asturianista (URAS-PAS) | Xuan Xosé Sánchez Vicente | 2.953 | 0,49% | 0 | |||
Partido Antitaurino Contra el Maltrato Animal (PACMA) | 1.950 | 0,32% | 0 | ||||
Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) | 1.434 | 0,24% | 0 | ||||
Conceyu Abiertu (CONCEYU ABIERTU) | 1.421 | 0,24% | 0 | ||||
Partido Democrático y Constitucional (PDyC) | 1.034 | 0,17% | 0 | ||||
Democracia Nacional (DN) | 711 | 0,12% | 0 | ||||
Alternativa Liberal Social (ALS) | 334 | 0,06% | 0 | ||||
Frente Nacional-Movimiento Social Republicano (FrN-MSR) | 260 | 0,04% | 0 | ||||
Unificación Comunista de España (UCE) | 11 | 0,00% | 0 | ||||
En branco | N/A | 15.611 | N/A | N/A | |||
Nulos | N/A | 8.798 | N/A | N/A |
aOs 4 de IU.
b Respecto á coalición IU-BA-VERDES en 2007.
Por circunscricións
[editar | editar a fonte]Circunscrición central | |||||||
Resultados | Candidatura | Votos | % | Escanos | +/- | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Foro de Ciudadanos (FAC) | 144.119 | 30,10% | 12 | +12 | ||
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 135.744 | 28,36% | 11 | -4 | |||
Partido Popular (PP) | 91.520 | 19,12% | 7 | -8 | |||
Izquierda Unida-Los Verdes de Asturias (IU-LOS VERDES) | 53.486 | 11,17% | 4 | +1a |
Circunscrición occidental | |||||||
Resultados | Candidatura | Votos | % | Escanos | +/- | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 27.499 | 36,58% | 2 | -1 | ||
Partido Popular (PP) | 18.837 | 25,06% | 2 | -1 | |||
Foro de Ciudadanos (FAC) | 18.484 | 24,59% | 2 | +2 |
Circunscrición oriental | |||||||
Resultados | Candidatura | Votos | % | Escanos | +/- | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 16.376 | 35,31% | 2 | -1 | ||
Foro de Ciudadanos (FAC) | 15.428 | 33,27% | 2 | +2 | |||
Partido Popular (PP) | 9.410 | 20,29% | 1 | -1 |
a Respecto á coalición IU-BA-VERDES en 2007.
Elección do Presidente do Principado
[editar | editar a fonte]O luns 11 de xullo comezou a sesión de investidura para a elección do Presidente do Principado de Asturias. O único candidato presentado foi Francisco Álvarez-Cascos, de Foro Asturias. O resto de grupos parlamentarios renunciaron a presentar candidatos. Este feito supuxo a certeza de que Álvarez-Cascos saería elixido como presidente.[35]
Na votación efectuada o día seguinte, Álvarez-Cascos non obtivo a maioría absoluta. O venres 15 de xullo foi elixido presidente ao obter maioría simple dos votos, os do seu grupo parlamentario. Os deputados do resto de partidos abstivéronse, permitindo a investidura de Cascos.[36]
O BOE do 16 de xullo de 2011 publicou o cesamento de Vicente Álvarez Areces como presidente do Principado[37] e o nomeamento de Francisco Álvarez-Cascos.[38] O mesmo día tomou posesión do cargo no edificio da Xunta Xeral, coa presenza de Rosa Aguilar, ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, que presidiu o acto, por deferencia de Cascos.[39] O seu primeiro discurso oficial como presidente tivo un marcado carácter rexionalista asturiano, citando dúas veces a Asturias como «país».[40]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Areces considera que el nuevo Gobierno es un "buen equipo" para servir a Asturias El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Javier Antuña será el nuevo director de la Agencia de Discapacidad Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine. La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ El diputado Roberto Colunga (BA) deja el grupo de IU y pide su pase al Mixto Arquivado 04 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. RTPA. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "El socialista Álvarez Areces renuncia a luchar por la reelección al frente del Gobierno asturiano tras tres legislaturas". El País. 8 de xullo de 2010. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Arreseigor, Macarena (20 de xullo de 2010). "Javier Fernández, el candidato socialista". El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ G., P. (22 de xaneiro de 2011). "Javier Fernández, ratificado como candidato por el PSOE". La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "El PP nombra a Isabel Pérez-Espinosa candidata en Asturias y descarta a Álvarez-Cascos". RTVE. 30 de decembro de 2010. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "Álvarez-Cascos, proclamado candidato a la Presidencia del Principado". La Nueva España. 29 de marzo de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "IU propone que Jesús Iglesias repita como candidato al Principado". La Nueva España. 25 de novembro de 2010. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Pérez, Marta (28 de novembro de 2010). "Iglesias: «El presupuesto garantiza las prestaciones sociales»". La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ IU y el Bloque liquidan su relación entre reproches mutuos El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "Rafael Palacios encabezará la candidatura conjunta de Bloque por Asturies y UNA". La Nueva España. 2 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Goberno do Principado de Asturias, ed. (29 de marzo de 2011). "Decreto 3/2011, de 28 de marzo, del Presidente del Principado, por el que se convocan elecciones a la Junta General del Principado de Asturias.". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ BOE, ed. (28 de marzo de 2011). "Decreto 3/2011, de 28 de marzo, del Presidente del Principado de Asturias, por el que se convocan elecciones a la Junta General del Principado de Asturias". Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Xunta Electoral Provincial de Asturias. Candidaturas presentadas para as Eleccións Autonómicas 2011 Arquivado 05/08/2020, en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Gallego, Pablo (29 de marzo de 2011). "Comienza la carrera electoral del 22-M por Pablo Gallego". La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Autonómicas de récord: 18 partidos La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "El efecto Cascos cuaja en Asturias", El Mundo, 6 de xaneiro de 2011
- ↑ Cadena Cope, ed. (14 de abril de 2011). "El PSOE sería el partido más votado, seguido del PP y del Foro Asturias de Cascos" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2018.
- ↑ "Intención de voto para las autonómicas". El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "Cascos sigue teniendo más votos que el PP", El Mundo, 24 de abril de 2011
- ↑ Antena 3 (ed.). "Foro Asturias, la clave para la formación del Gobierno asturiano". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ CIS (ed.). "PREELECTORAL ELECCIONES AUTONÓMICAS, 2011 (Principado de Asturias) AVANCE DE RESULTADOS Estudio nº 2.873 Marzo-Abril 2011" (PDF).
- ↑ "Cascos será la tercera fuerza de la región y decidirá el gobierno". ABC. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ [Raúl Álvarez: Dos reñidos escaños decidirán si gana la izquierda o la derecha (La Voz de Asturias, 8 de mayo de 2011, páxinas 4-5)]
- ↑ "El PSOE es el partido más votado y Cascos deja al PP como tercera fuerza". Público. 9 de maio de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "Una encuesta de Asturbarómetro da la mayoría a Cascos". El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "El PSOE aventaja en dos puntos al PP, que si pactase con Foro tendría mayoría absoluta". La Nueva España.
- ↑ "Cascos sigue por delante del PP", El Mundo, 15 de maio de 2011
- ↑ "Ley 14/1986, de 26 de diciembre, sobre régimen de elecciones a la Junta General del Principado de Asturias, modificado por la Ley 3/1991, de 25 de marzo. DOGV núm. 561, de 6 de abril". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2016.
- ↑ Dieciocho fuerzas para 45 escaños El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2011. Consultado o 23 de maio de 2013.
- ↑ El PSOE se queda a 67 votos de superar a Cascos por un escaño en Asturias
- ↑ El PSOE ataca a Correos por el extravío de 5.000 votos de emigrantes «que nos darían la victoria» La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Álvarez-Cascos, único candidato para presidir Asturias El País. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Álvarez-Cascos es elegido presidente de Asturias en minoría con el único apoyo de su partido RTVE. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Real Decreto 1024/2011, de 15 de julio, por el que se nombra Presidente del Principado de Asturias a don Francisco Álvarez-Cascos Fernández Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Real Decreto 1024/2011, de 15 de julio, por el que se nombra Presidente del Principado de Asturias a don Francisco Álvarez-Cascos Fernández Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ «Lucharé para que en España se escuche y se respete nuestra voz» El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Cascos accede a la Presidencia del «país» asturiano y reivindica el «hecho regionalista» La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Resultados numéricos detallados e definitivos de todas as eleccións celebradas en Asturias desde 1982 (en castelán)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Boletín oficial do Principado de Asturias do 26 de abril de 2011 Arquivado 05 de novembro de 2011 en Wayback Machine. Xunta Electoral Provincial de Asturias. Candidaturas Proclamadas para as Eleccións Autonómicas 2011. (en castelán)
- Actas de escrutinio correspondentes ás Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias celebradas o 22 de maio de 2011 Boletín Oficial do Principado de Asturias núm. 156, do 7 de xullo de 2011. (en castelán)