Saltar ao contido

Xunta Xeral do Principado de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xunta Xeral do Principado de Asturias
XII lexislatura

Fachada da Xunta Xeral
Datos xerais
Ámbito Asturias
Creación31 de maio de 1983
TipoParlamento autonómico (unicameral)
Límitelexislatura de 4 anos
Inicio de sesións26 de xuño de 2023
Liderado
Presidente Juan Cofiño
desde o 26 de xuño de 2023
Presidente da
Cámara Baixa
Mª Celia Fernández
desde o 26 de xuño de 2023
Vicepresidente segundo José Agustín Cuervas-Mons
desde o 26 de xuño de 2023
Secretaria primeira Delia Campomanes
desde o 26 de xuño de 2023
Secretaria segunda Pilar Fernández
desde o 26 de xuño de 2023
Composición
Membros45 deputados
Composición de la XII Legislatura de la Junta General del Principado de Asturias.svg
Grupos representadosGoberno (22)      FSA-PSOE 19      CxAst 3

Apoio externo (1)      Podemos Asturies

Oposición (22)      PP de Asturias 17     Vox 4     Foro 1
Título Segundo, Capítulo I do Estatuto de Autonomía asturiano
Eleccións
Sistema electoralSistema D'Hondt con representación proporcional por listas pechadas
Última elección28 de maio de 2023
Sede(s)
Palacio de la Junta General
Calle Fruela, 13
33007 Oviedo, España
Sitio web
http://www.jgpa.es
Cronoloxía

XI lexislatura

XIII lexislatura

A Xunta Xeral do Principado de Asturias (Xunta Xeneral del Principáu d'Asturies en asturiano, Junta General del Principado de Asturias en castelán) é o órgano supremo de representación do pobo asturiano, segundo recolle o Estatuto de Autonomía de Asturias. Os seus membros son elixidos polos cidadáns de forma democrática nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias e desempeña o papel lexislativo.

A función executiva é asignada a outro órgano que xorde do propio parlamento: o Goberno do Principado de Asturias. O Presidente do Principado é elixido pola Xunta Xeral entre os seus membros e este encárgase de designar o Consello de Goberno cuxo labor é controlado pola cámara. Así mesmo, tamén lle corresponde á Xunta Xeral aprobar os orzamentos da comunidade autónoma.

Organización e funcionamento

[editar | editar a fonte]

Deputados e grupos parlamentarios

[editar | editar a fonte]

Deputados

[editar | editar a fonte]

Os deputados representan o pobo asturiano e son escollidos por este baseándose en tres circunscricións electorais. Gozan duns dereitos e adquiren unhas obrigacións. Tamén desfrutan de certas prerrogativas como a inviolabilidade e o foro especial. Os deputados agrúpanse en grupos parlamentarios.

Deputados da XII Lexislatura da Xunta Xeral do Principado de Asturias[1][2]
Nome Circunscrición Partido GP Asumiu Abandonou Notas
Barbón, AdriánAdrián Barbón Central FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023 Presidente do Consello de Goberno
Concepción Saavedra Central FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023 02023-08-09 9 de agosto de 2023 Substituída por Ricardo Fernández
Juan Cofiño González Central FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023 Presidente da Xunta Xeral
José Ramón García Central FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Celia Fernández Central FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023 Vicepresidenta primeira da Xunta
Enrique Fernández Central FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Mónica Ronderos Central FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Luis Ramón Fernández Huerga Central FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Ana Isabel Puerto Central FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023
René Suárez Central FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Noelia Macías Central FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Ana Isabel González Cachero Central FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Ricardo Fernández Central FSA-PSOE Socialista 02023-08-14 14 de agosto de 2023 Substitúe a Concepción Saavedra
Marcelino Marcos Líndez Occidente FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Alba Álvarez Núñez Occidente FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Lidia Fernández Occidente FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Gimena Llamedo González Oriente FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Ángel Ricardo Morales Fuentecilla Oriente FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023
María Esther Freile Fernández Oriente FSA-PSOE Socialista 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Diego Canga Fano Central PP Popular 02023-06-26 26 de xuño de 2023 02023-10-14 14 de outubro de 2023 Substituído por Pedro de Rueda
Pilar Fernández Pardo Central PP Popular 02023-06-26 26 de xuño de 2023 Segunda secretaria da Xunta
Beatriz Polledo Enríquez Central PP Popular 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Pablo González Menéndez Central PP Popular 02023-06-26 26 de xuño de 2023
José Cuevas-Mons Central PP Popular 02023-06-26 26 de xuño de 2023 Vicepresidente segundo da Xunta
Gloria García Fernández Central PP Popular 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Andrés Ruiz Riestra Central PP Popular 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Susana Fernández Arias Central PP Popular 02023-06-26 26 de xuño de 2023
José Luis Costillas Gutiérrez Central PP Popular 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Sandra Camino Rodríguez Central PP Popular 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Manuel Cifuentes Corujo Central PP Popular 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Rafael Alonso Alonso Central PP Popular 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Álvaro Queipo Somoano Occidente PP Popular 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Salvador Méndez Méndez Occidente PP Popular 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Cristina Vega Morán Occidente PP Popular 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Pedro de Rueda Central PP Popular 24 de outubro de 2023 Substitúe a Diego Canga
Carolina López Fernández Central Vox Vox 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Javier Jové Sandoval Central Vox Vox 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Sara Concepción Álvarez Rouco Central Vox Vox 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Gonzalo Centeno Martín Central Vox Vox 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Ovidio Zapico González Central CxA CxAst 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Delia Campomanes Isidoro Central CxA CxAst 02023-06-26 26 de xuño de 2023 Primeira secretaria da Xunta
Xabel Vegas Central CxA CxAst 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Adrián Pumares Central FORO Mixto 02023-06-26 26 de xuño de 2023
Covadonga Tomé Central Podemos Mixto 02023-06-26 26 de xuño de 2023

Grupos parlamentarios

[editar | editar a fonte]

Cada partido político ou coalición electoral só pode constituír un grupo parlamentario. Os grupos parlamentarios fórmanse do seguinte xeito:

  • Por tres ou máis deputados que pertenzan a un mesmo partido político ou coalición electoral.
  • Os deputados de partidos ou coalicións electorais que non acaden o número mínimo de 3 pasan a formar o Grupo Parlamentario Mixto.
  • Os deputados que se separen do seu grupo parlamentario pasan ao Grupo Parlamentario Mixto.
Grupo parlamentario[3] Escanos
Socialista 19
Popular 17
Vox 4
Convocatoria por Asturias 3
Mixto 2
Fonte: Xunta Xeral do Principado de Asturias

Comisións

[editar | editar a fonte]

Son grupos de deputados que estudan asuntos que se lles encomendan e levan ao Pleno da Xunta Xeral propostas ou ditames. Ás veces actúan con poder decisorio, ao aprobar resolucións de carácter non lexislativo. Tamén controlan o cumprimento que fai o Consello de Goberno das mocións e resolucións de proposicións non de lei. Intégranas membros designados polos grupos parlamentarios no número sinalado pola Mesa unha vez escoitada a Xunta de Portavoces. Todos os grupos teñen dereito a contar cun representante como mínimo en cada comisión. Cada comisión ten unha Mesa integrada por un Presidente, Vicepresidente e un Secretario elixidos entre os seus compoñentes.

Comisións da Xunta Xeral do Principado de Asturias
Comisión Presidencia Grupo
Ciencia, Empresas, Formación e Emprego Alba Álvarez Núñez
Control de Radiotelevisión do Principado de Asturias, SAU Noelia Macías Mariano
Dereitos Sociais e Benestar Pilar Fernández Pardo
Educación José Luis Costillas Gutiérrez
Fomento, Cooperación Local e Prevención de Incendios Beatriz Polledo Enríquez
Facenda e Fondos Europeos Sandra María Camino Rodríguez
Medio Rural e Política Agraria Mónica Ronderos García
Ordenación de Territorio, Urbanismo, Vivenda e Dereitos Cidadáns Delia Campomanes Isidoro
Peticións e Dereitos Fundamentais Adrián Pumares Suárez
Presidencia, Reto Demográfico, Igualdade e Turismo, e de Vicepresidencia Luis Ramón Fernández Huerga
Regulamento Juan Manuel Cofiño González
Saúde Ricardo Fernández Rodríguez
Transición Ecolóxica, Industria e Desenvolvemento Económico Jacinto Braña Santos

Deputación Permanente

[editar | editar a fonte]
Edificio da Xunta Xeral do Principado de Asturias en Oviedo.

Está composta polos deputados que elixen os grupos parlamentarios en proporción á súa importancia numérica que designa a Mesa tras escoitar á Xunta de sesións. Presídea o Presidente da Xunta Xeral e a súa Mesa é a da cámara.

Xunta de Portavoces

[editar | editar a fonte]

Está composta polos portavoces dos grupos parlamentarios e o Presidente da Xunta Xeral. Entre as súas misións destacan a determinación da orde do día das sesións do Pleno, e a designación do número de membros das comisións e a Deputación Permanente. As súas decisións son tomadas por voto ponderado, representando cada portavoz tantos votos como deputados teña o seu grupo parlamentario.

Xunta de Portavoces da Xunta Xeral do Principado de Asturias (XII lexislatura)
Cargo Titular Lista
Presidente Juan Cofiño FSA-PSOE
Vicepresidenta primeira Celia Fernández FSA-PSOE
Vicepresidente segundo José Agustín Cuevas-Mons PP de Asturias
Secretario primeiro Delia Campomanes IU
Secretario segundo Pilar Fernández Pardo PP de Asturias
Portavoces titulares
Portavoz do GP Socialista María Dolores Carcedo García FSA-PSOE
Portavoz do GP Popular Diego Canga Fano PP de Asturias
Portavoz do GP Vox Carolina López Fernández VOX
Portavoz do GP CxAst Ovidio Zapico IU
Portavoz do GP Mixto Covadonga Tomé Podemos
Adrián Pumares Suárez Foro Asturias
Fonte: Xunta Xeral do Principado de Asturias

É o órgano supremo da Xunta Xeral, formando parte del todos os deputados desta. Os membros do Consello de Goberno poden asistir e intervir nas sesións independentemente de que sexan tamén deputados da Xunta Xeral.

Detalle do escudo no beirado da cúpula do palacio da Xunta Xeral.

É o órgano reitor da Xunta Xeral e ostenta a súa representación colexiada. Componse do Presidente da Xunta Xeral, dous vicepresidentes e dous secretarios. Tamén poden designarse vocais adscritos que asisten con voz e sen voto a algunhas das súas reunións representado a partidos que non teñan ningún deputado nela. Algunhas das súas funcións son:

  • Ordenar o traballo
  • Decidir a tramitación de escritos e documentos parlamentarios
  • Elaborar, dirixir e controlar a execución do orzamento da Xunta Xeral
  • Organizar a Administración parlamentaria

Reúnese convocada polo Presidente da Xunta Xeral e os seus membros escóllense na sesión constitutiva da cámara, presidida ao inicio por unha Mesa de idade constituída polo deputado electo de maior idade como Presidente asistido polos dous de menor idade como secretarios.

A Xunta Xeral do Principado de Asturias constituíuse en 1982 como asemblea lexislativa polo Estatuto de Autonomía do Principado de Asturias, lembrando co seu nome as antigas Xuntas Xerais e Deputacións do Principado de Asturias que dende a Baixa Idade Media serviran para representar os concellos do Principado de Asturias ante a Corona.[4]

Lexislaturas

[editar | editar a fonte]
Lexislaturas da Xunta Xeral do Principado de Asturias
Lexislatura Comezo Composición[nota 1] Goberno
Provisional
[nota 2]
6 de marzo de 1982
7 24 24 3
FSA-PSOE
I (1983) 31 de maio de 1983
5 26 14
FSA-PSOE
II (1987) 8 de xullo de 1987
4 20 8 13
FSA-PSOE
III (1991) 21 de xuño de 1991
6 21 1 2 15
FSA-PSOE
IV (1995) 23 de xuño de 1995
6 17 1 21
PP / URAS[nota 3]
V (1999) 7 de xullo de 1999
3 24 3 15
FSA-PSOE
VI (2003) 17 de xuño de 2003
4 22 19
FSA-PSOE + IU-IX
VII (2007) 21 de xuño de 2007
4 21 20
FSA-PSOE
/ FSA-PSOE + IU-IX
VIII (2011) 15 de xuño de 2011
4 15 10 16
FORO
IX (2012) 27 de abril de 2012
5 17 1 10 12
FSA-PSOE
X (2015) 16 de xuño de 2015
5 9 14 3 11 3
FSA-PSOE
XI (2019) 24 de xuño de 2019
2 4 20 5 10 2 2
FSA-PSOE
XII (2023) 26 de xuño de 2023
3 1 19 17 1 4
FSA-PSOE + CxAst
Lenda:      PCA      IU-IX      CxAst      Podemos      PSOE      PAS      UPyD      UCD      CDS      Cs      URAS      PP      CP      AP      FORO      VOX
Notas:

Presidencia da Xunta Xeral do Principado de Asturias

[editar | editar a fonte]

O Presidente da Xunta Xeral ostenta a máxima representación da cámara e elíxese na súa sesión constitutiva entre os deputados desta. Entre as súas misións destacan dirixir os debates, interpretar o regulamento da cámara e fixar de acordo coa Xunta de Portavoces a orde do día das sesións do Pleno. Preside tamén a Mesa, a Xunta de Portavoces e a Deputación Permanente. A continuación pódese ver unha táboa cos presidentes da Xunta Xeral dende 1982.[1]

Lexislatura Presidente Partido
Provisional Agustín José Antuña Alonso UCD
Eugenio Carbajal Martínez[nota 4] FSA-PSOE
I Juan Ramón Zapico García FSA-PSOE
II Antonio Landeta y Álvarez-Valdés AP
III Laura González Álvarez[nota 5] IU-IX
Eugenio Carbajal Martínez FSA-PSOE
IV Ovidio Sánchez Díaz[nota 6] PP
Faustino González Alcalde FSA-PSOE
V María Jesús Álvarez González FSA-PSOE
VI
VII
VIII Fernando Goñi Merino PP
IX Pedro Sanjurjo González FSA-PSOE
X
XI Marcelino Marcos Líndez FSA-PSOE
XII Juan Cofiño González FSA-PSOE
Notas:
  1. Nestas táboas non se reflexan posibles cambios na composición ao longo da lexislatura.
  2. A primeira vez que se constituíu a Xunta Xeral estivo formada polos deputados e senadores nacionais por Asturias, e por 14 membros nomeados en proporción aos resultados nas anteriores eleccións xerais. Durante a lexislatura provisional celebráronse eleccións xerais en España, cambiando por tanto a composición da Xunta. Na táboa tan só se mostra a proporción orixinal por partidos.
  3. O goberno durante a IV Lexislatura estivo liderado por Sergio Marqués, elixido polo Partido Popular, sendo expulsado deste partido en xuño de 1998. En febreiro de 1999 afiliouse á URAS.
  4. Agustín José Antuña Alonso dende o 6 de marzo de 1982 ata o 14 de xaneiro de 1983 e Eugenio Carbajal Martínez dende o 14 de xaneiro de 1983 ata o 31 de maio de 1983.
  5. Dende o 21 de xuño de 1991 ata o 8 de xaneiro de 1993 sendo substituída por Eugenio Carbajal Martínez.
  6. Substituído por Faustino González Alcalde nunha sesión celebrada o 18 de marzo de 1999.

Vicepresidente Primeiro da Xunta Xeral

[editar | editar a fonte]

A continuación pódese ver unha táboa cos vicepresidentes primeiros da Xunta Xeral dende 1982.[2]

Lexislatura Vicepresidente Primeiro Partido
Provisional Eugenio Carbajal Martínez FSA-PSOE
María Aurora Puente Uría * PCA
I José Ramón García Queipo FSA-PSOE
II Adolfo Barthe Aza CDS
III Eugenio Carbajal Martínez ** FSA-PSOE
Amalia Maceda Rubio IU
IV Faustino González Alcalde*** FSA-PSOE
José Ramón García Cañal PP
V Juana María González del Cabo FSA-PSOE
VI Manuel Aurelio Martín González IU
VII
VII Diana Camafeita Fernández IU
VIII Vicente Herranz González FSA-PSOE
IX Pelayo Roces Arbesú FAC
X María Josefa Miranda Fernández IU
XI Celia Fernández Fernández FSA-PSOE
XII
Notas:

*Eugenio Carbajal Martínez dende o 6 de marzo de 1982 ata o 14 de xaneiro de 1983 e María Aurora Puente Uría dende o 14 de xaneiro de 1983 ata o 31 de maio de 1983.
**Dende o 21 de xuño de 1991 ata o 8 de xaneiro de 1993 sendo substituído por Amalia Maceda Rubio
***Substituído por José Ramón García Cañal nunha sesión celebrada o 18 de marzo de 1999.

Vicepresidente Segundo da Xunta Xeral

[editar | editar a fonte]

A continuación pódese ver unha táboa cos vicepresidentes segundos da Xunta Xeral dende 1982.[2]

Legislatura Vicepresidente Segundo Partido
Provisional Juan Bautista Fernández Fidalgo UCD
Antonio García Linares * UCD
I Antonio Landeta y Álvarez-Valdés AP
II Carlos Rojo Pérez FSA-PSOE
III María Isabel Pérez-Espinosa González-Lobón PP
IV Francisco Javier García Valledor IU
V Pelayo Roces Arbesú PP
VI
VII
Carlos Galcerán Quirós PP
VIII Pelayo Roces Arbesú FAC
IX José Agustín Cuervas-Mons García-Braga PP
X
XI Pablo Álvarez-Pire Santiago PP
XII José Agustín Cuevas-Mons PP
Notas:

*Juan Bautista Fernández Fidalgo dende o 6 de marzo de 1982 ata o 14 de xaneiro de 1983 e Antonio García Linares dende o 14 de xaneiro de 1983 ata o 31 de maio de 1983.

**Pelayo Roces Arbesú dase de baixa no Partido Popular, entregando a súa acta de deputado o 3 de xaneiro de 2011.

Fachadas do Palacio Rexional.

A Xunta Xeral ten a súa sede no Palacio Regional, edificio inaugurado en 1910 nos terreos do antigo convento de San Francisco como sede da Deputación Provincial de Oviedo. O deseño correu a cargo do arquitecto Nicolás García Rivero, creando un edificio de estilo ecléctico con trazas Beaux Arts. Próximo ao palacio atópase o campo de San Francisco e a praza da Escandalera, onde está a sede do Banco Herrero (1911).[3]

A antiga Xunta Xeral reuníase na Catedral de Oviedo e no antigo convento de San Francisco.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazón externa

[editar | editar a fonte]