Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012
Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2011 2015 → | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 25 de marzo de 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | eleccións autonómicas en España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | 45 deputado da Xunta Xeral do Principado de Asturias ≈ IX lexislatura da Xunta Xeral do Principado de Asturias | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012 celebráronse o 25 de marzo de 2012 para elixir os 45 deputados da IX lexislatura asturiana. Coincidiron coas eleccións andaluzas.[1][2] O presidente do Principado de Asturias, Francisco Álvarez-Cascos, no cargo desde xullo de 2011, comunicou o adianto das eleccións o 30 de xaneiro de 2012, tras ter estado seis meses no Goberno.[3]
As anteriores eleccións foran convocadas en maio de 2011, podendo o Goberno resultante exercer a súa función como máximo até 2015.[4]
Candidaturas
[editar | editar a fonte]Partidos con representación parlamentaria
[editar | editar a fonte]- Partido Socialista Obrero Español (PSOE)
A Federación Socialista Asturiana (FSA-PSOE) propón de novo o seu secretario xeral, Javier Fernández Fernández, como candidato á presidencia. Nas eleccións de 2011, a candidatura encabezada por Fernández foi a máis votada, aínda que obtivo un escano menos que Foro Asturias debido á división en tres circunscricións.[5]
- Foro de Ciudadanos (FAC)
Foro Asturias, o partido con maior número de escanos na Xunta Xeral saínte, presenta de novo a Francisco Álvarez-Cascos, que foi elixido presidente do Principado tras as eleccións de 2011 e que adiantou as eleccións tras non lograr aprobar os orzamentos de 2012.
- Partido Popular (PP)
O Partido Popular, terceiro partido en escanos da Xunta Xeral saíente, presentou unha candidata nova, Mercedes Fernández "Cherines". Fernández, que foi cabeza de lista do PP por Asturias nas eleccións xerais de 2011, nas que este partido foi o máis votado, substitúe a Isabel Pérez-Espinosa.[6] Fernández é considerada como unha persoa que no seu momento estivo próxima a Francisco Álvarez-Cascos cando aquel militaba no PP.
- Izquierda Unida de Asturias - Izquierda Xunida d'Asturies (IU-IX)
Aínda que durante o período previo á elección formal do candidato considerouse a Gaspar Llamazares,[7] que fora o cabeza de lista de Izquierda Unida por Asturias nas eleccións xerais de 2011, nas que foi elixido deputado,[8] finalmente Izquierda Unida de Asturias (IU-IX) designou como candidato á presidencia a Jesús Iglesias, coordinador da formación en Asturias e que repetía como cabeza de lista.[9]
IU-IX non renovou a súa coalición con Los Verdes de Asturias (agora integrados en Equo) a pesar de terlles ofrecido concorrer de novo en coalición. Segundo Equo, as condicións ofrecidas por IU-IX eran peores que as establecidas nas eleccións de 2011.[10]
- Unión Progreso y Democracia (UPyD)
UPyD tras un proceso de primarias presenta de novo a Ignacio Prendes como candidato,[11] que nas pasadas eleccións autonómicas quedou a uns 500 votos de obter acta de deputado.[12]
Partidos sen representación parlamentaria
[editar | editar a fonte]- Escaños en Blanco (Eb)
- EQUO – Los Verdes de Asturias (Equo-Los Verdes)
Tras descartar a oferta de Izquierda Unida para revalidar a coalición, Los Verdes de Asturias, integrados desde xuño de 2011 en Equo,[10] elixiron mediante primarias abertas a militantes e simpatizantes o seu candidato á presidencia do Principado. A elixida foi Pilar Calvo Holgado, co-portavoz de Equo Asturias e cabeza de lista da formación nas anteriores eleccións xerais.[13]
- Bloque por Asturies-Unidá Nacionalista Asturiana-Los Verdes-Grupo Verde, Compromisu por Asturies (BA-UNA-LV-GV)
Bloque por Asturies e Unidá Nacionalista Asturiana revalidaron a coalición que presentaron nas anteriores eleccións, ampliándoa esta vez coa coalición Los Verdes-Grupo Verde.[14] Como nas eleccións autonómicas de 2011, Rafa Palacios será o candidato á presidencia e Yolanda Huergo a número dous e portavoz da coalición.
- Partido Animalista Contra o Maltrato Animal (PACMA)
- Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE)
- Independientes de Asturias-Hartos.org (IDEAS-Hartos.org)
Independientes de Asturias presenta ao seu presidente, Miguel Ángel Villalba, como candidato á presidencia do Principado,[15] substituíndo o anterior candidato, Juan Morales.[16] Só se presentan nas circunscricións central e occidental.
- Andecha Astur (ANDECHA)
Andecha Astur preséntase ás eleccións utilizando as súas propias siglas, en vez de conformar unha plataforma electoral como fixera en 2011 (Conceyu Abiertu).[17] Arturu Xosé Bermeyu foi o seu cabeza de lista.[18]
- Unión Renovadora Asturiana (URAS)
Para estas eleccións non recuncou a candidatura de Unión Asturianista, formada polo Partido Asturianista (PAS) e a Unión Renovadora Asturiana (URAS), xa que aquel decidiu non concorrer debido a dificultades económicas.[19] A URAS presenta como candidato o seu presidente, Javier López Alonso.[20]
- Partido Democrático y Constitucional (PDyC)
- Movimiento Social Republicano (MSR)
- Solidaridad y Autogestión Internacionalista (SAIn)
Solidaridad y Autogestión Internacionalista só se presenta na circunscrición central.
- Unificación Comunista de España (UCE)
- Agrupación de Electores Auseva Red (AEAR)
Só se presenta na circunscrición oriental.
- Partido Humanista (PH)
O Partido Humanista non se presenta na circunscrición central.
- Partido da Terra Eo-Navia (PT)
O Partido da Terra Eo-Navia só se presenta na circunscrición occidental, sendo unha candidatura centrada na comarca do Eo-Navia. Ánxel Suárez será o seu cabeza de lista.[21]
- Partido Familia y Vida (PFyV)
O Partido Familia y Vida só se presenta na circunscrición oriental.
Sondaxes electorais
[editar | editar a fonte]As distintos sondaxes electorais, con estimación dos deputados obtidos polas candidaturas, publicados polos medios de comunicación foron:
Sondaxe | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Resultados 2011 | ||||||
Deputados | ||||||
La Gaceta[22](26/02/2012) | ||||||
Deputados | ||||||
La Razón[23](5/03/2012)1 | ||||||
Deputados | ||||||
PP[24](6/03/2012) | ||||||
Deputados | ||||||
CIS[25](8/03/2012) | ||||||
Deputados | ||||||
SER[26](16/03/2012) | ||||||
Deputados | ||||||
El Mundo[27](18/03/2012) | ||||||
Deputados | ||||||
La Nueva España[28](18/03/2012) | ||||||
Deputados | ||||||
ABC[29](19/03/2012) | ||||||
Deputados | ||||||
La Razón[30](19/03/2012) | ||||||
Deputados | ||||||
CELESTE-TEL[Cómpre referencia](19/03/2012)[31] | ||||||
Deputados |
Nota: 1-Non ten en conta a división de Asturias en tres circunscricións electorais[24]
Nota: 2-Porcentaxe referida só á circunscrición central[32]
Resultados
[editar | editar a fonte]← Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012 → | |||||||
Presidente e goberno | Partido | Candidato | Votos | % | Escanos | +/- | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | Javier Fernández | 161 154 | 32,01% | 17 | +2 | |
Foro de Ciudadanos (FAC) | Francisco Álvarez-Cascos | 124 332 | 24,83% | 12 | -4 | ||
Partido Popular (PP) | Mercedes Fernández | 108 111 | 21,53% | 10 | = | ||
Izquierda Unida de Asturias-Izquierda Xunida d'Asturies (IU-IX) | Jesús Iglesias Fernández | 69 111 | 13,78% | 5 | +1a | ||
Unión Progreso y Democracia (UPyD) | Ignacio Prendes | 18 813 | 3,75% | 1 | +1 | ||
Escaños en Blanco (Eb) | 4 095 | 0,82% | 0 | - | |||
Equo-Los Verdes de Asturias | Pilar Calvo | 2 518 | 0,50% | 0 | -a | ||
Bloque por Asturies-UNA-LV-GV, Compromisu por Asturies | Rafa Palacios | 1 639 | 0,32% | 0 | = | ||
Partido Animalista Contra el Maltrato Animal (PACMA) | 1 395 | 0,27% | 0 | = | |||
Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) | 772 | 0,15% | 0 | = | |||
IDEAS-hartos.org | Miguel Ángel Villalba | 737 | 0,14% | 0 | = | ||
Andecha Astur (ANDECHA) | Arturu Xosé Bermeyu | 668 | 0,13% | 0 | - | ||
Unión Renovadora Asturiana (URAS) | Javier López Alonso | 444 | 0,08% | 0 | = | ||
Partido Democrático y Constitucional (PDYC) | 230 | 0,04% | 0 | = | |||
Movimiento Social Republicano (MSR) | 178 | 0,03% | 0 | - | |||
Solidaridad y Autogestión Internacionalista (SAIn) | 176 | 0,03% | 0 | - | |||
Unificación Comunista de España (UCE) | 167 | 0,03% | 0 | = | |||
Agrupación de Electores Auseva Red | 55 | 0,01% | 0 | - | |||
Partido Humanista (PH) | 26 | 0% | 0 | - | |||
Partido da Terra Eo-Navia | 13 | 0% | 0 | ||||
Partido Familia y Vida (PFyV) | 5 | 0% | 0 | - |
a Nas anteriores eleccións, Izquierda Unida e Los Verdes (agora integrados en Equo) concorreron en coalición.
Voto CERA
[editar | editar a fonte]O PSOE obtivo a vitoria no voto do CERA, co 47,11%; o PP obtivo o 22,27%, FAC o 12,38%, IU o 9,96% e UPyD o 2,60%.[33]
Votación de investidura
[editar | editar a fonte]O candidato socialista, Javier Fernández, foi o único candidato proposto polos grupos parlamentarios a Presidente do Principado de Asturias, o que garantía a súa elección.[34] Foi elixido, en primeira convocatoria, o 23 de maio de 2012 por maioría absoluta, co apoio de 23 deputados da Cámara, os 17 do seu grupo parlamentario, os 5 de IU e o de UPyD.[35] Os parlamentarios de FAC e PP abstivéronse.
Primeira votación de investidura | ||||
Voto | Partidos | Votos | ||
Javier Fernández | PSOE (17), IU (5), UPyD (1) | 23 | ||
Abstención | FAC (12), PP (10) | 22 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Francisco Álvarez-Cascos anuncia elecciones anticipadas para el próximo 25 de marzo". La Nueva España. 30 de xaneiro de 2012. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "Cascos convoca elecciones en Asturias tras medio año de Gobierno". El País. 30 de xaneiro de 2012. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Cascos convoca por sorpresa elecciones anticipadas en Asturias para el 25 de marzo RTVE.es
- ↑ "Cascos anticipa elecciones en Asturias y acusa a PP y PSOE de un 'complot'". El Mundo. 30 de xaneiro de 2012. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ EFE (6 de febreiro de 2012). RTVE.es, ed. "El PSOE asturiano propone a Javier Fernández como candidato a las elecciones del Principado". Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ EFE (2 de febreiro de 2012). RTVE.es, ed. "Mercedes Fernández será la candidata del PP en las elecciones asturianas". Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ "IU intentó en vano que Llamazares fuera su nuevo candidato en Asturias". Diario Crítico. 2 de febreiro de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ "Llamazares sigue siendo diputado". Cinco Días. 20 de novembro de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ "Jesús Iglesias será el candidato de IU a la presidencia del Principado". La Nueva España. 9 de febreiro de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ 10,0 10,1 ""Para EQUO, IU manifiesta su rechazo a ir en coalición minorando la oferta"". Alternativa Verde por Asturias EQUO (en castelán). 2012-02-09. Consultado o 2019-12-15.
- ↑ "Ignacio Prendes será el candidato de UPyD en las elecciones del 25 de marzo". La Nueva España. 13 de febreiro de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ "A UPyD le faltaron menos de 550 sufragios para lograr representación". elcomercio.es. 24 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ "Las primarias dan la victoria a Pilar Calvo para encabezar la lista autonómica de EQUO". Alternativa Verde por Asturias EQUO (en castelán). 2012-02-18. Consultado o 2019-12-15.
- ↑ Europa Press (11 de febreiro de 2012). "Los Verdes-Grupo Verde se incorporan a la coalición de Bloque y UNA". Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ Radiotelevisión del Principado de Asturias (4 de febreiro de 2012). "Las fuerzas extraparlamentarias acogen con recelo las elecciones del 25 de marzo". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ "El ex concejal Miguel Ángel Villalba encabeza la lista autonómica de IDEAS el 25-M". La Nueva España. 15 de febreiro de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ Asturies.com (14 de febreiro de 2011). "Andecha Astur preséntase a les eleiciones nacionales anticipaes ensin la marca Conceyu Abiertu (en asturiano)". Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ Asturies.com (22 de febreiro de 2012). "Palacios repite como candidatu de Bloque-UNA-LV-GV y Bermeyu encabeza la llista d’Andecha Astur". Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ Radiotelevisión del Principado de Asturias (8 de febreiro de 2012). "Bloque y URAS concurrirán a las elecciones; PAS no". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ Radiotelevisión del Principado de Asturias (9 de febreiro de 2012). "URAS recuerda que Marqués sí supo llegar a acuerdos cuando gobernó en minoría". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ "Terra Eo-Navia propone fusionar 20 concejos". elcomercio.es. 28 de febreiro de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ La Gaceta (26 de febreiro de 2012). "Encuesta / El PP lidera las encuestas y el partido de Cascos se desploma". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ La Razón (5 de marzo de 2012). "Encuesta / El PP alcanza a Cascos en Asturias". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ 24,0 24,1 La Voz de Asturias (6 de marzo de 2012). "Una mayoría con pacto y por decimales". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2018.
- ↑ CIS. "PREELECTORAL ELECCIONES AUTONÓMICAS, 2012 (Principado de Asturias) AVANCE DE RESULTADOS Estudio nº 2.934 Febrero 2012" (PDF). Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ Cadena Ser (16 de marzo de 2012). "Comunidad Autónoma de Asturias Resultados Encuesta Marzo 2012" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de abril de 2014. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ El Mundo (18 de marzo de 2012). "Asturias y Andalucía: Suben IU y PP, baja PSOE (El Mundo)". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ La Nueva España (18 de marzo de 2012). "El PSOE ganaría, pero el PP y Foro tendrían mayoría absoluta y gobernarían si pactasen". Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ ABC (19 de marzo de 2012). "Cascos se desploma en Asturias y el PP podría gobernar si le apoyara el FAC (ABC)". Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ La Razón (19 de marzo de 2012). "El PP superaría a Cascos". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ "Barómetro electoral autonómico" (PDF). Celeste-TEL (en castelán). 9 de maio de 2011. Consultado o 9 de maio de 2020.
- ↑ "Asturias y Andalucía: Suben IU y PP, baja PSOE (El Mundo)". 18 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ Crónicas de la emigración. "Elecciones al Parlamento de Asturias 2012 CERA" (PDF). Consultado o 28 de agosto de 2013.[Ligazón morta]
- ↑ Javier Fernández será el único candidato en la sesión de investidura en Asturias Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ "UPyD apoya la investidura de Javier Fernández como presidente del gobierno autonómico asturiano". El Mundo. Consultado o 28 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Resultados das eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012. Web do Goberno do Principado de Asturias.
- Junta Electoral Provincial de Asturias (22 de febreiro de 2012). "Candidaturas presentadas para as Eleccións Autonómicas 2012" (PDF). Boletín Oficial del Principado de Asturias (43). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de xullo de 2013.