Saltar ao contido

Federación Socialista Asturiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federación Socialista Asturiana (FSA-PSOE)
Partido político de Asturias
Logo da Federación Socialista Asturiana
Dirixentes e organización
LíderPablo García Fernández
Historia
Fundación27 de xaneiro de 1901
Posicións políticas
IdeoloxíaCentro esquerda
Socialismo
Representación
Xunta Xeral do Principado
20 / 45
Deputados por Asturias
(Congreso)[1]
3 / 7
Senadores por Galicia
4 / 6
Concelleiros en Asturias
431 / 942
Outros datos
Sedec/ Santa Teresa, 20
Oviedo, Asturias
Na rede
www.fsa-psoe.org

A Federación Socialista Asturiana (FSA-PSOE) é unha organización política de corte socialdemócrata que constitúe a federación asturiana do Partido Socialista Obrero Español.

Tras a creación do PSOE o 2 de maio de 1879, iranse organizando grupos socialistas nas principais localidades asturianas. Desta maneira xorde en 1891 a agrupación local de Xixón, á que lle segue a de Oviedo en 1892, e as de Mieres e Sama de Langreo (Langreo) en 1897.[2][3][4] Entre os anos 1899 e 1901, o socialismo arráigase en Asturias, celebrándose o 27 de xaneiro de 1901 no Centro Obreiro de Oviedo o Congreso fundacional da Federación Socialista Asturiana do Partido Socialista Obreiro Español (FSA-PSOE). Manuel Vigil Montoto é elixido presidente do primeiro Comité Provincial.

En 1934, a FSA formou parte da alianza obreira formalizada na UHP e estivo a favor do pacto subscrito entre o sindicato socialista UXT e a Confederación Rexional do Traballo de Asturias, León e Palencia da organización anarcosindicalista CNT. A UHP —á que se lle irían sumando logo outras organizacións obreiras— tivo unha importancia significativa na Revolución de 1934.

Durante a guerra civil, o socialista Belarmino Tomás presidirá o Consello Interprovincial de Asturias e León, transformado logo en Consello Soberano de Asturias e León.

Tras o franquismo e coa Transición Española, a FSA recobra protagonismo. Nesa época Felipe González dará un mitin no estadio de El Molinón de Xixón ao que asisten 25.000 persoas.[5]

A FSA consegurirá alcanzar a Presidencia do Principado en 1983 con Pedro de Silva Cienfuegos-Jovellanos. En 1991 sucédelle Juan Luis Rodríguez-Vigil Rubio, quen tras presentar a dimisión polo escándalo do Petromocho será substituído por Antonio Trevín Lombán en 1993. Tras unha lexislatura na oposición, a FSA consegue en 1999 da man Vicente Álvarez Areces acceder de novo ao goberno autonómico, grazas en parte á inestabilidade xerada pola ruptura de Sergio Marqués co PP, fundando a URAS, en 1998.

Tras os seis meses do goberno en minoría de Francisco Álvarez-Cascos, presidente por Foro Asturias, a FSA recuperou en 2012 a presidencia de Asturias con Javier Fernández Fernández.[6] Foi reelixido nas eleccións de maio de 2015.[7]

Javier Fernández, secretario xeral da FSA desde 2000 ata 2017, nun mitin en Mieres.

Na crise do PSOE do 2016, emerxeu un novo liderado na FSA-PSOE que desembocou no 32 congreso e a elección de Adrián Barbón como secretario xeral o 1 de outubro de 2017. O propio secretario xeral foi o cabeza de lista das eleccións autonómicas o 26 de maio de 2019, obtendo seis escanos máis que os obtidos por Javier Fernández en 2015. Adrián Barbón tomou posesión como Presidente do Principado de Asturias o 20 de xullo de 2019.[8]

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]

Eleccións á Xunta Xeral

[editar | editar a fonte]
Convocatoria Votos Escanos Situación parlamentaria
1983 293 320   51.96 %
26 / 45
Goberno
1987 222 326 38.85 %
20 / 45
Goberno
1991 218 193 41.02 %
21 / 45
Goberno
1995 219 527 33.83 %
17 / 45
Oposición
1999 284 972 46.00 %
24 / 45
Goberno
2003 250 474 40.48 %
22 / 45
Goberno
2007 252 201 42.04 %
21 / 45
Goberno
2011 179 619 29.92 %
15 / 45
Oposición
2012 161,154 32.01 %
17 / 45
Goberno
2015 143,851 26.48 %
14 / 45
Goberno
2019 185 422 35.25 %
20 / 45
Goberno
  1. "Grupo Parlamentario Socialista". Congreso dos Deputados. Consultado o 30 de maio de 2019. 
  2. Olmos, Gonzalo (24 de outubro de 2017). "125 años de socialismo ovetense". La Voz de Asturias. Consultado o 18 de abril de 2020. 
  3. "Gijón- Es un hecho ya la organización en este punto de la Organización Socialista" (PDF). El Socialista. Madrid. 4 de decembro de 1981. p. 3. Consultado o 18 de abril de 2020. 
  4. "Mieres - Se ha constituido la Agrupación Socialista" (PDF). El Socialista (579) (Madrid). 6 de abril de 1897. p. 3. Consultado o 18 de abril de 2020. 
  5. "Mitín del PSOE en el Molinón: Felipe González "No renunciamos a nuestra raíces".". El Comercio. Gijón. 16 de maio de 1978. p. 11. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  6. "El socialista Javier Fernández, nuevo presidente de Asturias". 20minutos. 23 de maio de 2012. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  7. "El socialista Javier Fernández, reelegido presidente de Asturias en la tercera votación". Público. 21 de xullo de 2015. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  8. "Adrián Barbón, nuevo presidente del Principado". La Voz de Asturias. 15 de xullo de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]