Elemento neutro
En matemáticas, un elemento identidade ou elemento neutro dunha operación binaria é un elemento que deixa inalterados todos os elementos cando se aplica a operación.[1][2] Por exemplo, 0 é un elemento identidade da adición dos números reais. Este concepto utilízase en estruturas alxébricas como grupos e aneis. O termo elemento identidade adoita acurtarse a identidade (como no caso da identidade aditiva e da identidade multiplicativa) cando non hai posibilidade de confusión, mais a identidade depende implícitamente da operación binaria á que estea asociada.
Definición
[editar | editar a fonte]O elemento neutro ou elemento identidade dun conxunto A, dotado dunha operación binaria interna
é un elemento e do conxunto, tal que para calquera outro elemento a do conxunto cúmprese que:
É dicir, un elemento neutro ten un efecto inútil ao ser utilizado na operación , no sentido de que o resultado non é distinto do outro operando.
Unha identidade con respecto á suma denomínase identidade aditiva (moitas veces denotada como ) e unha identidade con respecto á multiplicación chámase identidade multiplicativa (a miúdo denotada como ).
Un elemento e que cumpra só denomínase elemento neutro pola esquerda. Analogamente, un elemento que cumpra só chámaselle elemento neutro pola dereita.
Exemplos
[editar | editar a fonte]Conxunto | Operación | Elemento neutro |
---|---|---|
números reais | suma e resta | 0 |
números reais | multiplicación e división | 1 |
funcións dun conxunto a si mesmo | composición de funcións | función identidade |
matrices m×n | suma de matrices | matriz de ceros |
matrices n×n | produto de matrices | matriz identidade |
vectores | suma de vectores | vector nulo |
cadeas de caracteres | concatenación de cadeas | cadea baleira |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Weisstein, Eric W. "Identity Element". mathworld.wolfram.com (en inglés). Consultado o 2019-12-01.
- ↑ "Definition of IDENTITY ELEMENT". www.merriam-webster.com. Consultado o 2019-12-01.