Ernst Mielck
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de outubro de 1877 ![]() Vyborg, Rusia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 22 de outubro de 1899 ![]() Locarno, Suíza ![]() |
Causa da morte | tuberculose ![]() |
Educación | Stern Conservatory (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor, pianista ![]() |
Xénero artístico | Música clásica ![]() |
Profesores | Max Bruch (pt) ![]() ![]() |
Instrumento | Piano ![]() |
Descrito pola fonte | Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Ernst Leopold Christian Mielck, nado o 24 de outubro de 1877 en Viipuri (Gran Ducado de Finlandia) e finado o 22 de outubro de 1899 en Lorcano (Suíza), foi un compositor e pianista finlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ernst Leopold Christian Mielck naceu en Viipuri (actualmente en Rusia e denominada Vyborg) no daquela Gran Ducado de Finlandia, un territorio autónomo dentro do Imperio Ruso, o 24 de outubro de 1877. Mielck foi o primeiro filho do cónsul e empresario Theodor Mielck e a súa dona Irene (de solteira Fabritius). Seu pai era un músico afeccionado coñecido nos ambientes culturais de Viipuri e ao que lle gustaba participar nos eventos musicais da súa cidade como barítono, afección que compartía coa súa muller, procedente dunha familia musical de Viipuri. O matrimonio tivo outro fillo varón, Edoard Mielck, que se convertería en arquitecto, e unha filla, Edda Adelaide Mielck, que sería cantante de ópera.[1][2]
A infancia e adolescencia de Ernst Mielck estiveron marcadas pola súa fráxil saúde.[3]
Mielck trasladouse a Alemaña, onde tería sido o alumno favorito de Max Bruch.[4]
En decembro de 1898 Mielck viviu o punto culminante da súa carreira cando tocou o piano como solista coa Berliner Philharmoniker interpretando a súa propia obra Konzertstück. Con todo, a súa carreira viuse interrompida a causa da súa fráxil saúde que empeorou na primavera de 1899. A pesar do seu traslado a Suíza na procura dun clima máis suave, Mielck xa non se recuperou e morreu de tuberculose o 22 de outubro dese mesmo ano, tan só dous días antes do seu 22º aniversario.[5][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "MUSIIKKI" (en finés). mielck.fi. Consultado o 21 de novembro de 2020.[Ligazón morta]
- ↑ "Ernst Leopold Christian Mielck" (en finés). geni.com. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 Oramo, Ilkka (19 de novembro de 2019). "ERNST MIELCK" (en inglés). Sibelius-Akatemia. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ Schlossberg, David, ed. (2011). "Chapter 1. Tuberculosis in History: Did It Change the Way We Live?". Tuberculosis and Nontuberculous Mycobacterial Infections (en inglés) (6 ed.). Washington, DC: ASM Press. p. 7.
- ↑ Korhonen, Kimmo (7 de setembro de 2012). "Thrice homeless" (en inglés). Finnish Music Quarterly. Consultado o 21 de novembro de 2020.